-->

Padrón soluciona os históricos problemas de abastecemento de auga potable na parroquia de Cruces

  • Instalouse unha estación de bombeo automatizada que evitará as caídas de presión que viñan padecendo nas zonas de Prada, A Picaraña ou Areal

  • O alcalde, Anxo Arca, manifesta a súa satisfacción por ter resolto esta problemática e subliña que esta actuación “é un bo exemplo de que dende o Concello traballamos para mellorar a calidade de vida da veciñanza”

  • O Concello impulsa novas intervencións na rede municipal

 

O Concello de Padrón realizou unha intervención de urxencia en Tarrío (Pazos) que consistiu na instalación dunha estación de bombeo de aceleración destinada a evitar caídas de presión na zona norte da rede municipal de abastecemento, onde estaban especialmente afectadas as zonas de Prada, A Picaraña ou Areal, na parroquia de Cruces. Estes lugares viñan padecendo situacións de baixa presión ou desabastecemento recorrente especialmente nas épocas de estiaxe, cando aumenta considerablemente o consumo de auga na rede en horas punta.

20260612 Padron nova estacion de bombeo (2)

Esta nova estación de bombeo está totalmente automatizada e telexestionada, programada para entrar en funcionamento en canto detecta baixadas de presión polo incremento do consumo, mantendo así unha presión constante. Conta con catro bombas de aceleración, tres delas para o funcionamento habitual e unha a maiores de reserva que entrará en funcionamento en caso de avaría dalgunha das habituais.

Deste xeito o Concello pon fin ás dificultades que historicamente viña padecendo a veciñanza destes lugares, que se vía obrigada a buscar alternativas para realizar as tarefas máis cotiás, como lavar a roupa ou ducharse.

O alcalde, Anxo Arca, manifesta a súa satisfacción por ter resolto esta problemática, xa que “toda a cidadanía merece ter garantidos os servizos básicos. Dende o Concello traballamos nese sentido, mellorando a rede de abastecemento e tamén a de saneamento para estendela a todos os núcleos e que preste o mellor servizo”. E engade: “A veciñanza de varios puntos da parroquia de Cruces pasouno realmente mal durante moito tempo vendo a súa vida condicionada pola falta de auga. Era unha situación que debía terse solucionado hai tempo. Alégrame que por fin poidan vivir tranquilos. Este é un bo exemplo de que dende o Concello traballamos para mellorar a calidade de vida da cidadanía”.

Varias intervencións máis de urxencia

O Concello de Padrón vén de realizar varias intervencións de urxencia co fin de mellorar as súas redes de abastecemento e de saneamento. A esta actuación de abastecemento en Tarrío, súmase a mellora do servizo na Rúa Nova e na Rúa Pérsico (aínda en execución), ou en Cortiñas. Actuacións encamiñadas a mellorar a rede solucionando problemas recorrentes e coñecidos que ata agora non se tiñan afrontado coa suficiente dilixencia.

O alcalde agradece a colaboración e a sempre boa intención da empresa Espina & Delfín, “que en todo momento arrima o ombreiro para que Padrón mellore estes servizos”.

 

PadronCaminoEDestino

Contacto

Pode contactar co Concello de Padrón a través dos seguintes medios:

  • Enderezo: Rúa Longa, 27 - 15900 Padrón
  • Teléfono: (+34) 981 810 451
  • Correo electrónico: correo@padron.gal

 

Plan Único POS+ Deputación da Coruña

Outros sitios web de interese

 
 
App Padrn removebg preview
 
Descarga a App de Turismo de Padrón.
Top

Aviso legal - Política de privacidade - Política de cookies - Máis información sobre as cookies

Ligazón temporal á antiga páxina web

Este sitio web utiliza cookies para que vostede poida ter a mellor experiencia de usuario/a. Se segue a navegar está a dar o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e da nosa Política de Cookies. Detalles…