-->

Padrón honra ás lendas do ciclismo da comarca do Sar antes de acoller a 11ª etapa de La Vuelta

  • O alcalde Anxo Arca xunto aos concelleiros do grupo de goberno recibiron no Concello a Blanco Villar, José Manuel Oliveira e José Ángel Vidal 

  • Os tres exciclistas asinaron no Libro de Honra e posaron cos polos conmemorativos 

  • A recepción, xunto ao Día da bici celebrado o pasado sábado, forman parte das festividades previas á disputa da ronda ciclista

  • “Padrón está enormemente agradecido e orgulloso da vosa contribución a este deporte que hoxe enche de emoción todo o noso pobo”, subliñou o rexedor

 

O Concello de Padrón foi escenario esta mañá dun emotivo acto de recoñecemento e agradecemento ás destacadas figuras do ciclismo da comarca do Sar que deixaron a súa pegada na Vuelta a España. O alcalde, Anxo Arca, acompañado polos concelleiros do grupo de goberno, recibiu a Suso Blanco Villar, José Manuel Oliveira e José Ángel Vidal, ex ciclistas que se converteron en auténticos embaixadores do deporte e da nosa terra.

20240827 firma libro honra ciclistas11 (1)

Os tres ex ciclistas asinaron no Libro de Honra do Concello en recoñecemento aos seus importantes logros nunha das carreiras ciclistas máis prestixiosas do mundo. Este evento forma parte dos actos previos á undécima etapa de La Vuelta a España, que se disputará mañá, 28 de agosto, con saída e chegada no Campus Tecnolóxico Cortizo-Padrón.

20240827 firma libro honra ciclistas11 (3)

A recepción de hoxe, xunto co Día da Bicicleta celebrado o pasado sábado en colaboración co Concello de Rois, son parte integral das festividades que enmarcan o paso da volta ciclista por Padrón. Durante o acto, Blanco Villar, Oliveira e Vidal foron agasallados co polo conmemorativo que o Concello repartiu entre a veciñanza para celebrar o importante evento de mañá.

20240827 firma libro honra ciclistas11 (4)

O alcalde Anxo Arca tivo palabras de profundo agradecemento e admiración para os tres ciclistas. “Padrón está enormemente agradecido e orgulloso da vosa contribución a este deporte que hoxe enche de emoción todo o noso pobo”, destacou o rexedor. “A vosa participación en tantas competicións, especialmente en La Vuelta a España, non só non se esquece, senón que continúa a ser un gran exemplo de superación, de que con esforzo, ilusión, constancia e sacrificio se poden acadar éxitos moi importantes”, continuou Anxo Arca antes de destacar: “A cidadanía padronesa tenvos un cariño enorme, como xa puidéchedes constatar o pasado sábado no Día da Bicicleta. Moitísimas grazas por cada pedalada levando a nosa terra na cabeza e no corazón”.

O Concello de Padrón reafirma o seu compromiso co deporte e coa promoción dos valores de esforzo e dedicación que exemplifican figuras como Suso Blanco, José Manuel Oliveira e José Ángel Vidal.

 

PadronCaminoEDestino

Contacto

Pode contactar co Concello de Padrón a través dos seguintes medios:

  • Enderezo: Rúa Longa, 27 - 15900 Padrón
  • Teléfono: (+34) 981 810 451
  • Correo electrónico: correo@padron.gal

Outros sitios web de interese

 
 
App Padrn removebg preview
 
Descarga a App de Turismo de Padrón.
Top

Aviso legal - Política de privacidade - Política de cookies - Máis información sobre as cookies

Ligazón temporal á antiga páxina web

Este sitio web utiliza cookies para que vostede poida ter a mellor experiencia de usuario/a. Se segue a navegar está a dar o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e da nosa Política de Cookies. Detalles…