A concelleira de Turismo e Festejos, Chus Campos, e o de Deportes, Luis Mariño, entregáronlle agasallos a cada un dos grupos que este 15 de xuño participaron no XV Festival Folcklórico do Pedrón. A cita foi seguida por numeroso público, entre o que se topaban a alcaldesa en funcións, Ana Castro, e a concelleira Mariló Saco.
Organizado pola A.F.C. O Pedrón de Padrón en colaboración co Concello de Padrón, o festival ten como obxectivo protexer e difundir o noso legado cultural mesturando o baile, as cantareiras e as pandeireteiras.
Sobre o escenario da praza de Macías actuaron o Centro Cultural A Pontevevella de Teo, e a Agrupación Cultural Son d’Aqui de A Coruña, ademais do grupo oficial e a escola da A.F.C. O Pedrón.
Isabel Rico encargouse da presentación dos diferentes grupos. O agasallo artesanal que se lle entregou ás agrupacións participantes foi obra de Silvereira.