-->

Padrón súmanse á campaña ‘Merca no teu Comercio’ para impulsar o consumo no comercio local

  • A iniciativa desenvolverase entre hoxe e o 30 de maio e sorteará 1.000 euros en tarxetas prepago entre as persoas participantes

 

O Concello de Padrón, xunto ao de Rois e de Dodro participarán desde hoxe venres, 15 de maio, nunha nova edición da campaña autonómica Merca no teu Comercio, unha iniciativa impulsada pola Federación de Comercio da Coruña, a Federación Galega de Comercio e a Xunta de Galicia co obxectivo de fomentar as compras no comercio de proximidade e dinamizar a actividade económica local.

A campaña desenvolverase ata o 30 de maio de 2026 e levarase a cabo simultaneamente noutras localidades galegas, entre elas Narón e Fene, formando parte dun programa global que contempla un total de 40 campañas en 114 municipios de toda Galicia.

No caso da provincia da Coruña, celebraranse ao longo dos próximos meses 10 actuacións promocionais que abranguerán 28 localidades e repartirán un total de 10.000 euros en premios.

A través desta iniciativa búscase incentivar as compras nos establecementos retallistas locais, reforzar o vínculo entre a veciñanza e o comercio de proximidade e contribuír á dinamización económica dos municipios participantes.

Poderán participar todas as persoas que realicen compras nos comercios adheridos de Padrón, Rois e Dodro entre o 15 e o 30 de maio. Para entrar no sorteo deberán rexistrar os seus tíckets de compra a través da páxina web da campaña, mercanoteucomercio.com, utilizando calquera dispositivo electrónico, xa sexa teléfono móbil, tableta ou ordenador.

Ademais, os propios comerciantes poderán rexistrar tamén as compras realizadas polos seus clientes desde a mesma plataforma, o que permitirá duplicar as posibilidades de resultar premiado.

Sorteo de mil euros en 20 tarxetas prepago

Entre todas as persoas participantes na campaña correspondente a Padrón, Rois e Dodro sortearanse un total de 1.000 euros distribuídos en 20 tarxetas prepago de 50 euros cada unha, que deberán empregarse posteriormente nos propios comercios locais das localidades participantes.

O sorteo celebrarase o día 1 de xuño, mentres que a entrega de premios aos gañadores e gañadoras de Padrón, Rois e Dodro terá lugar o mércores 10 de xuño na Praza de Macías de Padrón.

Desde o Concello de Padrón anímase á veciñanza a sumarse a esta campaña e apostar polo comercio de proximidade, fundamental para manter vivo o tecido económico e social dos municipios.

 

 

PadronCaminoEDestino

Contacto

Pode contactar co Concello de Padrón a través dos seguintes medios:

  • Enderezo: Rúa Longa, 27 - 15900 Padrón
  • Teléfono: (+34) 981 810 451
  • Correo electrónico: correo@padron.gal

 

Plan Único POS+ Deputación da Coruña

Outros sitios web de interese

 
 
App Padrn removebg preview
 
Descarga a App de Turismo de Padrón.
Top

Aviso legal - Política de privacidade - Política de cookies - Máis información sobre as cookies

Ligazón temporal á antiga páxina web

Este sitio web utiliza cookies para que vostede poida ter a mellor experiencia de usuario/a. Se segue a navegar está a dar o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e da nosa Política de Cookies. Detalles…