-->

O Concello de Padrón informa sobre os programas estatais de axudas e recursos en materia de vivenda

  • O Ministerio de Vivenda e Axenda Urbana pon á disposición da veciñanza diferentes programas destinados a facilitar o acceso á vivenda

 

O Concello de Padrón informa á veciñanza da existencia de distintos programas de axudas e recursos promovidos polo Ministerio de Vivenda e Axenda Urbana co obxectivo de facilitar o acceso á vivenda e ofrecer información actualizada sobre as políticas públicas nesta materia.

A través do portal oficial do Ministerio, as persoas interesadas poden consultar as diferentes iniciativas impulsadas pola Administración Xeral do Estado, así como acceder a información específica dirixida á mocidade, ás familias e a outros colectivos.

Entre os principais programas destacan o Bono Alugueiro Mozo, destinado a facilitar o acceso a unha vivenda en réxime de alugueiro para a poboación nova; o Plan de Vivenda en Alugueiro Accesible, orientado a incrementar a oferta de vivendas a prezos alcanzables; ou as iniciativas relacionadas coa Vivenda Social en España e outros recursos, servizos e programas promovidos polo Ministerio en materia de vivenda.

O Concello anima a todas as persoas que poidan beneficiarse destas medidas a informarse sobre os requisitos, prazos e condicións de cada convocatoria a través das canles oficiais do Ministerio.

Toda a información sobre os programas de vivenda, as axudas dispoñibles e os servizos ofrecidos pode consultarse en: https://www.mivau.gob.es/vivienda

Desde o Concello de Padrón seguirase difundindo información de interese para achegar á cidadanía os recursos e programas das distintas administracións que contribúan a facilitar o acceso á vivenda e a mellorar a calidade de vida da veciñanza.

 

PadronCaminoEDestino

Contacto

Pode contactar co Concello de Padrón a través dos seguintes medios:

  • Enderezo: Rúa Longa, 27 - 15900 Padrón
  • Teléfono: (+34) 981 810 451
  • Correo electrónico: correo@padron.gal

 

Plan Único POS+ Deputación da Coruña

Outros sitios web de interese

 
 
App Padrn removebg preview
 
Descarga a App de Turismo de Padrón.
Top

Aviso legal - Política de privacidade - Política de cookies - Máis información sobre as cookies

Ligazón temporal á antiga páxina web

Este sitio web utiliza cookies para que vostede poida ter a mellor experiencia de usuario/a. Se segue a navegar está a dar o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e da nosa Política de Cookies. Detalles…