-->

O Concello de Padrón convoca o concurso de disfraces do Entroido do 17 febreiro

Repartiranse máis de 5.400 euros entre as seis categorías establecidas, cada unha con tres premios en metálico ||

O desfile celebrarase coincidindo co sábado de piñata ||

As inscricións pódense facer no Centro Social e por correo electrónico ata o xoves 15 de febreiro, ás 14.00 horas ||

Cartel Entroido Padron 2024 A 3

O Concello de Padrón convoca o concurso de disfraces do Entroido 2024 que se celebrará o vindeiro 17 de febreiro, coincidindo co sábado de piñata, e que repartirá máis de 5.400 euros en premios.

O concurso de disfraces, carrozas e comparsas do Entroido de Padrón, que se celebrará durante o desfile que comezará ás 17.00 horas, contempla seis modalidades: Individual infantil (de 0 a 14 anos); adulto individual (maiores de 14); parella; comparsa/grupo de ata 20 membros; comparsa/grupo de máis de 20 membros e comparsa ou grupo local de máis de 10 membros. Cómpre subliñar ademais que os menores de idade que participen no concurso deberán ir acompañados dunha persoa adulta ao longo do percorrido do desfile.

A modalidade infantil individual conta con 90, 60 e 30 euros para os tres primeiros clasificados, respectivamente. Na categoría adulto individual, haberá un primeiro premio de 120 euros, un segundo de 90 e un terceiro de 60. As parellas gañadoras repartiranse un total de 360 euros (150, 120 e 90 euros).

Pola súa banda, na categoría de comparsa ou grupo de ata 20 membros repartiranse 1.300 euros en premios, cun primeiro premio de 600 euros, un segundo de 400 e un terceiro de 300.

Na modalidade de comparsa ou grupo de máis de 20 membros, repartiranse 2.000 euros con 1.000, 600 e 400 euros para os tres primeiros clasificados.

O Concello premia ademais ás comparsas/grupos locais de máis de 10 membros cunha contía con 600 euros para o vencedor, 400 para o segundo e 300 euros para o terceiro.

Mantense a gratificación por participar de 250 euros para as comparsas/grupos maiores de 40 membros. No caso das comparsas de 10 membros ou máis nas que o 60 % dos/das participantes estean empadroados/as neste concello percibirán 100 €. Tamén as asociacións e centros educativos locais que se inscriban no concurso como comparsa/grupo recibirán 200 €. As gratificacións non son acumulativas

Inscricións

Todas aquelas persoas que desexen participar no concurso do Entroido 2024 de Padrón deberán formalizar a súa inscrición nas oficinas do Centro Social ata o xoves 15 de febreiro, ás 14.00 horas. Tamén poderán anotarse enviando un correo electrónico ao enderezo Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.. Neste caso, será imprescindible que a Concellaría de Festexos confirme a recepción da folla de inscrición.

Antes de comezar o desfile de Entroido, cada participante recibirá un dorsal. O xurado valorará a orixinalidade dos disfraces, a creatividade, a imaxinación e posta en escena durante o percorrido do desfile en cada unha das categorías.

As persoas que participen no concurso non poderán difundir propaganda política nin realizar acto algún de campaña electoral ao coincidir o desfile coa xornada de reflexión das eleccións autonómicas.

As bases e as follas de inscrición pódense consultarse nos seguintes enlaces:
 

 

PadronCaminoEDestino

Contacto

Pode contactar co Concello de Padrón a través dos seguintes medios:

  • Enderezo: Rúa Longa, 27 - 15900 Padrón
  • Teléfono: (+34) 981 810 451
  • Correo electrónico: correo@padron.gal

Outros sitios web de interese

 
 
App Padrn removebg preview
 
Descarga a App de Turismo de Padrón.
Top

Aviso legal - Política de privacidade - Política de cookies - Máis información sobre as cookies

Ligazón temporal á antiga páxina web

Este sitio web utiliza cookies para que vostede poida ter a mellor experiencia de usuario/a. Se segue a navegar está a dar o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e da nosa Política de Cookies. Detalles…