-->

Publicadas as listaxes de participantes admitidos no campus deportivo de verán

  • O Concello de Padrón organiza un novo campus deportivo para facilitar a conciliación no verán

  • Vai dirixido á rapazada de 6 a 15 anos con dúas quendas dispoñibles: do 24 de xuño ao 10 de xullo e do 11 ao 30 de xullo

  • Practicarán deportes e realizarán saídas ao Monte Santiaguiño, a Galipark, á piscina da Esclavitude e ao Aquapark de Cerceda

  • As inscricións abren do 3 ao 9 de xuño para persoas empadroadas

 

20240523 Campus deportivo veran 202417 de xuño de 2024

O Concello de Padrón publica as listaxes de participantes admitidos no Campus deportivo de verán 2024, tanto da primeira como da segunda quenda. 

Así mesmo, lembra que o custo por quenda é de 30€ por participante, 25€ para segundo/a irmán/á e 10€ para terceiro/a irmán/á e posteriores.

O pago da actividade deberá realizarse no número de conta: ABANCA ES13 2080 5493 1631 1010 0019, indicando no concepto CDV - nome e apelidos do/a neno/a

Por último, o xustificante de pago deberá entregarse na oficina de Deportes do centro social antes do inicio do campus.

CDV: Listaxe de admitidos/as na 1ª quenda

CDV: Listaxe de admitidos/as na 2ª quenda

 

23 de maio de 2024

O Concello de Padrón organiza o Campus Deportivo de Verán 2024, dirixido a rapazas e rapaces de entre 6 e 15 anos, co obxectivo de facilitar a conciliación da vida laboral e familiar durante as vacacións escolares. A actividade desenvolverase do 24 de xuño ao 30 de xullo, de luns a venres, con dúas quendas dispoñibles: a primeira quenda será do 24 de xuño ao 10 de xullo, mentres que a segunda terá lugar do 11 ao 30 de xullo.

O campus deportivo está destinado a nenos e nenas nados entre os anos 2009 e 2018, ambos os dous incluídos. Hai un total de 120 prazas dispoñibles, con 60 prazas por quenda. A matrícula ten un custo de 30€ por quenda e participante, cunha tarifa reducida de 25€ para o segundo irmán e de 20€ para o terceiro irmán e posteriores.

Entre as actividades programadas destacan o multideporte, xogos populares, subidas ao Monte Santiaguiño con actividades na natureza e xogos de orientación, marchas en bicicleta (co uso de casco obrigatorio), actividades acuáticas na piscina municipal da Escravitude, e diversas actividades en Galipark, como tirolinas, laser-tag e rocódromo. Tamén está prevista unha excursión ao Aquapark de Cerceda en cada quenda.

As inscricións deberán realizarse no rexistro do Concello de Padrón do 3 ao 9 de xuño para os solicitantes empadroados no municipio, e do 10 ao 14 de xuño para o público en xeral. O listado de admitidos publicarase o día 18 de xuño no taboleiro de anuncios do Concello de Padrón e na web www.padron.gal.

Para formalizar a inscrición, os pais, nais ou titores deberán entregar a ficha de inscrición cuberta e asinada, unha fotocopia do DNI e do libro de familia no caso de solicitar matrícula reducida para irmáns. Unha vez admitidos, será necesario realizar o pago na conta de ABANCA ES13 2080 5493 1631 1010 0019 e entregar o xustificante de pago na oficina de deportes do Centro Social antes do inicio do campus.

As actividades do campus partirán do Pavillón Grupo Escolar, agás os martes e xoves, cando os participantes se desprazarán ao Galipark e á piscina da Escravitude, respectivamente, onde serán recollidos. O transporte ao Aquapark de Cerceda, que tamén está incluído, terá como punto de encontro o Campo do Souto.

O calendario de actividades, as bases de participación e a ficha para inscribirse poden descargarse premendo nesta ligazón.

 

PadronCaminoEDestino

Contacto

Pode contactar co Concello de Padrón a través dos seguintes medios:

  • Enderezo: Rúa Longa, 27 - 15900 Padrón
  • Teléfono: (+34) 981 810 451
  • Correo electrónico: correo@padron.gal

Outros sitios web de interese

 
 
App Padrn removebg preview
 
Descarga a App de Turismo de Padrón.
Top

Aviso legal - Política de privacidade - Política de cookies - Máis información sobre as cookies

Ligazón temporal á antiga páxina web

Este sitio web utiliza cookies para que vostede poida ter a mellor experiencia de usuario/a. Se segue a navegar está a dar o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e da nosa Política de Cookies. Detalles…