Novas recentes

“Rosalía de Castro escribiu a súa poesía en Padrón e editou ‘Cantares Gallegos’ en Vigo, asegurou o alcalde olívico  ||   Centos de persoas seguiron a intervención na praza de Macías, nun acto presentado por Belén Xestal  ||   La Misión e o grupo local Unión y Fuerza ofreceron os primeiros concertos dunhas festas que apostan por darlle protagonismo á música galega e as voces femininas  ||   A tradicional Feira Cabalar e o concerto de Fillas de Casandra son os principais atractivos da programación do Domingo de Pascua  ||   Padrón iniciou hoxe de xeito oficial a semana grande da Pascua, “unhas…
O Atletismo Sar foi o club con maior participación de atletas e José Pantín, de 78 anos, o máis veterano da proba  ||   Participaron uns 700 atletas entre categorías escolares e absoluta  ||   Elisa Boullosa e Martín Lestido foron os primeiros padroneses en cruzar a meta  ||       Marta Cabello Arias, do Club de Corresdores, e Carlos Porto Pazos, da S. Gimnástica de Pontevedra, foron os gañadores absolutos da XLIII Carreira Popular de Pascua que organiza o Concello de Padrón, e na que este ano participaron uns 700 atletas entre as categorías escolares e absolutas, nunha mañá na…
O goberno padronés conta coa Asociación Pura Raza Cabalo Galego para organizar os concursos morfolóxicos do domingo 31 Pola tarde, no Campo da Barca, haberá unha exhibición gratuíta de doma de alta escola  Pecharanse ao tráfico un tramo das estradas AC-307 e da AC-299 entre ás 10.00 e as 17.00 horas para garantir a seguridade O Concello de Padrón repartirá 3.370 euros en premios entre os exemplares que o vindeiro domingo, 31 de marzo, participen na Feira Cabalar de Pascua, que este ano estará organizada pola Asociación Pura Raza Cabalo Galego. A feira celebrarse no Campo da Barca, de 10.00…
Padrón busca equipo para representar o noso municipio nas Olímpiadas Tecnolóxicas. Poderán formar parte deste equipo rapazas e rapaces de entre 7 e 17 anos, que aprenderán a programar en scratch para crear o seu propio videoxogo. As clases, un total de nove, desenvolveranse entre o 10 de abril e o 5 de xuño na Aula Cemit en horario de 18.30 a 20.00 horas nas seguintes datas: Mércores 10 de abril Venres 19 de abril Mércores 24 de abril Venres 3 de maio Mércores 8 de maio Luns 13 de maio Martes 21 de maio Mércores 29 de maio Mércores…
A calidade dos expositores e a afluencia de visitantes marcan o certame celebrado no Convento do Carme O alcalde Anxo Arca e a corporación municipal participaron na inauguración e na entrega de galardóns José Freire, organizador da expofeira, anunciou a creación dunha nova categoría na próxima edición: as camelias rexistradas en Galicia O Convento do Carme acolleu esta fin de semana a oitava edición da Exposición da camelia e do bonsái coa participación dun total de 34 expositores que completaron o aforo e a visita de centos de persoas. O bo tempo e a singularidade da mostra organizada polo Concello…
O bo tempo e a ampla oferta de actividades foron un reclamo para os centos de persoas que gozaron das diferentes propostas A veciñanza e os visitantes desfrutaron dos postos de artesanía e de produtos de proximidade situados entre a rúa Longa e a praza da Igualdade  A troula veu de man da música en directo coas DJ Riquinha e  Bonita&Sabrosa o Grupo Dalsi O bo tempo acompañou á celebración este sábado do mercado ‘Voces Delas’ no Concello de Padrón. Esta cita, incluída dentro do programa elaborado pola Concellería de Igualdade e o CIM para conmemorar o Día Internacional da…
Están á venda 5 millóns de boletos en toda España para o sorteo que se celebrará o 26 de marzo Á presentación asistiron o alcalde, Anxo Arca; o director da ONCE en Santiago, José Antonio Riveiro; e o autor da ilustración, Masito Beiró O director da ONCE en Santiago, José Antonio Riveiro; o alcalde de Padrón, Anxo Arca, e o autor da ilustración, Masito Beiró, presentaron esta mañá na casa consistorial padronesa o primeiro cupón diario dedicado ás Festas de Pascua. Riveiro indicou que a ONCE ten á venda cinco millóns de boletos en toda España, a un prezo de…
A localidade polaca de Andrychow acolleu do 13 ao 16 de marzo de 2024 o cuarto encontro do proxecto europeo Reforzar a identidade europea en tempos de crise, liderado polo Concello de Padrón e financiado pola Unión Europea a través do programa Cidadáns, Igualdade, Dereitos e Valores (CERV) da Rede de Cidades da UE. O alcalde de Padrón, Anxo Arca, participou nesta xuntanza. O evento, titulado "O papel das mulleres na Europa do século XXI", reuniu a 78 participantes de 16 países europeos. As actividades centráronse na igualdade de xénero e a participación cívica das mulleres, ademais de abordar os…
20 de marzo de 2024 O Concello de Padrón publica o anuncio de aceptación de renuncias e adxudicación ás seguintes licitadoras admitidas no procedemento convocado para a adxudicación das autorización de uso das parcelas das Festas da Pascua 2024-2027. O anuncio pode verse picando nesta ligazón.     15 de marzo de 2024 O Concello de Padrón publica a aceptación de renuncias e as segundas adxudicacións das parcelas para as festas da Pascua 2024 ao 2027. O anuncio pode verse na seguinte ligazón.   14 de marzo de 2024 O Concello de Padrón publica unha corrección de erros do decreto 220/2024, de adxudicación das…
O domingo 31 de marzo de 2024 desenvolverase a tradicional e centenaria Feira Cabalar da Pascua do Concello de Padrón, unha cita imprescindible no calendario de feiras en Galicia e que congrega a multitude de gandeiros, afeccionados e visitantes. Para participar nos concursos morfolóxicos é preciso anotarse antes do 23 de marzo ás 11.00 horas, remitindo a ficha de inscrición cuberta e asinada ao correo electrónico Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.. Repartiranse un total de 3.370 euros en premios nos concursos morfolóxicos organizados pola Asociación Pura Raza Cabalo Galego, que se desenvolverán a partir das 10.00 horas. Xa pola tarde, a partir das 17.00…
Páxina 25 de 83

 

PadronCaminoEDestino

Contacto

Pode contactar co Concello de Padrón a través dos seguintes medios:

  • Enderezo: Rúa Longa, 27 - 15900 Padrón
  • Teléfono: (+34) 981 810 451
  • Correo electrónico: correo@padron.gal

 

Plan Único POS+ Deputación da Coruña

Outros sitios web de interese

 
 
App Padrn removebg preview
 
Descarga a App de Turismo de Padrón.
Top

Aviso legal - Política de privacidade - Política de cookies - Máis información sobre as cookies

Ligazón temporal á antiga páxina web

Este sitio web utiliza cookies para que vostede poida ter a mellor experiencia de usuario/a. Se segue a navegar está a dar o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e da nosa Política de Cookies. Detalles…