Novas recentes

O sorteo deste sábado 1 de agosto porá en circulación cinco millóns e medio de boletos, levando a emblemática celebración padronesa por toda España Á presentación asistiron o alcalde de Padrón, Anxo Arca, e o director da ONCE en Santiago de Compostela, José Antonio Riveiro Anxo Arca destaca que esta iniciativa "contribúe a proxectar un dos sinais de identidade máis importantes do noso municipio"   A Festa do Pemento de Herbón será protagonista en toda España da man da ONCE. Coincidindo coa celebración gastronómica padronesa, o cupón do sorteo deste sábado, 1 de agosto, estará dedicado a esta cita declarada…
O Ministerio de Vivenda e Axenda Urbana pon á disposición da veciñanza diferentes programas destinados a facilitar o acceso á vivenda   O Concello de Padrón informa á veciñanza da existencia de distintos programas de axudas e recursos promovidos polo Ministerio de Vivenda e Axenda Urbana co obxectivo de facilitar o acceso á vivenda e ofrecer información actualizada sobre as políticas públicas nesta materia. A través do portal oficial do Ministerio, as persoas interesadas poden consultar as diferentes iniciativas impulsadas pola Administración Xeral do Estado, así como acceder a información específica dirixida á mocidade, ás familias e a outros colectivos.…
Antonio Cajaraville e os irmáns Carlos e Uxío Beiró volveron encargarse de portar a imaxe do santo ata a capela do Santiaguiño, sumándose este ano a eles Juan Villamor A animada procesión, con baile incluído, polas rúas da vila sorprendeu un ano máis a visitantes e a peregrinos O alcalde, Anxo Arca, presidiu os actos xunto ao equipo de goberno padronés, destacando a excelente resposta da xente “na celebración que mantén viva unha das tradicións máis queridas de Padrón” No monte, o Concello repartiu gratis máis de 1.500 racións de sardiñas con bolos preñados, cachelos e pan de millo, e…
Andrés Pérez, con ‘Caprichoso’, impúxose na modalide a pé, e Sergio Freire, sobre ‘Dinamita’, da modalidade a cabalo  ||   Cheo no paseo do Espolón para ver unha proba que mantén viva unha tradición moi vinculada ás festas do Santiaguiño e a nosa cultura  ||   A festa infantil e a actuación da A.C. Rosalía de Castro tamén congregaron numeroso público  ||   O Festival Ultreia tomou a remuda pola noite coa actuación de Mondra e a sesión ‘Love the 90's & 2000's’  ||   O Concello de Padrón viviu este venres, 24 de xullo, unha das xornadas máis multitudinarias das festas do Santiaguiño…
O premio está dotado con 1.500 euros, un diploma acreditativo e a publicación da obra gañadora Poden presentarse obras inéditas en galego cun mínimo de 400 versos   O Concello de Padrón acordou ampliar ata o vindeiro 25 de setembro de 2026 o prazo de presentación de obras ao XII Certame Poético Rosalía de Castro, co obxectivo de facilitar a participación dun maior número de autoras e autores nesta convocatoria dedicada á creación poética en lingua galega. A ampliación do prazo permitirá que as persoas interesadas dispoñan de máis tempo para preparar e presentar os seus traballos a un certame consolidado…
O alcalde, Anxo Arca, e a concelleira de Turismo e Festexos, Chus Campos, presentaron hoxe o cartel e a programación  ||   Mondra, Kid Mount e XMaseda encabezan o cartel coa música galega actual dentro do III Festival Ultreia  ||   A romaría do 25 de xullo, o Gran Derbi Asnal e unha ampla programación familiar completan nove días de celebración  ||   Programa completo ao final da nova  ||     O Concello de Padrón deu a coñecer hoxe o programa das festas do Santiaguiño do Monte 2026, que se celebrarán entre o 17 e o 25 de xullo. O alcalde,…
A expedición, que se celebrará do 23 ao 28 de setembro, permitirá á veciñanza padronesa devolver a visita realizada estes días pola delegación xienense durante a XIX Feira Medieval A viaxe coincidirá coa celebración das súas xornadas medievais As persoas interesadas xa poden formalizar a súa inscrición na web de Padrón Turismo, ata o próximo 15 de xullo    O Concello de Padrón organiza unha viaxe a Arjonilla do 23 ao 28 de setembro, coincidindo coa celebración das xornadas medievais da localidade xienense, que nace coa vontade de seguir fortalecendo o irmandamento entre os dous municipios e favorecer o intercambio…
Os alcaldes destacan a cooperación entre ambos municipios e reivindican o valor dos lazos que unen ambos os dous pobos  ||   As dúas corporacións realizaron unha ofrenda floral diante do monumento a Macías O Namorado no Xardín Botánico-Artístico  ||   Anxo Arca e Luis Miguel Carmona inauguraron a Feira Medieval xunto con autoridades, veciñanza e visitantes nun percorrido polo mercado de época  ||   Padrón e Arjonilla volveron escenificar este sábado a fortaleza do seu irmandamento no marco da XIX Feira Medieval, unha cita que serviu para reforzar os vínculos institucionais e humanos entre ambos municipios, unidos historicamente pola figura do…
Máis de 90 postos de artesanía, música, animación e espectáculos para todos os públicos transforman o casco histórico nun escenario medieval  ||   A cata de aceites El Trovador e unha exhibición de chave reforzan os vínculos entre a capital do Sar e o municipio xienense  ||   Os alcaldes de Padrón e Arjonilla participarán este sábado na recepción oficial e no xantar de confraternidade  ||   A intensa programación do sábado culminará co espectáculo ‘Quimera’, unha proposta que fusiona maxia, teatro visual,mitoloxía e acrobacias  ||     Padrón iniciou na tarde deste venres a súa particular viaxe ao medievo coa apertura da…
A inscrición permanecerá aberta ata o 19 de xullo As prazas adxudicaranse por orde de presentación das solicitudes, criterio que tamén determinará a elección de horarios nas materias con maior demanda   O Concello de Padrón abrirá o vindeiro luns, 6 de xullo, o prazo de matrícula para o curso 2026/2027 da Escola Municipal de Música, que ano tras ano ofrece formación musical á cativada, á mocidade e a persoas adultas do municipio. O período ordinario para presentar as solicitudes permanecerá aberto ata o 19 de xullo, mentres que ao longo do curso se manterá un prazo extraordinario de matrícula…
Páxina 2 de 89

 

PadronCaminoEDestino

Contacto

Pode contactar co Concello de Padrón a través dos seguintes medios:

  • Enderezo: Rúa Longa, 27 - 15900 Padrón
  • Teléfono: (+34) 981 810 451
  • Correo electrónico: correo@padron.gal

 

Plan Único POS+ Deputación da Coruña

Outros sitios web de interese

 
 
App Padrn removebg preview
 
Descarga a App de Turismo de Padrón.
Top

Aviso legal - Política de privacidade - Política de cookies - Máis información sobre as cookies

Ligazón temporal á antiga páxina web

Este sitio web utiliza cookies para que vostede poida ter a mellor experiencia de usuario/a. Se segue a navegar está a dar o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e da nosa Política de Cookies. Detalles…