Novas recentes
Completaron o podio Sofía Freaza, Nati García, Jorge Puig e Mehdi Elnabaoui || Na 5K os gañadores foron Xoana Rodil, Isabel Soutullo e Inés Papín; Iván Puentes, Antonio Teijido e Brais García || Lassana Troure e Thierno Sacko, dous dos inmigrantes do centro de acollida de Padrón, participaron na proba || Público e participantes puideron degustar saborosos petiscos na foodtrack de Galicia Sabe Amar || Uxía Pérez e David de la Fuente foron os gañadores absolutos da Padrón 10K, unha proba na que participaron os dous como preparación para o Campionato de España no que competirán proximamente. Esta XXII edición…
Un total de 614 atletas completarán os 10 quilómetros e 415 farano na categoría escolar Ás catro da tarde tomarán a saída participantes na categorías de pitufos e prebenxamíns, ás 16.50 horas comeza a 5K e ás 17.40 a carreira de dez quilómetros O Concello limita o aparcamento e haberá cortes de circulación que afectarán ao Campo do Souto, á rúa Travesía Feira, accesos, paseo e carril bici da desembocadura do río Sar, rúa Agro do Medio, Praza da Leña e rúa Castelao Xa está todo listo para dar a saída mañá sábado, 15 de febreiro, á tradicional carreira 10K,…
Os actos comezarán ás 13:30 horas co desfile dos xigantes de Rosalía e de Castelao cedidos polo Concello de Rianxo Os establecementos hostaleiros ofrecerán degustacións do Caldo de Gloria A tradicional ofrenda floral diante da estatua de Rosalía de Castro no paseo do Espolón será ás 18:00 horas Padrón, berce da escritora máis universal de Galicia, conmemorará o vindeiro domingo 23 de febreiro o Día de Rosalía cunha completa programación organizada polo Concello de Padrón que se completará coas realizadas dende a Fundación Rosalía de Castro. A xornada incluirá actos institucionais, degustacións gastronómicas e actividades culturais co obxectivo de…
O desfile, que se celebra o sábado 8 de marzo ás 17:00 horas, completará o seu percorrido tradicional A inscrición estará aberta ata o xoves 6 de marzo ás 14:00 horas Na categoría de comparsas/grupos de máis de 20 membros a contía do galardón pasa a ser de 1.200 euros para o primeiro clasificado, 800 euros para o segundo e 600 euros para o terceiro O Concello de Padrón organiza unha nova edición do concurso de disfraces, carrozas e comparsas con motivo do Entroido 2025 que se celebrará o sábado 8 de marzo, coincidindo co sábado de piñata. Este…
O alcalde de Padrón, Anxo Arca, tivo hoxe palabras de agradecemento para as traballadoras e traballadores municipais que durante estes días estiveron traballando arreo para minimizar os efectos do temporal, para garantir a seguridade e atender ás emerxencias que se produciron. Anxo Arca fixo extensivo este recoñecemento ao cadro de persoal das emprsaas privadas que se encargan do mantemento de diferentes servizos municipais. Nunha reunión celebrada este 29 de xaneiro no salón de Plenos, Anxo Arca conversou cunha representación do cadro de traballadores municipais. En nome de toda a veciñanza trasladoulles o agradecemento e recoñecemento pola súa implicación durante estes…
O alcalde, Anxo Arca, recibiu a escritora e perruqueira padronesa e animouna a continuar publicando !! “É un orgullo para min poder ver a miña obra na biblioteca do meu pobo”, asegura a autora !! Publicada por Avant Editorial, a obra aborda a historia de amor dunha viúva e dun famoso artista musical !! O alcalde Anxo Arca agradeceulle á escritora e perruqueira padronesa Miryam Vidal que lle regalase tres exemplares do seu primeiro libro á biblioteca municipal para compartir a súa obra con toda a veciñanza. Romeo y yo trata sobre a historia de amor entre unha escritora viúva…
O Concello de Padrón abre unha consulta á mocidade local para coñecer as súas necesidades e opinións
A enquisa será a base para a elaboración dun proxecto que se presentará ao Instituto da Mocidade (INJUVE) e a Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP) para acceder a unha axuda económica A enquisa é completamente anónima O obxectivo do Concello de Padrón é programar actividades para a xuventude que durante anos estivo esquecida O Concello de Padrón, a través dos departamentos de Novas Tecnoloxías, Mocidade e Voluntariado, pon en marcha unha enquisa dirixida á mocidade padronesa co obxectivo de coñecer as súas inquietudes, ideas e suxestións sobre diversos aspectos da localidade. Esta iniciativa busca cubrir un baleiro detectado…
A Consellería de Emprego, Comercio e Emigración financia esta formación cunha subvención de 220.000 euros || Neste programa participan os concellos de Padrón, Rois, Dodro, Valga, Catoira e Pontecesures || O alcalde de Padrón, Anxo Arca, asistiu este 17 de xaneiro ao acto de inauguración do Programa Integrado de Emprego (PIE) de Dodro 2024-25, no que participan os municipios de Padrón, Rois, Dodro, Catoira, Pontecesures e Valga para formar a 100 persoas demandantes de emprego destes municipios. O acto oficial celebrouse no salón de plenos do Concello de Pontecesures, presidido pola súa alcaldesa, Maite Tocino.…
O alcalde, Anxo Arca, e a concelleira de Turismo, Chus Campos, encabezarán a delegación padronesa na Feira que se celebra en Madrid a partir deste mércores O goberno local presentará novas iniciativas para consolidar o municipio como un dos principais destinos turísticos de Galicia O Concello de Padrón terá unha destacada participación en FITUR 2025, a Feira Internacional de Turismo que se celebrará do mércores 22 ao domingo 26 de xaneiro en IFEMA Madrid. A delegación estará encabezada polo alcalde, Anxo Arca, e a concelleira de Turismo, Chus Campos, quen presentarán novas iniciativas para consolidar o municipio como un dos…
O alcalde Anxo Arca participou na ofrenda floral en Adina e na reunión do Padroado na sede da Fundación Os actos contaron coa presenza do conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, e do director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, entre outras autoridades O alcalde de Padrón, Anxo Arca, participou esta mañá na ofrenda floral e homenaxe a Camilo José Cela, con motivo do 23º aniversario do seu pasamento. O acto tivo lugar no cemiterio de Adina (Iria Flavia), un dos lugares máis significativos da súa vida e obra. No acto tamén estiveron presentes o conselleiro de…
Galego
Español



