-->

O Goberno Municipal de Padrón saca adiante por unanimidade o POS+ Adicional para gastos sociais extraordinarios, que irá destinado a axudas de emerxencia e o Programa Babel

  • O Concello de Padrón recibirá da Deputación da Coruña un total de 61.903,04€

  • 46.903,04€ destinarase ao fondo de axudas de emerxencia que ten como obxectivo cubrir necesidades básicas esenciais

  • O Programa Babel, para a integración de persoas migrantes e mulleres en situación de vulnerabilidade, recibirá 15.000€

deputacion

Na sesión plenaria extraordinaria do Concello de Padrón, celebrada o luns 13 de xaneiro de 2025, aprobouse por unanimidade a proposta do executivo local que destinaba 61.903,04€ do POS+ Adicional a apoiar ás persoas máis vulnerables.

Unha parte da cantidade aportada pola Deputación da Coruña (46.903,04€) destinarase ao fondo de axudas de emerxencia social. Dito fondo ten como obxectivo cubrir necesidades básicas esenciais das persoas en situación de vulnerabilidade tales como vivenda, alimentación, gastos médicos ou farmacéuticos, educación e transporte.

A aprobación desta iniciativa resalta o compromiso do Concello e a Deputación coa atención ás persoas vulnerables e en risco de exclusión. As axudas de emerxencia permitirán proporcionar unha resposta rápida e efectiva ante situacións de dificultade económica ou adversidade, contribuíndo á estabilidade dos fogares afectados por ter menores ingresos ou situacións puntuais.

“Estamos a reforzar estas axudas para que actúen como unha rede de seguridade que preveña que as persoas caian en niveis máis graves de pobreza económica e exclusión social, proporcionando un apoio inmediato. Ao mesmo tempo, evitamos as consecuencias negativas a longo prazo, como a perda de emprego ou a desestruturación familiar e favorecemos a reintegración social e económica ao proporcionar os recursos necesarios para a recuperación. Desta forma, non só se contribúe ao benestar individual, senón que tamén fortalece a cohesión social e promove unha sociedade máis solidaria e inclusiva”, afirmou o alcalde, Anxo Arca.

Ademais, destínanse 15.000 € ao Programa Babel, que se centra na integración de persoas migrantes e mulleres en situación de vulnerabilidade. Este programa ten como obxectivo a alfabetización, a aprendizaxe do idioma e a adaptación á contorna, brindando as ferramentas necesarias para mellorar a inclusión social e empregabilidade destes colectivos.

Consulta máis información sobre o Plan de Obras e Servizos (Plan Único de Concellos) da Deputación da Coruña neste enlace (preme aquí).

 

PadronCaminoEDestino

Contacto

Pode contactar co Concello de Padrón a través dos seguintes medios:

  • Enderezo: Rúa Longa, 27 - 15900 Padrón
  • Teléfono: (+34) 981 810 451
  • Correo electrónico: correo@padron.gal

 

Plan Único POS+ Deputación da Coruña

Outros sitios web de interese

 
 
App Padrn removebg preview
 
Descarga a App de Turismo de Padrón.
Top

Aviso legal - Política de privacidade - Política de cookies - Máis información sobre as cookies

Ligazón temporal á antiga páxina web

Este sitio web utiliza cookies para que vostede poida ter a mellor experiencia de usuario/a. Se segue a navegar está a dar o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e da nosa Política de Cookies. Detalles…