-->

O Concello agradece a colaboración de grandes empresas para financiar o alumeado de Nadal

Os 25.000 euros aportados por sete firmas permitirán ampliar a iluminación no rural e no casco histórico, axudando a dinamizar o  pequeno comercio e hostalaría local  ||  

“Os avances na colaboración público privada en beneficio da cidadanía permiten que Padrón sexa punto de referencia do Nadal en Galicia”, asegura o alcalde  ||  

O domingo 1 de decembro acenderanse as luces ás 18.30 horas. Suspéndense os espectáculos programados en Fondo de Vila polas previsións de choiva  ||  

 

20241129 Padron agradece colaboracion empresas alumeado Nadal 3

 

A concelleira de Turismo e Festexos, Chus Campos, e o alcalde, Anxo Arca, agradecen a implicación de sete grandes empresas de Padrón que aportan 25.000 euros para financiar o alumeado de Nadal, que permitirán ampliar a iluminación e encher de luz o municipio a partir deste domingo, 1 de decembro, ás 19.30 horas. 

O Concello suspende os espectáculos programados para o acendido das luces debido as previsións de choivas que anuncia Meteogalicia.

As empresas que participan nesta iniciativa son Hotel Scala, Cortizo, Exlabesa, Mármoles Orosa, Finsa, Codega e Grúas Estación. Con esta aportación, o Concello poderá ampliar os espazos decorados no casco urbano, con máis arcos de luz e novos conxuntos de elementos que se extenderán ata os territorios do rural, ampliando así a iluminación en todo o municipio.

"Os avances en colaboración público privada en beneficio de toda a cidadanía é algo que, afortunadamente, se reforza en Padrón con cada iniciativa que dende o Concello lle propoñemos ás empresas da nosa contorna, sempre dispostas a botar unha man", asegura, Anxo Arca. Segundo o alcalde, “Padrón será, por segundo ano consecutivo, un punto de referencia fundamental do Nadal en Galicia”.

Chus Campos, pola súa banda, destaca a implicación das grandes empresas do municipio para potenciar o Nadal en Padrón. “É fermoso ver como estas firmas poñen recursos para axudar ao pequeno comercio e á hostalaría do noso pobo”, asegura a concelleira de Turismo, facendo referencia a que unha maior e mellor iluminación vai ser beneficiosa para o comercio local.

Alcalde e concelleira recibiron este venres a representantes das empresas na casa consistorial e, despois, fixéronse unha fotografía na rotonda da N-550 preto do hotel Scala, dende a que se recibe a todos os visitantes cun “Bo Nadal Padrón”.

Acendido das luces, domingo as 19.30 horas

A acendido das luces de Nadal en Padrón celebrarase mañá domingo, 1 de decembro, a partir das 18.30 horas. O Concello suspende as actividades programadas para este acto debido ás previsións de choivas que anuncia Meteogalicia. Por este motivo non se celebrará o espectáculo aéreo Inanna nin a paseo dos trasnos de Papá Noel polas rúas da vila.

 

 

 

PadronCaminoEDestino

Contacto

Pode contactar co Concello de Padrón a través dos seguintes medios:

  • Enderezo: Rúa Longa, 27 - 15900 Padrón
  • Teléfono: (+34) 981 810 451
  • Correo electrónico: correo@padron.gal

Outros sitios web de interese

 
 
App Padrn removebg preview
 
Descarga a App de Turismo de Padrón.
Top

Aviso legal - Política de privacidade - Política de cookies - Máis información sobre as cookies

Ligazón temporal á antiga páxina web

Este sitio web utiliza cookies para que vostede poida ter a mellor experiencia de usuario/a. Se segue a navegar está a dar o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e da nosa Política de Cookies. Detalles…