-->

Padrón celebra con éxito o Día de Rosalía cunha xornada chea de cultura e tradición

  • O alcalde de Padrón, Anxo Arca, participou pola mañá na ofrenda floral en Santiago e leu versos de Rosalía no Panteón de Galegas e Galegos Ilustres

  • A alborada cos xigantes de Rosalía e Castelao percorreu ao mediodía as rúas da vila 

  • Os establecementos padroneses ofreceron o Caldo de Gloria, símbolo de resistencia e dignidade 

  • A estatua no paseo do Espolón acolleu a tradicional ofrenda floral   

20250223 Padron actos homenaxe Dia de Rosalia 18

Padrón celebrou este domingo 22 de febreiro unha xornada cargada de emotividade, cultura e reivindicación da figura da escritora máis universal de Galicia. O programa de actividades, organizado polo Concello de Padrón en colaboración coa Fundación Rosalía de Castro, contou cunha ampla participación cidadá e con momentos de especial simbolismo.

20250223 dia rosallia padron 1

Pola mañá, o alcalde Anxo Arca desprazouse ata Santiago para tomar parte nos actos organizados na capital galega. A praza de Vigo, lugar de nacemento de Rosalía, acolleu a tradicional ofrenda floral. A continuación, a comitiva trasladouse ao Panteón de Galegas e Galegos Ilustres, onde o rexedor padronés xunto ás autoridades presentes e a representantes das fundacións e da sociedade recitaron versos da autora, nun acto no que tamén soou a música de Antía Muíño e do grupo Carapaus.

Xunto ao alcalde de Padrón participaron nestes actos a alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín; o alcalde de Rianxo, Julián Bustelo; o presidente da Fundación Rosalía de Castro, Anxo Angueira; o conselleiro de Cultura, José López Campos; o presidente da Asociación de Veciños Raigame, Xosé Manuel Durán; a deputada provincial de Lingua da Deputación da Coruña, Soledad Agra; e o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, entre outras autoridades.

Os actos da mañá pecháronse cunha degustación do tradicional Caldo de Gloria.

Alborada e Caldo de Gloria

Xa de volta en Padrón, o alcalde Anxo Arca deu inicio ás actividades organizadas polo Concello. Ás 13:30 horas comezou a alborada, na que os xigantes de Rosalía e Castelao, cedidos polo Concello de Rianxo, percorreron as rúas do centro da vila acompañados por un grupo de gaiteiros, achegando a esencia popular da festividade. A presenza de Castelao nesta homenaxe responde á declaración do 2025 como Ano Castelao, coincidindo co 75 aniversario do seu pasamento.

20250223 Padron actos homenaxe Dia de Rosalia 5

Xunto ao presidente da Fundación Rosalía, as concelleiras Mariló Saco e Laura Horta e varias veciñas e veciños, o alcalde visitou distintos establecementos hostaleiros da vila para degustar o Caldo de Gloria, unha receita inspirada nos versos de Rosalía de Castro que simboliza a resistencia e dignidade do pobo galego.

20250223 Padron actos homenaxe Dia de Rosalia 14

Ofrenda floral a Rosalía

Xa pola tarde, celebrouse a tradicional ofrenda floral diante da estatua de Rosalía no paseo do Espolón. O acto congregou ao alcalde de Padrón, Anxo Arca, e aos membros da corporación municipal xunto a Valentín García, secretario xeral de política lingüística; ao alcalde de Brión, Pablo Lago; ao alcalde de Dodro, Xavier Castro; ao alcalde de Rianxo, Julián Bustelo; ao presidente da Fundación Rosalía de Castro, Anxo Angueira; aos concelleiros de Rois e a representantes do ámbito cultural e veciñanza nun acto solemne que puxo en valor a vixencia do legado da autora.

20250223 Padron actos homenaxe Dia de Rosalia 22

A programación continuou na Casa de Rosalía, onde tivo lugar unha nova degustación do Caldo de Gloria, nesta ocasión a cargo do recoñecido cociñeiro Alberto Carou, do restaurante Curral do Marqués de Rianxo. Como peche da xornada, a cantante Antía Muíño ofreceu un concerto no auditorio da Casa de Rosalía, enchendo o espazo de música e sentimento.

20250223 Padron actos homenaxe Dia de Rosalia 31

Desde o Concello de Padrón valórase moi positivamente a acollida desta xornada de homenaxe tanto por parte da veciñanza como dos establecemento de hostalería, unha colaboración que cada ano reafirma a importancia de manter viva a memoria de Rosalía de Castro, promovendo a cultura galega e os valores de xustiza e liberdade que a autora defendeu.

 

PadronCaminoEDestino

Contacto

Pode contactar co Concello de Padrón a través dos seguintes medios:

  • Enderezo: Rúa Longa, 27 - 15900 Padrón
  • Teléfono: (+34) 981 810 451
  • Correo electrónico: correo@padron.gal

 

Plan Único POS+ Deputación da Coruña

Outros sitios web de interese

 
 
App Padrn removebg preview
 
Descarga a App de Turismo de Padrón.
Top

Aviso legal - Política de privacidade - Política de cookies - Máis información sobre as cookies

Ligazón temporal á antiga páxina web

Este sitio web utiliza cookies para que vostede poida ter a mellor experiencia de usuario/a. Se segue a navegar está a dar o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e da nosa Política de Cookies. Detalles…