-->

Chega a Padrón o colector marrón, para uso exclusivo de residuos orgánicos

Desde o Concello de Padrón queremos adaptarnos aos novos criterios de xestión de residuos que nos indican tanto desde Europa como desde a propia Xunta de Galicia. Case a metade do lixo que producimos nas nosas casas é materia orgánica, por iso para cumprir coa lexislación vixente é moi importante que comecemos a definir cal vai a ser o noso modelo ao respecto. O modelo que nos ofrece Sogama entendemos que se adapta ás necesidades da nosa cidade, por iso optamos por poñer en marcha un novo proxecto: o colector marrón.
 
O colector marrón, a quinta fracción, que ten como uso exclusivo a recollida de residuos orgánicos, xa está instalado nas rúas do concello. Este novo depósito ten a particularidade de estar pechado coa finalidade de concienciar á veciñanza da separación de residuos orgánicos. Queremos ser máis sostibles e iso so será posible coa implicación de toda a cidadanía, por iso queremos facer unha chamada á participación das familias de Padrón neste novo proxecto, que de seguro sentará as bases do que será a futura recollida de lixo da nosa cidade.
 
Súmate ao voluntariado marrón. Buscamos familias e persoas concienciadas
 
Acaba de arrancar a campaña de sensibilización e divulgación e todas as familias de Padrón poderán dirixirse á carpa de “Ti tes a Chave” os vindeiros luns 24 e martes 25 de xuño en horario de 10.30 h a 13.30 h, na Praza de Macías e en horario de 15.30 h a 18.30 h na Praza Ánxel Baltar... Haberá moitas máis accións informativas a pé de rúa nas vindeiras semanas e meses, xa que este é un proxecto que ven para quedarse.
 
Para facer uso deste colector é preciso ter unha chave, a cal se poderá recoller nese mesmo punto informativo, xunto coa chave proporcionarase un cubo de 10 litros, bolsas compostables e un folleto informativo para facer un bo uso do colector.
 
Que residuos se deben meter neste colector
 
En canto aos residuos que deben ir neste colector marrón son: os restos de froita, verdura, carne e peixe, conchas de mariscos ou froitos secos, restos de pan, café, infusión, papel de cocina, restos de plantas, cortizas, e definitiva calquera resto orgánico.
Pola contra, o que nunca debe depositarse neste colector é, os envases, cueiros, compresas, bastonciños dos oídos, plásticos e outro tipo de residuos non orgánicos.
 
Un Padrón máis sostible é cousa de todos e todas, moitas grazas por colaborar.

 

PadronCaminoEDestino

Contacto

Pode contactar co Concello de Padrón a través dos seguintes medios:

  • Enderezo: Rúa Longa, 27 - 15900 Padrón
  • Teléfono: (+34) 981 810 451
  • Correo electrónico: correo@padron.gal

Outros sitios web de interese

 
 
App Padrn removebg preview
 
Descarga a App de Turismo de Padrón.
Top

Aviso legal - Política de privacidade - Política de cookies - Máis información sobre as cookies

Ligazón temporal á antiga páxina web

Este sitio web utiliza cookies para que vostede poida ter a mellor experiencia de usuario/a. Se segue a navegar está a dar o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e da nosa Política de Cookies. Detalles…