-->

O Concello de Padrón reivindica a igualdade cunha programación especial polo 8M

  • O Mercado ‘Voces Delas’, os Premios Rumorosas e os talleres de formación dixital forman parte das propostas da programación

  • A lectura do manifesto institucional será o sábado no Auditorio Municipal ás 12:00 horas

 

O Concello de Padrón volve reivindicar o papel das mulleres cunha programación especial para conmemorar o 8M. A Concellería de Igualdade e o Centro de Información á Muller (CIM) deseñaron unha serie de actividades abertas á participación de toda a veciñanza co obxectivo de fomentar a igualdade e poñer en valor a contribución das mulleres en distintos ámbitos.

O programa comezou a desenvolverse xa este domingo 23 de febreiro cun Curso de Defensa Persoal no pavillón do Souto no que as mulleres participantes aprenderon técnicas fundamentais para fortalecer a súa seguridade e confianza. Esta actividade contou coa participación da concelleira de Igualdade e Servizos Sociais Mariló Saco.

Ademais, durante todo o mes de marzo, levaranse a cabo actividades de sensibilización nos centros educativos do municipio a través da figura de Florence Nightingale, destacada enfermeira e estadista británica coñecida por ser a primeira teórica na área da enfermaría, ser a fundadora e nai da enfermaría moderna e unha recoñecida reformadora social.

O venres 7 de marzo, a cativada de 9 a 14 anos poderán participar no taller De Maior Quero Ser na Aula Cemit, unha iniciativa que busca fomentar a igualdade de oportunidades desde a infancia. A través de historias inspiradoras de mulleres referentes en STEAM (ciencia, tecnoloxía, enxeñería, arte e matemáticas), os nenos e nenas aprenderán sobre creatividade, resolución de problemas e traballo en equipo, participando en retos interactivos. As inscricións están abertas ata o 3 de marzo.

A xornada central do 8 de marzo contará cun programa especial. Ás 11:00 horas inaugurarase o Mercado Voces Delas na praza de Baltar, un espazo onde as mulleres emprendedoras poderán expoñer e vender os seus produtos. Ás 12:00 horas, o Auditorio Municipal acollerá a lectura do manifesto institucional do 8M, seguido dun concerto do grupo Catro Cores e un breve coloquio. Como peche, terá lugar a entrega dos Premios Rumorosas 2025, co que se recoñece a traxectoria de mulleres padronesas que destacan polo seu compromiso social e profesional.

O domingo 9 de marzo, o Mercado Voces Delas volverá abrir ao público na praza de Baltar, en horario de 10:00 a 15:00 horas.

As propostas continuarán ata o xoves 14

As actividades para conmemorar o 8M continuará o martes 11 de marzo cunha sesión formativa sobre Ferramentas dixitais para a procura de emprego, que se impartirá na Aula Cemit de 18:00 a 20:00 horas. As persoas interesadas poderán inscribirse ata o día 7.

O venres 14 de marzo proxectarase no Auditorio Municipal o documental O Proxeneta coa presenza da súa directora e escritora, Mabel Lozano, que participará nun coloquio sobre trata e explotación sexual.

A programación concluirá neste mesmo día cunha nova sesión formativa sobre Ferramentas dixitais, neste caso centrada na xestión e comunicación, que terá lugar na Aula Cemit de 18:00 a 20:00 horas.

As persoas interesadas en participar nas actividades da Aula Cemit deberán inscribirse no Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. ou no teléfono 611 003 472 en horario de mañá.

Con este conxunto de iniciativas, o Concello de Padrón reafirma o seu compromiso coa igualdade e a loita polos dereitos das mulleres, consolidando o 8M como unha data clave no seu calendario cultural e social.

 

 

PadronCaminoEDestino

Contacto

Pode contactar co Concello de Padrón a través dos seguintes medios:

  • Enderezo: Rúa Longa, 27 - 15900 Padrón
  • Teléfono: (+34) 981 810 451
  • Correo electrónico: correo@padron.gal

 

Plan Único POS+ Deputación da Coruña

Outros sitios web de interese

 
 
App Padrn removebg preview
 
Descarga a App de Turismo de Padrón.
Top

Aviso legal - Política de privacidade - Política de cookies - Máis información sobre as cookies

Ligazón temporal á antiga páxina web

Este sitio web utiliza cookies para que vostede poida ter a mellor experiencia de usuario/a. Se segue a navegar está a dar o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e da nosa Política de Cookies. Detalles…