-
A primeira quenda é para as persoas empadroadas en Padrón
-
A ampla oferta de actividades súmase o judo para menores de idade
-
O curso comeza o 23 de setembro e rematará o 18 de xuño
O Concello de Padrón inicia o seu programa deportivo para o curso 2024-2025, que abarcará tanto as Escolas Deportivas Municipais como actividades para adultos. As actividades comezarán o 23 de setembro e finalizarán o 18 de xuño do próximo ano. Entre as novidades deste curso, destaca a incorporación do judo para menores de idade.
O proceso de matriculación para as persoas empadroadas en Padrón comezará o luns 9 de setembro. Para o resto do público, a inscrición abrirase o 16 de setembro. As cotas de matrícula para este curso mantéñense similares ás do ano anterior. Así, os menores de 3 a 17 anos aboarán 40 euros de matrícula e 5 euros por actividade; á mocidade de 18 a 25 anos, 50 € de matrícula e 7 € por actividade; os adultos de máis de 26 anos, pagarán 60 € de inscrición e 10 € por actividade. O Concello de Padrón tamén contempla o carné familiar (matrimonio e fillos menores de 18 anos). Neste caso a matrícula para o curso completo será de 120 euros e 5, 7 e 10 euros por actividade. As familias numerosas terán unha bonificación do 10%. Adicionalmente, para a nova Escola Deportiva de Judo, será necesario abonar un pagamento extra de 25 euros anuais en concepto de ficha federativa.
A inscrición formalizarase no Centro Social do Concello, situado no Campo do Souto, e na Oficina de Deportes. Os interesados poden contactar aos teléfonos 664 076 974 e 981 811 329, ou enviar un correo electrónico a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. e Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo..
O programa das Escolas Deportivas Municipais incluirá disciplinas como atletismo, baloncesto, fútbol sala, judo, motricidade, patinaxe artística, tenis, voleibol, ximnasia rítmica e xadrez. As actividades realizaranse en diferentes locais, como o pavillón do Souto, o pavillón do Grupo Escolar e a sede da SC Padronesa.
Para adultos maiores de 14 anos, ofértanse actividades como cardio-fit, escola de espalda, fit-bike, tonificación, pilates, GAP-cardio, ximnasia de mantemento, hipopresivos, tenis, xogos populares e ioga-relaxación.
O programa tamén incluirá actividades físicas para maiores de 50 anos a través de ATEGAL-Aulas Sénior de Padrón. Neste caso, as persoas interesadas deben contactar directamente coa oficina de ATEGAL no Centro Social ou aos teléfonos 611 030 451 e 981 811 329.