-->

Anxo Arca asiste á inauguración do Programa Integrada de Emprego de Dodro 2024-2025 no que se forman 100 persoas desempregadas

A Consellería de Emprego, Comercio e Emigración financia esta formación cunha subvención de 220.000 euros  ||  

Neste programa participan os concellos de Padrón, Rois, Dodro, Valga, Catoira e Pontecesures  ||  

 

20250117 Presentacion PIE 24 25 Padron Rois en Pontecesures 3

 

 

O alcalde de Padrón, Anxo Arca, asistiu este 17 de xaneiro ao acto de inauguración do Programa Integrado de Emprego (PIE) de Dodro 2024-25, no que participan os municipios de Padrón, Rois, Dodro, Catoira, Pontecesures e Valga para formar a 100 persoas demandantes de emprego destes municipios.

O acto oficial celebrouse no salón de plenos do Concello de Pontecesures, presidido pola súa alcaldesa, Maite Tocino. Ademais de Anxo Arca, ao mesmo asistiron os alcaldes de Dodro, Xavier Castro; Rois, Ramón Tojo, e Catoira, Xoan Xosé Castaño, e a técnico de emprego de Valga, María José Devesa.

O obxectivo do PIE  é mellorar a empregabilidade das persoas participantes a través de accións de orientación e asesoramento, formación, técnicas de coaching, habilidades sociolaborais e obradoiros de entrevista, fomento da capacidade emprendedora, prospección empresarial, intermediación laboral, prácticas non laborais e obradoiros de mobilidade laboral.

A execución deste programa é posible grazas á subvención de 220.000 € concedida por resolución do 30 de setembro de 2024 da directora xeral de Formación e Cualificación para o Emprego da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, ao abeiro do disposto na Orde do 28 de maio de 2024 (DOG nº 112 do 11 de xuño de 2024).

A presentación desta nova edición do Programa Integrado de Emprego tivo moi boa acollida entre as persoas participantes no programa, que encheron o salón de plenos do Concello de Pontecesures. 

Os alcaldes e alcaldesa dos concellos participantes destacaron a importancia deste tipo de iniciativas para fomentar o emprego e o desenvolvemento profesional nestes concellos.

 

PadronCaminoEDestino

Contacto

Pode contactar co Concello de Padrón a través dos seguintes medios:

  • Enderezo: Rúa Longa, 27 - 15900 Padrón
  • Teléfono: (+34) 981 810 451
  • Correo electrónico: correo@padron.gal

 

Plan Único POS+ Deputación da Coruña

Outros sitios web de interese

 
 
App Padrn removebg preview
 
Descarga a App de Turismo de Padrón.
Top

Aviso legal - Política de privacidade - Política de cookies - Máis información sobre as cookies

Ligazón temporal á antiga páxina web

Este sitio web utiliza cookies para que vostede poida ter a mellor experiencia de usuario/a. Se segue a navegar está a dar o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e da nosa Política de Cookies. Detalles…