-->

Padrón acende as luces de Nadal nunha xornada con moitas incidencias pola tormenta

20241201 PADRON acendido das luces de Nadal 1

O Concello de Padrón acendeu este domingo a iluminación de Nadal, a pesar de que o forte temporal rexistrado provocou numerosas incidencias, entre elas cortes no alumeado público e na decoración de Nadal en distintas zonas do termo municipal.

Os equipos de mantemento traballaron arreo toda a xornada para restablecer o servizo, pero algunhas das principais atraccións da iluminación non estiveron operativas debido a problemas técnicos ocasionados pola tormenta. Con todo, no casco urbano funcionaron as instaladas na maioría das rúas, así como as estruturas decorativas situadas na praza de Macías, Fondo de Vila e Baltar. Ademais, tamén funcionou a proxección sobre a fachada do convento do Carme, un dos elementos máis destacados deste Nadal.

20241201 PADRON acendido das luces de Nadal 2

Na rotonda da N-550 a altura do Hotel Escala un “Bo Nadal Padrón” dálle a benvida a todas as persoas que se achegan a Padrón.

Este ano, o Concello conta coa colaboración de sete grandes empresas do municipio, que aportaron 25.000 euros para financiar o alumeado de Nadal. O alcalde, Anxo Arca, e a concelleira de Turismo, Chus Campos, agradecéronlle esta contribución, que permitirá ampliar as zonas iluminadas tanto no casco urbano como no rural padronés, o que redundará en beneficio da veciñanza e do comercio e hostalaría local.

20241201 PADRON acendido das luces de Nadal 4

As empresas que participan que participan nesta iniciativa son Hotel Scala, Cortizo, Exlabesa, Mármoles Orosa, Finsa, Codega e Grúas Estación.

20241201 PADRON acendido das luces de Nadal 7

 

 

PadronCaminoEDestino

Contacto

Pode contactar co Concello de Padrón a través dos seguintes medios:

  • Enderezo: Rúa Longa, 27 - 15900 Padrón
  • Teléfono: (+34) 981 810 451
  • Correo electrónico: correo@padron.gal

Outros sitios web de interese

 
 
App Padrn removebg preview
 
Descarga a App de Turismo de Padrón.
Top

Aviso legal - Política de privacidade - Política de cookies - Máis información sobre as cookies

Ligazón temporal á antiga páxina web

Este sitio web utiliza cookies para que vostede poida ter a mellor experiencia de usuario/a. Se segue a navegar está a dar o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e da nosa Política de Cookies. Detalles…