Novas recentes

A praza de Macías acollerá unha tarde chea de actividades con obradoiros de decoración de cabazas, pintacaras e ‘disco monstruosa’  A partir das 19.00 horas, repartiranse castañas de balde O Concello de Padrón organiza o vindeiro martes 31 de outubro unha gran festa de Samaín e de magosto á que convida a toda a veciñanza. Na praza de Macías sucederanse as actividades e as propostas nun programa que comezará ás 17.00 horas cun obradoiro de decoración das cabazas que os nenos e nenas leven das súas casas, e ata as 19.00 horas tamén haberá animación e postos de pintacaras para…
O Concello reafirma o seu compromiso coa cultura e as artes escénica galegas cun amplo programa de citas ao longo dos vindeiros tres meses O 'Porco de Pé', 'Esas cousas maravillosas' ou 'Invisibles' serán algunhas das pezas teatrais que sairán a escena no auditorio municipal A música será protagonista cos Festivais de Santa Icía, de Nadal e de Panxoliñas Patricia Vázquez recibirá o galardón como gañadora do Premio de Interpretación Teatral Maruxa Villanueva o 28 de outubro O Concello de Padrón mantén o seu compromiso coa cultura e as artes escénicas galegas poñendo en marcha un ano máis o Outono…
O alcalde de Padrón recibiu esta mañá ao presidente da Deputación da Coruña na que supón a primeira visita institucional ao Concello nesta lexislatura Arca agradece a colaboración da Deputación “para levar á práctica todas as melloras e as novas instalacións que precisan os nosos veciños e veciñas, especialmente os máis mozos” Entre os proxectos que esta mañá se puxeron sobre a mesa destaca a creación de novas infraestruturas deportivas urbanas como un parque de skate e calistenia O alcalde de Padrón, Anxo Arca, e o presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, analizaron os futuros proxectos nos que…
O Goberno Municipal do PSOE co voto favorable do BNG aproba a obra do campo de fútbol de Estramundi pese á abstención do PP O proxecto técnico modificado do parque infantil en Rúa Vila de Rianxo queda aprobado no pleno do Concello de Padrón O Concello de Padrón manterá os tradicionais festivos: Luns de Pascua (1 de abril de 2024) e o Día de San Xoán do Raio (6 de maio de 2024) O pasado xoves 28 de setembro, o pleno do Concello de Padrón aprobou o Plan Provincial de cooperación ás obras e servizos de competencia municipal (Plan Único…
Pavimentaron as prazas do Cruceiro e a de Pepe Domingo Castaño // Dez persoas formáronse en operacións auxiliares de acabados ríxidos e urbanización e outras dez, en atención sociosanitaria // Anxo Arca entregou os diplomas e certificados xunto con Gonzalo Trenor e os alcaldes de Rois e Dodro // O alcalde de Padrón, Anxo Arca, presidiu esta mañá a clausura oficial do obradoiro de emprego Comarca do Sar 2022, no que se formaron vinte persoas de Padrón, Rois e Dodro nas modalidades de auxiliares de acabados ríxidos e urbanización e de atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais. No…
O goberno padronés facilitou o cambio de fiestras, arranxou a imaxe exterior co pintando de toda a fachada e acondicionou o patio || A mestra responsable do centro, Sara Costa, agradece estas axudas que redundan na seguridade así como na calidade educativa e do tempo de lecer do seu alumnado ||     A Escola de Educación Infantil ‘Pontecesures’, en A Ponte, iniciou este novo curso 2023-24 cunha imaxe moi renovada. A colaboración do Concello de Padrón e de Finsa fixo posible que este centro de apenas seis alumnos e alumnas solucionase algunhas das carencias que afectaban tanto ao interior…
A concelleira Mariló Saco participou e directivos de AMIPA participaron nesta primeira sesión || A obra de lectura fácil ‘Marcus Marc y la ruta del cacao’ será a primeira que se comentará este curso || O proxecto Libros Viaxeiros, da Oficina Municipal de Padrón, iniciou unha nova andaina este mércores 27 de setembro cunha actividade centrada no cacao e o comercio xusto, que tiña como obxectivo facer un achegamento á temática da primeira novela que se vai comentar. Trátase da obra de lectura fácil Marcus Marc y la ruta del cacao, de Nuria Martí Constans, publicada pola editorial Adapta. Coa…
29 de setembro de 2023 || Faise pública a resolución da alcaldía pola que se anuncian as contratacións do alumnado-traballador e do persoal docente e administrativo do obradoiro de emprego Xuventude Terras de Iria. A listaxe de contratacións pode consultarse no arquivo adxunto. Contratación do alumnado-traballador e do persoal docente e administrativo.  28 de setembro de 2023  || Fanse públicas as puntuacións totais definitivas das persoas candidatas a alumnado, persoal director, docente e administrativo do obradoiro de emprego de garantía xuvenil Terras de Iria. Os documentos poden consultarse nos seguintes arquivos: Puntuación definitiva alumnado Puntuación definitiva persoal director/a Puntuación definitiva titor/a…
Anxo Arca: “Foi o altofalante de maior alcance que tivo Padrón no último século. Hoxe amosámoslle o noso aprecio e o noso cariño”  ||   Susé Castaño comezou a súa intervención imitando ao seu irmán: “Hola, Hola. Aquí comienza... tiempo en el cielo”  ||   Alfonso Rueda: “Era un dos nosos. Non se foi, sigue aquí e cada vez que alguén veña a esta praza acordarase del”  ||   “Hola, Hola. Aquí comienza... tiempo en el cielo”. Así comezou a súa intervención Susé Castaño durante o acto de homenaxe que o Concello de Padrón lle rendeu esta mañá ao recoñecido xornalista Pepe…
Na praza dedicada ao xornalista convócase un brinde na súa memoria ás 13.15 horas, acto no que intervirán o o presidente da Xunta, o seu irmán Susé e o alcalde Anxo Arca || O Concello de Padrón organiza este sábado 23 de setembro unha homenaxe ao finado Pepe Domingo Castaño que se vai celebrar na praza dedicada ao coñecido xornalista a partir das 13.15 horas. No acto van intervir o presidente da Xunta, Alfonso Rueda; o alcalde, Anxo Arca, e Susé Castaño Solar, irmán do xornalista finado a madrugada do pasado domingo. A homenaxe vaise celebrar na praza Pepe Domingo…
Páxina 38 de 90

 

PadronCaminoEDestino

Contacto

Pode contactar co Concello de Padrón a través dos seguintes medios:

  • Enderezo: Rúa Longa, 27 - 15900 Padrón
  • Teléfono: (+34) 981 810 451
  • Correo electrónico: correo@padron.gal

 

Plan Único POS+ Deputación da Coruña

Outros sitios web de interese

 
 
App Padrn removebg preview
 
Descarga a App de Turismo de Padrón.
Top

Aviso legal - Política de privacidade - Política de cookies - Máis información sobre as cookies

Ligazón temporal á antiga páxina web

Este sitio web utiliza cookies para que vostede poida ter a mellor experiencia de usuario/a. Se segue a navegar está a dar o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e da nosa Política de Cookies. Detalles…