Novas recentes
A Xunta selou hoxe co Concello de Padrón o acordo para investir 3 millóns de euros na redución do risco de inundación nos ríos Ulla e Sar, coa previsión de licitar as obras a mediados do vindeiro ano. A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, asinou hoxe co alcalde de Padrón, Antonio Fernández Angueira, este convenio de colaboración para impulsar as actuacións necesarias para reducir o risco de asolagamentos. Vázquez Mourelle informou de que a Xunta está actualmente centrada no impulso dos proxectos construtivos das obras, prevendo que a comezos de ano se estean redactando xa todos os documentos…
O Concello de Padrón, xunto con ATEGAL, presenta as diferentes actividades do programa de envellecemento activo para persoas maiores de 50 anos para o curso 2021/20202. Podes consultalo aquí. As clases comezarán o 18 de outubro e a matrícula abrirase o próximo 15 de setembro, para persoas empadroadas en Padrón; e o 22, para as persoas maiores de 50 anos da comarca. A cota da matrícula será de 58 euros por persoa ou 100 euros, no caso de matricularse en parella. Poderá formalizarse no Centro Social do Concello de Padrón, no teléfono 981 81 13 29 ou no correo Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo..…
O Concello de Padrón presenta a oferta de actividades nas escolas deportivas municipais para o curso 2021/20202, que terá lugar do 27 de setembro ao 21 de xuño. Podes consultala aquí. A matrícula abrirase o vindeiro luns 13 de setembro, para persoas empadroadas en Padrón, e o 20 de setembro, para o público en xeral. Unha matrícula que poderá formalizarse na oficina de deportes do Centro Social do Concello de Padrón, no teléfono 664 07 69 74 ou no correo Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.. As escolas deportivas inclúen na súa oferta: motricidade, ximnasia rítmica, baby basket, fútbol sala, baloncesto, atletismo, tenis, xadrez e…
O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, visitou hoxe o colexio CEIP Flavia (Padrón) onde anunciou que a Xunta vén de licitar por máis de 915.000 euros as obras de rehabilitación integral do centro escolar padronés. Unha visita na que estivo acompañado pola concelleira de Cultura, Lorena Couso, e integrantes da dirección do centro, cos que percorreron as instalacións educativas.As obras, que se veñen de licitar por un importe de 915.243 euros e un prazo de execución de cinco meses, inclúen a reparación da cuberta do edificio coa substitución do material actual por tella cerámica curva, a rehabilitación…
As visitas guiadas “Camiño branco de Rosalía” da compañía teatral Os Quinquilláns por Padrón, están tendo moi boa acollida, cubrindo o aforo nas primeiras visitas. O espectáculo “Camiño branco de Rosalía” en memoria do poema “Camino blanco, viejo camino, permite aos visitantes coñecer as figura de Rosalía de Castro, mentres percorren todo o casco de Padrón. A actividade ten lugar os mércores e venres ás 12 h, con saída dende o Fondo da Vila e chegada ao Paseo do Espolón. A asistencia é de balde pero o número de prazas está limitado a 20 persoas por quenda, polo que é…
Turismo de Padrón vén de poñer en marcha unha nova iniciativa para a promoción do Camiño da Pedronía, nesta ocasión entre os máis cativos do municipio. Trátase da creación do personaxe “Dona Pedronía”, que pretende achegar aos nenos e nenas as orixes de Padrón como berce do fenómeno Xacobeo e explicar as razóns polas que se realiza o Camiño da Pedronía. Desde Turismo de Padrón crearonse unhas fichas didácticas para os nenos e nenas con distintos xogos sobre a Pedronía e o fenómeno xacobeo. “A nosa intención é realizar actividades durante o curso nos centros escolares de Padrón con Dona…
O Concello de Padrón traballa para poñer en marcha en setembro unha serie de actividades e estratexias nutricionais que serán realizadas nos colexios do municipio durante o curso 2021-2022. “Todas estas actividades constarán dunha parte na que os nenos e nenas do CEIP Flavia e do CEIP Rosalía de Castro terán que responder a preguntas sobre hábitos de nutrición saudables mediante xogos, adiviñas, encrucillados... Os acertos serán premiados con vales de desconto que poderán canxear nos comercios de Padrón que se sumen ao proxecto”, explica Lorena Couso, concelleira de Cultura. O programa, denominado “Sana el Hoy”, buscará fomentar unha alimentación…
Douscentos ciclistas de 25 equipos tomarán parte na 59 edición da Clásica de Pascua-Ruta Xacobea 2021, que terá lugar este sábado 7 de agosto. Unha proba con inicio e chegada na avenida de Compostela de Padrón e que percorrerá un total de 145 quilómetros polos municipios de Padrón, Dodro, Rianxo, Teo, Santiago, Ames, Brión e Rois. A carreira, organizada polo Club Ciclista Padrones-Aluminios Cortizo, foi presentada esta tarde no auditorio municipal de Padrón nun acto que contou coa presenza do alcalde, Antonio Fernández; a concelleira de Deportes, Lorena Couso; o presidente da Federación Galega de Ciclismo, Juan Carlos Muñiz, e…
O Concello de Padrón apoia a volta á normalidade da Banda Municipal de Música de Padrón a través dun acordo de colaboración que propiciará a realización de sete concertos noutras tantas aldeas do municipio durante os meses de agosto e setembro. Unhas actuacións que, en todo caso, terán lugar ás 20:00 horas e serán de asistencia libre e gratuíta, ata completar o aforo que delimiten as autoridades sanitarias. A concelleira de Cultura, Lorena Couso, explica que “dende o Concello de Padrón quixemos colaborar coas distintas agrupacións musicais do municipio, sobre todo despois de todo este tempo sen actuacións pola Covid.…
O alcalde de Padrón, Antonio Fernández Angueira, entregou esta mañá a Xesús Palmou, director da Academia Xacobea, cuarto galardón “Padrón, Berce do Xacobeo”, que o acredita como Peregrino de Honra do Concello de Padrón. Un acto que tivo lugar na Igrexa parroquial de Santiago e ao que asistiron a familia do homenaxeado, a directora xeral de Turismo de Galicia e terceira Peregrina de Honra, Nava Castro; os alcaldes de Rois, Ramón Tojo, e de Dodro, Xabier Castro; así como as concelleiras de Festexos de Padrón, María del Carmen Bustelo, e de Turismo de Valga, Malena Isorna, entre outras autoridades. “Santiago…