-->

O Concello de Padrón nomea a antiga ‘Área Recreativa da confluencia dos ríos Sar e Ulla’ como ‘Paseo da Constitución’

  • Desde este momento no lugar ondeará a bandeira constitucional xunto a un libro pétreo co preámbulo da Carta Magna gravado 

  • A nova denominación do paseo reflicte o compromiso do goberno local cos valores democráticos e coas institucións que fixeron posible o progreso do país

 

O Concello de Padrón anuncia a modificación da denominación da ata agora coñecida como Área Recreativa da Confluencia dos ríos Sar e Ulla, que pasará a chamarse Paseo da Constitución. Segundo o decreto asinado polo alcalde, Anxo Arca, esta decisión busca poñer en valor o legado da Carta Magna de 1978 e transmitir ás futuras xeracións a importancia de defender os valores democráticos e de convivencia que esta representa.

O Paseo da Constitución converterase nun espazo de reflexión sobre a historia democrática recente e a importancia do diálogo e o consenso como elementos clave da convivencia. Neste lugar, ondeará desde este momento a bandeira constitucional xunto a un libro pétreo co preámbulo da Carta Magna gravado, onde se recollen principios fundamentais como a convivencia democrática, a protección dos dereitos humanos e a promoción dunha sociedade máis xusta e inclusiva.

Tal e como recolle o decreto, “a Constitución Española de 1978 supuxo un avance determinante na configuración do noso Estado tal e como hoxe o coñecemos”. O documento lembra que a aprobación deste texto legal consolidou os principios da soberanía nacional, o respecto aos dereitos e liberdades individuais, a igualdade ante a lei e o recoñecemento da diversidade cultural e territorial de España.

A nova denominación do paseo reflicte o compromiso do Concello de Padrón cos valores democráticos e coas institucións que fixeron posible o progreso do país. Desde o goberno municipal destacan que “nun momento histórico no que o entendemento e a cohesión social son máis necesarios que nunca, este espazo simboliza os ideais de democracia e respecto institucional”.

O cambio de nome afecta ao tramo comprendido entre a última ponte sobre o río Sar ata a intersección co vial de Paraíso, A Ponte, seguindo a beira do litoral. Parte deste espazo foi acondicionado no marco do Proxecto de recuperación da servidume de tránsito no T.M de Padrón da Demarcación de Costas en Galicia.

Esta homenaxe á Constitución de 1978 representa unha aposta polos principios democráticos e pola convivencia. “Todas e todos debemos manter a firme crenza de que esta homenaxe contribuirá a fortalecer o sentimento de unidade e orgullo de pertenza a unha sociedade cada día máis inclusiva, solidaria, igualitaria, culta, xusta e feliz”, subliña o decreto asinado polo alcalde.

 

Le o Bando completo premendo neste enlace 

 

 

PadronCaminoEDestino

Contacto

Pode contactar co Concello de Padrón a través dos seguintes medios:

  • Enderezo: Rúa Longa, 27 - 15900 Padrón
  • Teléfono: (+34) 981 810 451
  • Correo electrónico: correo@padron.gal

Outros sitios web de interese

 
 
App Padrn removebg preview
 
Descarga a App de Turismo de Padrón.
Top

Aviso legal - Política de privacidade - Política de cookies - Máis información sobre as cookies

Ligazón temporal á antiga páxina web

Este sitio web utiliza cookies para que vostede poida ter a mellor experiencia de usuario/a. Se segue a navegar está a dar o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e da nosa Política de Cookies. Detalles…