-->

Pedro Blanco e Anxo Rei presentan o proxecto de mellora da N-550 ao paso por Padrón que creará preto dun km de vías peonís e ciclistas

  • O Ministerio de Transportes investirá 3 millóns de euros para transformar a travesía nunha zona máis segura, con espazos para peóns, carril bici, zonas verdes e mobiliario urbano  ||  
  • O delegado do Goberno confirmou que xa se está redactando o proxecto, cumprindo unha demanda do goberno local  ||  
  • “A mellora da N-550 é unha reivindicación histórica de Padrón, sobre todo na Ponte, e agora xa vimos os planos dunha obra que nos permitirá dar un paso de xigante”, asegura o alcalde  ||  
  • Pedro Blanco anunciou que nas vindeiras semanas comezarán os traballos para mellorar o asfalto nesta estrada nacional  ||  

 

20260331 Padron alcalde delegado presentan proxecto mellora N 550 4

O delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco, e o alcalde Anxo Rei, presentaron hoxe o proxecto que impulsa o Ministerio de Transportes e Mobilidade Sostible para humanizar a Nacional 550 ao paso por Padrón, e que, segundo indicou Pedro Blanco, “materializa o traballo conxunto que levamos desenvolvendo ambas administracións nos últimos meses”.

O alcalde, Anxo Arca, e a concelleira de obras, Ana Castro, recibiron a Pedro Blanco na casa consistorial, onde analizaron o impacto desta mellora da mobilidade urbana na que o Ministerio investirá 3 millóns de euros, cumprindo “unha demanda do Goberno Local e da propia veciñanza”. 

Pedro Blanco subliñou que esta actuación creará un espazo seguro e accesible, con espazo para os peóns, carril bici, zonas verdes e mobiliario urbano, que se estenderá ao longo de case un quilómetro entre o centro urbano e o límite coa provincia de Pontevedra. Trátase “dun proxecto en liña con outros que estamos a desenvolver noutras localidades de Galicia e que mellorará indubidablemente a seguridade viaria dos veciños e veciñas desta localidade e das persoas que, cada vez máis, se desprazan en medios alternativos como a bicicleta”.

Anxo Arca afirmou que a mellora na N-550 “é unha reivindicación histórica, sobre todo para a veciñanza da Ponte, que leva décadas esperando esta humanización. Esta é a primeira vez que vemos os planos, que hai un proxecto que nos permitirá dar un paso de xigante para mellorar a nosa mobilidade e o acceso a Padrón dende Pontevedra”, asegurou o alcalde. “Creo que este é o exemplo de que no noso pobo se pode mellorar o ámbito da N-550. É una boa nova, e vemos que o Goberno de España cumpre con Padrón”, asegurou Anxo Arca, que xa solicitou outras medidas para mellorar a seguridade, entre outros proxectos.

Pedro Blanco asegurou que o proxecto desta obra atópase actualmente en redacción, para poder comezar o antes posible a tramitación administrativa.

Medio millón para mellorar o asfalto da N-550

Neste encontro, o delegado confirmou ao alcalde que o Ministerio de Transportes desenvolverá nas vindeiras semanas os traballos de asfaltado da estrada nacional 550 ao paso por Padrón. Unha actuación que forma parte do Plan Extraordinario de Mellora de Estradas en Galicia que o Ministerio de Transportes e Mobilidade Urbana está a executar para reparar os danos provocados polos temporais nas estradas da competencia do Estado en Galicia. Pedro Blanco sinalou que “en próximas datas veremos a maquinaria reparando o firme da nacional ao paso por este Concello”.

En paralelo, a Demarcación de Estradas executará outras melloras na estrada dentro do contrato ordinario de reparación de estradas. Entre ambos contratos de reparación, o delegado sinalou que o Goberno investirá en Padrón medio millón de euros. 

Outros investimentos

Na reunión celebrada hoxe, o delegado e o alcalde repasaron outros investimentos que o Goberno executa ou financia nesta localidade, como a mellora da iluminación viaria en parroquias como Carcacía, a nova estación de tratamento de auga potable, e o cumprimento dos compromisos adquiridos polo Ministerio de Cultura coa Fundación Rosalía.

 

20260331 Padron alcalde delegado presentan proxecto mellora N 550 1

 

PadronCaminoEDestino

Contacto

Pode contactar co Concello de Padrón a través dos seguintes medios:

  • Enderezo: Rúa Longa, 27 - 15900 Padrón
  • Teléfono: (+34) 981 810 451
  • Correo electrónico: correo@padron.gal

 

Plan Único POS+ Deputación da Coruña

Outros sitios web de interese

 
 
App Padrn removebg preview
 
Descarga a App de Turismo de Padrón.
Top

Aviso legal - Política de privacidade - Política de cookies - Máis información sobre as cookies

Ligazón temporal á antiga páxina web

Este sitio web utiliza cookies para que vostede poida ter a mellor experiencia de usuario/a. Se segue a navegar está a dar o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e da nosa Política de Cookies. Detalles…