-->

Miryam Vidal entrégalle ao Concello de Padrón tres exemplares do seu primeiro libro ‘Romeo y yo’

O alcalde, Anxo Arca, recibiu a escritora e perruqueira padronesa e animouna a continuar publicando  !!  

“É un orgullo para min poder ver a miña obra na biblioteca do meu pobo”, asegura a autora  !!  

Publicada por Avant Editorial, a obra aborda a historia de amor dunha viúva e dun famoso artista musical  !!  

 

20250128 Miryam Vidal entrega 3 exemplares Romeo y yo a Concello Padron 4

O alcalde Anxo Arca agradeceulle á escritora e perruqueira padronesa Miryam Vidal que lle regalase tres exemplares do seu primeiro libro á biblioteca municipal para compartir a súa obra con toda a veciñanza. Romeo y yo trata sobre a historia de amor entre unha escritora viúva e un famoso artista musical e sobre os desafíos que deben afrontar para manter a súa relación. 

“Como padronesa, é un orgullo para min poder ver a miña obra na biblioteca do meu pobo”, asegurou a escritora durante a conversa que mantivo na alcaldía con Anxo Arca. Faladora, con sentido do humor e de carácter inquedo, Miryam Vidal escribiu Romeo y yo nun momento delicado da súa vida. “Estábame divorciando e escribir serviume como terapia para soportar o proceso no que me atopaba nese momento”.

Aínda que en principio non tiña pensado dar a coñecer nada do escrito, a autora explica que a alentou a propia editorial e “decidinme a publicar a obra por satisfacción persoal de ver o meu relato convertido nun libro”.

Anxo Arca animouna a seguir escribindo e compartir o seu traballo coa veciñanza. A escritora e propietaria da perruquería Fetén non descarta publicar unha segunda parte desta historia. Vidal defínese como unha persoa inqueda. “Sempre estou facendo cousas, cando non estou traballando ou escribindo dedícome a ler, camiñar, compartir tempo cos meus ou escoitar música”.

Miryam Vidal presentou o seu primeiro libro o pasado 11 de xaneiro no auditorio municipal de Padrón, acompañada polos xornalistas Miguel Piñeiro e María Xosé Rodríguez. Ao acto asistiron máis dun cento de persoas, moitas das cales levaron un exemplar asinado.

Ademais da historia de amor e dos retos que deben afrontar Soledad Torres e William Vega, Miryam Vidal aborda en Romeo y yo outros temas, como as drogas, o lado malo da fama e o choque de culturas e estilos de vida dos dous protagonistas.

Segunda de tres irmáns e nada en 1985, Miryam Vidal comezou xa no instituto a escribir relatos curtos. “Aquí, en Padrón, nacín, crieime, traballo e resido, ao tempo que lle transmito aos meus fillos o meu amor por este pobo”, asegura.

A escritora agradécelle ao equipo de goberno padronés “o seu apoio ao meu proxecto”, e aínda que non sabe onde "chegará esta aventura” que acaba de comezar, Miryam Vidal asegura que sempre levará “o nome de Padrón alá onde vaia”.

 

 

PadronCaminoEDestino

Contacto

Pode contactar co Concello de Padrón a través dos seguintes medios:

  • Enderezo: Rúa Longa, 27 - 15900 Padrón
  • Teléfono: (+34) 981 810 451
  • Correo electrónico: correo@padron.gal

Outros sitios web de interese

 
 
App Padrn removebg preview
 
Descarga a App de Turismo de Padrón.
Top

Aviso legal - Política de privacidade - Política de cookies - Máis información sobre as cookies

Ligazón temporal á antiga páxina web

Este sitio web utiliza cookies para que vostede poida ter a mellor experiencia de usuario/a. Se segue a navegar está a dar o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e da nosa Política de Cookies. Detalles…