-->

O alcalde de Padrón alerta sobre a necesidade de protexer o Ulla de proxectos que poidan poñer en risco a calidade da auga

  • Anxo Arca acompañou á conselleira de Medio Ambiente Ángeles Vázquez na visita ás obras de ampliación da ETAP

  • A obra, que se prevé rematar no primeiro trimestre de 2026, elevará a capacidade de 450 a 610 litros por segundo, garantindo o abastecemento para os dez concellos da ría de Arousa

O alcalde de Padrón, Anxo Arca, xunto aos membros do goberno local, acompañou esta mañá á conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, na visita ás obras de ampliación da Estación de Tratamento de Auga Potable (ETAP) de Padrón. Esta actuación, que se prevé finalizar no primeiro trimestre de 2026, ten como obxectivo ampliar a capacidade de abastecemento ata os 90.000 habitantes, beneficiando a dez concellos da ría de Arousa. Tamén estiveron presentes na visita a delegada territorial da Xunta na Coruña, Belén do Campo; e o director de Augas de Galicia, Roi Fernández.

Anxo Arca subliñou a importancia de garantir a calidade das augas do río Ulla, sinalando que "a captación de auga desta ETAP resulta fundamental para todos os pobos dende Padrón ata Ribeira e dende Padrón ata Vilagarcía de Arousa”. “Decenas de miles de galegas e galegos beberán da auga aquí procesada. Polo tanto, resulta máis necesario que nunca protexer o Ulla de proxectos que poidan poñer en risco a calidade da auga. Debemos protexer os nosos recursos hídricos así como o noso patrimonio natural. Vainos á saúde", afirmou o rexedor.

A ETAP de Padrón, emprazada na ribeira do Ulla, na parroquia de Carcacía, está operativa desde 1996, polo que a súa ampliación era unha necesidade para garantir o abastecemento. A capacidade de tratamento actual da estación pasará de 450 litros por segundo ata os 610 l/s, un incremento do 40 % que permitirá mellorar o servizo de abastecemento tanto para uso civil como industrial.

Ademais do aumento de capacidade, a actuación incluirá a implantación dun sistema para a recuperación da auga de lavado de filtros, un tratamento de lodos, un sistema de control centralizado para integrar todos os equipos da planta, así como un circuíto de videovixiancia. Tamén se acometerán melloras estruturais nos depósitos de cabeceira do Casal, dotándoos dun sistema para medir o caudal de saída en continuo e dun sistema de monitorización da calidade da auga nos puntos de entrega en alta.

 

PadronCaminoEDestino

Contacto

Pode contactar co Concello de Padrón a través dos seguintes medios:

  • Enderezo: Rúa Longa, 27 - 15900 Padrón
  • Teléfono: (+34) 981 810 451
  • Correo electrónico: correo@padron.gal

 

Plan Único POS+ Deputación da Coruña

Outros sitios web de interese

 
 
App Padrn removebg preview
 
Descarga a App de Turismo de Padrón.
Top

Aviso legal - Política de privacidade - Política de cookies - Máis información sobre as cookies

Ligazón temporal á antiga páxina web

Este sitio web utiliza cookies para que vostede poida ter a mellor experiencia de usuario/a. Se segue a navegar está a dar o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e da nosa Política de Cookies. Detalles…