Novas recentes
O Concello de Padrón convoca a 33 edición do Premio Literario Camilo José Cela. Creado no ano 1989 para homenaxear "a figura humana e literaria do egrexixo escritor", trátase dun dos certames máis consolidados do panorama das letras nacionais e conta cunha dotación de 1.500 euros para a obra gañadora. As persoas que desexen participar deben enviar obras orixinais e inéditas dunha extensión entre os 12 e os 25 folios, escritas en galego ou en castelán. O prazo de entrega finaliza o 17 de xullo de 2023. Enlace ás bases da convocatoria.
A feira desenvolverase a fin de semana do 25 e o 26 de marzo no convento do Carme e todas as actividades son gratuítas // Haberá un concerto solidario en favor de Art for Dent, asociación galega da enfermidade de Dent // A concelleira Lorena Couso lembra que o certame se une ás xornadas gastronómicas da lamprea // Obradoiros, actuacións musicais e ata un desfile de moda, ademais da feira e o concurso de camelias, serán algunhas das actividades que se poderán desfrutar en Padrón na última fin de semana de marzo coincidindo coa celebración da VII Exposición da camelia…
O alcalde reafirma o compromiso do seu goberno para que as aulas sigan medrando, formando aos maiores de 50 anos e facendo partícipes ás persoas do rural || Antonio Fernández: “É un orgullo saber que as nosas aulas, con máis de 230 inscritos, son un referente na comunidade” || O director xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria, Antón Acevedo, destaca o potencial e as gañas de aprender do alumnado || O presidente de Ategal-Aulas Sénior de Galicia, Ángel Fagilde, lembrou como se foron adaptando a novas necesidades || Máis de 200 persoas asistiron ao xantar de conmemoración || Ategal-Aulas Sénior…
A UE elixiu o proxecto padronés ‘Reforzar a identidade europea en tempos de crise’ para participar no programa ‘Cidadáns, igualdade, dereitos e valores’ // A vila padronesa abre os encontros que terán lugar en cinco localidades de toda Europa // Padrón foi este xoves o escenario de sinatura dun Pacto de Amizade que reuniu na Fundación Camilo José Cela representantes europeos dun total de dezaseis países. Encabezados polo alcalde, Antonio Fernández Angueira, participaron na firma ata 34 membros de once municipios e seis organismos civís europeos, que visitan estes días a localidade padronesa no marco do programa Cidadáns, Igualdade, Dereitos…
A aportación padronesa servirá para que a ONG IAE Rescue compre material de primeira necesidade e o leve á zona afectada // Antonio Fernández reunise esta semana con Miguel Montero, bombeiro que participou no rescate de tres persoas e volverá ao país turco a semana que vén // O concello de Padrón colaborará con 1.500 euros ao envío de material de axuda humanitaria ás persoas damnificadas polo terrible terremoto que a principios deste mes deixou máis de 44.000 mortos en Turquía e Siria. Esta axuda será canalizada a través da ONG IAE Rescue, con cuio delegado en Galicia, Miguel Montero,…
Cinco establecementos da localidade ofrecerán venres, sábados e domingos menús lampreeiros a un prezo único de 40 euros A presentación dun vídeo promocional, o concurso Pequechef e a exitosa Cata maridaxe completan o programa A concelleira Lorena Couso destaca a fidelidade dos amantes da lamprea a un manxar que, en toda España, só se pode degustar en moi poucas zonas de Galicia Un ano máis, e xa van nove, Padrón exaltará un dos seus produtos gastronómicos máis sobresaíntes: a lamprea. Esta novena edicion das Xornadas gastronómicas da lamprea desenvolverase nas fins de semana do 17 ao 19 de marzo e…
O Boletín Oficial da Provincia (BOP) publica hoxe, 28 de febreiro, o anuncio do Concello de Padrón de licitación das licenzas para a instalación das atraccións de feira no campo do Souto, o Paseo do Espolón e rúas próximas durante as Festas de Pascua 2023. A convocatoria está aberta á atraccións mecánicas e eléctricas, tómbolas e xogos de azar, postos de venda de comidas e/ou bebidas, roupa, complementos, música, artesanía, etc, ademais de a maquinaria agrícola para a exposición que se desenvolve coincidindo coas festas. As Festas de Pascua 2023 celebraranse este ano entre o 2 e o 16 de abril.…
Alcalde e concelleira de Cultura destacan o éxito do concurso de disfraces, con especial protagonismo dos grupos locais || A comparsa ‘Ciklón’, de Tomiño, foi a vencedora na categoría de comparsas de máis de 20 membros; ‘Festa con glamour’ de Quintás, na de menos de 20 e ‘Se nos echó el tiempo encima’ venceu na categoría de comparsa local || En total o concurso repartiu máis de 5.400 euros en premios || Centos de persoas encheron as rúas da vila nunha xornada de auténtica festa !! Padrón viviu esta tarde un dos seus Entroido máis multitudinarios, con preto dun millar…
A alborada dos Carapaus abriu os actos oficiais do Día de Rosalía que conmemoran o 186 aniversario do nacemento da escritora || Alumnos do CEIP Flavia protagonizaron un recital poético || O alcalde de Padrón, Antonio Fernández: “Celebrar a Rosalía non é só cousa dun día, senón de todo o ano” || Mañá preséntase o libro co que Manuel López Rodríguez gañou a VIII edición do certame poético Rosalía de Castro || Música, poesía e tradicional ofrenda ante a estatua de Rosalía de Castro que preside unha das entradas ao Espolón centraron hoxe os actos institucionais do Día de Rosalía…
A reciclaxe deste residuo xerou un aforro de emisión de CO2 de 15,2 Tm e evitou a contaminación de 5,5 millóns de litros de auga // Javier Guillán: “O equipo de goberno mantén a súa firme aposta por preservar o medio ambiente e estamos a traballar arreo para completar a oferta da rede de colectores de reciclaxe” // O concelleiro de Recollida e Tratamento de Residuos destaca a boa acollida da campaña de reparto de composteiros domésticos, dos que xa se entregaron un centenar // O Concello de Padrón recolleu ao longo do pasado ano 5.009 quilogramos de aceite de…