-->

O Concello de Padrón abre do 4 ao 11 de xuño o prazo de inscrición no Concilia-Despertares 2026-2027

  • O servizo desenvolverase no CEIP Rosalía de Castro coincidindo co calendario escolar, entre o 9 de setembro de 2026 e o 21 de xuño de 2027

  • Este programa municipal de conciliación familiar e laboral oferta 30 prazas fixas e 15 ocasionais

 

O Concello de Padrón informa da apertura do prazo de inscrición no programa Concilia-Despertares para o curso 2026-2027. Trátase dun servizo municipal dirixido a facilitar a conciliación da vida familiar e laboral das familias durante o calendario escolar, ofrecendo atención ao alumnado no CEIP Rosalía de Castro antes do inicio das clases.

O servizo desenvolverase entre o 9 de setembro de 2026 e o 21 de xuño de 2027 e o número total de prazas ofertadas é de 30 fixas e 15 ocasionais.

As inscricións poderán realizarse desde este xoves, 4 de xuño, e ata o vindeiro xoves 11 mediante a sede electrónica ou de xeito presencial. Se a persoa interesada non utiliza a vía telemática, poderá descargar o impreso desde a páxina web municipal e acudir ao rexistro de Servicios Sociais ou ao do Concello.

O programa contempla dúas modalidades de servizo: o básico de coidado da cativada e a opción que inclúe tamén o almorzo. No caso das prazas fixas, o prezo mensual será de 40 euros para o servizo de coidado e de 55 euros cando se inclúa o almorzo. Para as persoas usuarias ocasionais, o prezo por día será de 5 euros ou de 8 euros, segundo se opte polo servizo de coidado dos nenos e nenas con ou sen almorzo.

É importante lembrar que toda a documentación esixida deberá presentarse dentro do prazo de inscrición, xa que calquera documento entregado posteriormente non será tido en conta na baremación.

As persoas interesadas poden consultar todos os detalles, incluído o modelo de solicitude e a relación completa de documentos necesarios na páxina web do Concello de Padrón, nesta ligazón. Para calquera dúbida ou aclaración, poden dirixirse ao Centro de Servizos Sociais ou contactar telefonicamente no 981 817 025.

Solicitude Concilia-Despertares 2026-2027

20260601 Padron Programa Concilia Despertares

 

PadronCaminoEDestino

Contacto

Pode contactar co Concello de Padrón a través dos seguintes medios:

  • Enderezo: Rúa Longa, 27 - 15900 Padrón
  • Teléfono: (+34) 981 810 451
  • Correo electrónico: correo@padron.gal

 

Plan Único POS+ Deputación da Coruña

Outros sitios web de interese

 
 
App Padrn removebg preview
 
Descarga a App de Turismo de Padrón.
Top

Aviso legal - Política de privacidade - Política de cookies - Máis información sobre as cookies

Ligazón temporal á antiga páxina web

Este sitio web utiliza cookies para que vostede poida ter a mellor experiencia de usuario/a. Se segue a navegar está a dar o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e da nosa Política de Cookies. Detalles…