-->

O Concello de Padrón declara dous días de loito oficial polo falecemento da concelleira Ana Belén Castro García

  • O Goberno local lamenta a perda da edil de Urbanismo e Medio Ambiente e traslada o seu apoio á familia e persoas achegadas

  • O alcalde, Anxo Arca, destaca o seu compromiso co servizo público e asegura que o Executivo municipal continuará traballando "na senda de progreso" que ela defendía

O Concello de Padrón lamenta profundamente o falecemento de Ana Belén Castro García, concelleira do Goberno municipal desde 2023, e acordou declarar dous días de loito oficial en sinal de respecto e homenaxe á edil.

Ana Castro formaba parte do grupo municipal socialista e era responsable das áreas de Urbanismo, Vivenda e Solo, Medio Ambiente, Vías e Obras, Abastecemento de Auga Potable e Saneamento, Parques e Xardíns, Limpeza Viaria e Recollida e Tratamento dos Residuos Sólidos Urbanos. Ademais da súa actividade política, era presidenta da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común do Lapido e xefa de brigada de bombeiros forestais da Xunta de Galicia.

O alcalde de Padrón, Anxo Arca, expresou o pesar de todo o Goberno municipal pola perda dunha persoa moi comprometida co municipio. “Padrón perde unha servidora pública enormemente comprometida co noso pobo. Unha concelleira competente que dedicou os tres últimos anos da súa vida a traballar para mellorar a calidade de vida da nosa veciñanza xestionando áreas de gran complexidade. Unha persoa boa e xenerosa comprometida sempre ao cen por cen coa súa familia e sempre disposta a botar unha man en todo aquelo no que podía resultar de axuda”.

O rexedor quixo tamén agradecer o traballo compartido durante este mandato e reafirmar o compromiso do Executivo municipal de continuar desenvolvendo o proxecto no que Ana Castro participou activamente. “Como Goberno de Padrón, pero sobre todo como compañeiros e compañeiras, como amigas e amigos, agradecemos profundamente ter tido a oportunidade de servir o noso pobo xunto a Ana neste mandato no que, entre todos e todas, estamos a conseguir grandes avances para Padrón”.

“Na súa memoria, téndoa sempre presente, o Goberno de Padrón seguirá traballando con toda a capacidade para continuar nesta senda de progreso. Sabemos que é o que Ana Castro quería e así o faremos”.

A capela ardente está instalada no Tanatorio de Padrón. O funeral celebrarase o venres pola mañá na parroquia de Bamio e, posteriormente, Ana Castro será incinerada na intimidade familiar.

Por expreso desexo de Ana Castro, non se admiten flores. As persoas que desexen renderlle homenaxe poden destinar ese importe a un donativo para a investigación contra o cancro, cumprindo así a súa vontade.

O Concello de Padrón traslada o seu máis sentido pésame á súa familia, amizades e persoas achegadas, e agradece as numerosas mostras de afecto e apoio recibidas nestas últimas horas.

 

PadronCaminoEDestino

Contacto

Pode contactar co Concello de Padrón a través dos seguintes medios:

  • Enderezo: Rúa Longa, 27 - 15900 Padrón
  • Teléfono: (+34) 981 810 451
  • Correo electrónico: correo@padron.gal

 

Plan Único POS+ Deputación da Coruña

Outros sitios web de interese

 
 
App Padrn removebg preview
 
Descarga a App de Turismo de Padrón.
Top

Aviso legal - Política de privacidade - Política de cookies - Máis información sobre as cookies

Ligazón temporal á antiga páxina web

Este sitio web utiliza cookies para que vostede poida ter a mellor experiencia de usuario/a. Se segue a navegar está a dar o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e da nosa Política de Cookies. Detalles…