-->

A concelleira Mariló Saco pecha o curso das Aulas Ategal de Padrón, as máis numerosas de Galicia

Este ano participaron 274 persoas nas diferentes modalidades que ofertan de formación permanente para maiores  ||  

Saco Vigo resalta o “dinamismo” das persoas participantes e díxolles: “Facedes un Padrón máis xeneroso”  ||  

A exposición dos traballos realizados pódese ver ata o mércores no auditorio municipal  ||  

Paula Sande agradécelle ao profesorado “os valores que compartides con todos nós para seguir mellorando”  ||  

20240607 Padron clausura curso aulas Ategal 13

A concelleira de Terceira Idade, Mariló Saco Vigo, clausurou esta mañá o curso 2023-2024 das Aulas Ategal de Padrón, que seguen sendo as máis numerosas de Galicia con 274 persoas matriculadas maiores de sesenta anos. “É de admirar o dinamismo de todas as persoas que participades nestas aulas. Facedes un Padrón máis xeneroso”, díxolle a concelleira, antes de invitalos a volver a matricularse o vindeiro mes de outubro nas múltiples actividades que se programan. No acto tamén estivo presente a alcaldesa en funcións, Ana Castro.

A directora das Aulas Ategal de Padrón, Cruz Taboada, resaltou a implicación do Concello padronés con esta iniciativa e alta participación das persoas maiores nas diferentes actividades, que teñen “por obxectivo fomentar o envellecemento activo”. Ao alumnado lembroulles a importancia de “seguir aprendendo para que non saian enrugas na mente”.

A directora das Aulas Ategal de Galicia, Paula Sande, agradeceulle tamén ao profesorado os “valores que compartides para seguir mellorando a calidade de vida de cada participante” e amosouse satisfeita pola alta matrícula que cada ano hai en Padrón. Sande tamén destacou a implicación do Concello de Padrón “que fai unha aportación xenerosa e está sempre atendo a resolver as necesidades de todas as persoas participantes”.

As aulas Ategal ofrecen en Padrón numerosas actividades que se poden agrupar en varios bloques. Práctica deportiva, actividades formativas e culturais, artes plásticas, novas tecnoloxías e actividades mais lúdicas como o cociña saudable, seminarios para traballar o desenvolvemento persoal e as visitas ao balneario de Cuntis e as viaxes culturais. 

Precisamente o alumnado de artes plásticas amosa nunha exposición algúns dos traballos que fixeron durante este curso en pintura ao óleo e en tela, manualidades, bordado e traballo con vidro. Estes traballos pódense ver ata o vindeiro mércores na antesala do auditorio municipal mañá, sábado 8, de 18.00 a 20.00 horas, e de luns a mércores de 10.00 a 13.00 e de 18.00 a 20.00 horas.

Ademais de visionar un vídeo cun resumo das actividades desenvolvidas este curso, os asistentes á clausura oficial tamén puideron gozar dunha representación teatral a cargo do alumnado de literatura das Aulas Ategal de Santiago. Dirixidos por Eva Campo puxeron en excea unha “lectura dramatizada” da obra de Alejandro Casanova Farsa y justicia del corregidor.

O acto clausura do curso rematou cun xantar de confraternidade no hotel Scala.

20240607 Padron clausura curso aulas Ategal 11

 

PadronCaminoEDestino

Contacto

Pode contactar co Concello de Padrón a través dos seguintes medios:

  • Enderezo: Rúa Longa, 27 - 15900 Padrón
  • Teléfono: (+34) 981 810 451
  • Correo electrónico: correo@padron.gal

 

Plan Único POS+ Deputación da Coruña

Outros sitios web de interese

 
 
App Padrn removebg preview
 
Descarga a App de Turismo de Padrón.
Top

Aviso legal - Política de privacidade - Política de cookies - Máis información sobre as cookies

Ligazón temporal á antiga páxina web

Este sitio web utiliza cookies para que vostede poida ter a mellor experiencia de usuario/a. Se segue a navegar está a dar o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e da nosa Política de Cookies. Detalles…