-->

O Concello de Padrón convoca a XXXV edición do Premio Literario Camilo José Cela de Narrativa

  • O prazo para presentar os traballos estará aberto ata o 15 de xullo de 2025

 

O Concello de Padrón convoca a XXXV edición do Premio Literario Camilo José Cela de Narrativa, un certame de referencia no panorama literario nacional que se celebra ininterrompidamente desde 1989 en homenaxe permanente ao escritor padronés, Premio Nobel de Literatura.

O concurso está dotado cun premio de 1.500 euros e unha estatuíña conmemorativa para a obra gañadora. Os relatos deberán ser orixinais, inéditos e escritos en galego ou castelán, cunha extensión de 12 a 25 folios, mecanografados ou escritos en formato word a dobre espazo e con tipo de letra Arial, tamaño 12.

O prazo para presentar os traballos estará aberto ata o 15 de xullo de 2025. As obras deberán entregarse por quintuplicado, sen sinatura e cun lema identificativo, no Rexistro Xeral do Concello de Padrón ou por correo postal. Xunto cos relatos, será necesario achegar un sobre pechado coa información persoal da persoa autora.

Un xurado designado polo alcalde de Padrón, Anxo Arca, será o encargado de valorar as obras baixo os principios de publicidade, transparencia, igualdade e obxectividade. O seu fallo darase a coñecer antes do 31 de decembro de 2025 e farase público no taboleiro de anuncios do concello.

O relato premiado pasará a ser propiedade do Concello de Padrón, que se reserva o dereito de publicación. Os traballos non premiados serán destruídos unha vez remate o proceso de selección.

Como antesala desta nova edición, o venres 21 de febreiro, ás 19:00 horas, celebrarase no Paraninfo da Fundación Pública Galega Camilo José Cela a entrega do XXXIV Premio Literario Camilo José Cela, que nesta ocasión distingue á escritora Amalia Blanco Pose pola súa obra No neghro da ialma.

Con máis de tres décadas de historia, o Premio Literario Camilo José Cela reafírmase como un referente na promoción da narrativa en galego e castelán, mantendo vivo o legado do escritor padronés.

As persoas interesadas poden consultar as bases premendo neste enlace.

 

PadronCaminoEDestino

Contacto

Pode contactar co Concello de Padrón a través dos seguintes medios:

  • Enderezo: Rúa Longa, 27 - 15900 Padrón
  • Teléfono: (+34) 981 810 451
  • Correo electrónico: correo@padron.gal

 

Plan Único POS+ Deputación da Coruña

Outros sitios web de interese

 
 
App Padrn removebg preview
 
Descarga a App de Turismo de Padrón.
Top

Aviso legal - Política de privacidade - Política de cookies - Máis información sobre as cookies

Ligazón temporal á antiga páxina web

Este sitio web utiliza cookies para que vostede poida ter a mellor experiencia de usuario/a. Se segue a navegar está a dar o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e da nosa Política de Cookies. Detalles…