-->

O Concello de Padrón amplía ata o 25 de setembro o prazo para participar no XII Certame Poético Rosalía de Castro

  • O premio está dotado con 1.500 euros, un diploma acreditativo e a publicación da obra gañadora

  • Poden presentarse obras inéditas en galego cun mínimo de 400 versos

 certame rosalia

O Concello de Padrón acordou ampliar ata o vindeiro 25 de setembro de 2026 o prazo de presentación de obras ao XII Certame Poético Rosalía de Castro, co obxectivo de facilitar a participación dun maior número de autoras e autores nesta convocatoria dedicada á creación poética en lingua galega.

A ampliación do prazo permitirá que as persoas interesadas dispoñan de máis tempo para preparar e presentar os seus traballos a un certame consolidado como unha das citas de referencia da poesía galega contemporánea, impulsado polo Concello de Padrón en colaboración coa Casa de Rosalía,  como homenaxe permanente á figura e ao legado literario de Rosalía de Castro.

O certame está aberto á participación de persoas de calquera nacionalidade que presenten obras inéditas en galego e non premiadas previamente noutros concursos. O tema e a forma poética son libres, mais os traballos deberán contar cunha extensión mínima de 400 versos.

As obras deberán presentarse en papel, con letra Arial tamaño 12, por quintuplicado e baixo o sistema de plica, e remitirse ao Concello de Padrón (Rúa Longa nº 27, 15900 Padrón, A Coruña), indicando no sobre “XII Premio de Poesía Rosalía de Castro”.

O xurado estará composto por persoas de recoñecido prestixio no ámbito da literatura galega e será presidido polo alcalde de Padrón. O fallo darase a coñecer antes do 31 de decembro a través do taboleiro de anuncios e da páxina web municipal. A data de entrega do galardón será acordada entre a Concellería de Cultura e a persoa premiada.

A obra gañadora recibirá un premio de 1.500 euros, un diploma acreditativo e será publicada dentro da colección de Poesía Rosalía de Castro do Concello de Padrón.

As bases completas poden consultarse nesta ligazón, e tamén se pode solicitar máis información a través do correo electrónico Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. ou no teléfono 981 811 329.

Na pasada edición, o galardón recaeu na escritora viguesa Noa Pérez González pola obra Pequeno panteón politeísta, da que o xurado destacou a súa frescura, ironía e a forza evocadora das súas imaxes arredor da infancia.

 

PadronCaminoEDestino

Contacto

Pode contactar co Concello de Padrón a través dos seguintes medios:

  • Enderezo: Rúa Longa, 27 - 15900 Padrón
  • Teléfono: (+34) 981 810 451
  • Correo electrónico: correo@padron.gal

 

Plan Único POS+ Deputación da Coruña

Outros sitios web de interese

 
 
App Padrn removebg preview
 
Descarga a App de Turismo de Padrón.
Top

Aviso legal - Política de privacidade - Política de cookies - Máis información sobre as cookies

Ligazón temporal á antiga páxina web

Este sitio web utiliza cookies para que vostede poida ter a mellor experiencia de usuario/a. Se segue a navegar está a dar o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e da nosa Política de Cookies. Detalles…