Novas recentes
O Concello de Padrón distinguirá a Xesús Palmou, director da Academia Xacobea, como Peregrino de Honra no transcurso dun acto que terá lugar o próximo sábado 24 de xullo, ás 13:30 horas, na Igrexa parroquial de Santiago. O alcalde de Padrón, Antonio Fernández, será o encargado de entregarlle o cuarto galardón “Padrón, Berce do Xacobeo”, dentro do programa de actividades do Día do Peregrino. “Trátase dun premio que entregamos cada ano a unha persoa de relevancia, que fará de embaixador padronés e do noso Camiño aló por onde vaia durante o próximo ano”, explica Antonio Fernández. O “Padrón, Berce do…
A campaña ‘Padrón Experiencias 2021’ conclúe cunha participación de preto de 5.000 persoas e cun alcance de 129.448 persoas en redes sociais. Co obxectivo de activar o consumo local e de impulsar a promoción dos distintos establecementos de Padrón, o Concello a través da concellaría de Turismo puxo en marcha o programa ‘Padrón Experiencias 2021’, que se desenvolveu ao longo dos primeiros meses do ano, concretamente durante 11 semanas. A través desta iniciativa sorteáronse estancias en hoteis, ceas ou comidas en restaurantes, packs de produtos locais e tamén vales para canxear no comercio local. Os sorteos realizáronse a través da…
A tempada de verán na piscina municipal do Concello de Padrón arrinca este sábado 3 de xullo na Escravitude. A piscina estará aberta ata o 5 de setembro. “Un ano máis abrimos a piscina para o goce de toda a poboación de Padrón e, ao igual que no último exercicio, organizamos a tempada de verán cuns estritos protocolos de seguridade por mor da Covid-19”, indicou Lorena Couso, concelleira de Deportes. Para garantir a seguridade de toda a veciñanza, establecerase un estrito protocolo de seguridade sanitaria, polo que será obrigatorio o uso de máscara nos accesos, desprazamentos e paseos polas zonas…
A Concellaría de Turismo do Concello de Padrón pon en marcha unha nova exposición na rúa. Baixo o título ‘A pegada Xacobea en Padrón’ a mostra afonda na tradición Xacobea e a súa vinculación coa capital da comarca do Sar a través de imaxes de gran formato. As fotografías expoñeranse durante os meses de verán a través dun total de 9 cubos, que se poden atopar en distintos espazos da vila padronesa. A maiores hai un décimo cubo con toda a información detallada das visitas teatralizadas que terán lugar este verán tamén en relación co Xacobeo. Os cubos están localizados…
O Concello de Padrón retoma as visitas teatralizadas da man de ‘Chronicón Iriense’, ‘Camiño branco de Rosalía’ e ‘A Traslatio’ durante os meses de xullo, agosto, setembro e outubro. “Agora que a situación sociosanitaria permite realizar este tipo de actividades, consideramos que é preciso poñer en valor a tradición Xacobea do noso municipio neste Ano Santo”, explicou Lorena Couso, concelleira de Turismo do Concello de Padrón. No mes de xullo todos os sábados ás 12:00 horas haberá unha saída dende Iria Flavia que rematará no casco histórico de Padrón baixo o título ‘Chronicón Iriense’. Neste caso, o actor Suso Martínez…
A campaña ‘Vive Padrón’ arranca o 1 de xullo cun concurso nas redes sociais, concretamente a través de Instagram. Trátase dunha iniciativa que pretende impulsar o turismo e comercio local, ao mesmo tempo que se erixe coma unha proposta sostible. O concurso invita ás persoas participantes a compartir un selfie no seu perfil persoal de Instagram, a fotografía pode ser individual ou grupal. O requisito imprescindible é que a imaxe sexa tomada nun dos recursos culturais, patrimoniais, etnográficos, naturais ou gastronómicos de Padrón. Para consolidar a participación haberá que etiquetar a conta de instagram de @padronturismo, empregar o hashtag #VivePadrón…
‘Te llamaré Matrioska’ é o título da obra gañadora do Concurso de Narrativa do Premio Literario Camilo José Cela que outorga o Concello de Padrón neste 2021. O autor é Miguel Sánchez Robles, que conta cunha importante obra literaria pola que obtivo grandes recoñecementos literarios a nivel nacional e internacional como, por exemplo, o Premio ‘Javier Torneo’ da Universidade Rey Juan Carlos de Madrid, o Premio Torrente Ballester de narrativa no 2019 ou o Premio Internacional de poesía “Claudio Rodríguez”, entre moitos outros. A concelleira de Cultura, que exerceu de presidenta do xurado, destacou que “todas as obras presentadas neste…
O Concello de Padrón presenta o novo programa de conciliación para o verán, ‘Concilia Verán 2021’, que terá lugar ao longo do mes de xullo en horario de 08:00 a 14:30 horas. O prazo para inscribirse ábrese o vindeiro 17 de xuño e estará aberto ata o día 22 de xuño. O programa está dirixido a nenos e nenas de entre 3 e 12 anos de idade. O departamento de Servizos Sociais organizou dúas quendas, a primeira entre o 1 e o 15 de xullo e a segunda entre o 16 e o 30 de xullo. O prezo por quenda…
O Concello de Padrón inaugura o venres 18 de xuño unha nova exposición fotográfica na rúa, ‘A rede visible’, que organiza o CIM de Padrón con motivo da celebración do Día Internacional polos dereitos do colectivo LGTBI, o vindeiro 28 de xuño. A exposición componse de 16 paneis verticais de vinilo con imaxes de mulleres galegas reais. A mostra articulase co obxectivo de dar visibilidade ás mulleres bisexuais, lesbianas ou trans. As mulleres desta exposición amosan con orgullo a súa diversidade e a súa vida en tódolos eidos alén dos prexuízos ou das expectativas alleas. Segundo denuncian dende a Asociación…
A concellaría de Deportes do Concello de Padrón presenta a nova edición do Campus Deportivo de Verán, que nesta ocasión terá lugar entre o 28 de xuño e o 31 de xullo. Trátase dunha actividade para nenos e nenas de entre 6 e 15 anos. A concelleira de Deportes, Lorena Couso, explicou que “a organización destas actividades contribúen a favorecer e facilitar a conciliación da vida laboral e persoal das familias de Padrón, polo que consideramos moi importante manter estes proxectos, tendo en conta en todo momento as medidas de seguridade sanitarias”. As prazas son limitadas e o período para…