-->

O Concello de Padrón acolle a presentación do libro ‘Nosotras: el feminismo en la democracia’ de Carmen Calvo

  • O acto terá lugar mañá martes 7 de outubro ás 17.00 horas con entrada libre ata completar aforo 

  • A cita está organizada polos concellos de Padrón, Rois e Dodro a través do Centro de Información á Muller Terras de Iria 

  • A visita institucional inclúe unha recepción no concello de Padrón e a sinatura no libro de honra

 

O Concello de Padrón, a través do Centro de Información á Muller Terras de Iria, organiza xunto cos concellos de Rois e Dodro a presentación do libro Nosotras: el feminismo en la democracia, da presidenta do Consello de Estado e exvicepresidenta do Goberno, Carmen Calvo. O acto celebrarase mañá martes 7 de outubro ás 17.00 horas no Auditorio Municipal con entrada libre ata completar aforo. Ademais, as persoas asistentes poderán adquirir exemplares do libro no propio auditorio.

A visita de Carmen Calvo desenvolverase no marco dunha axenda institucional que contará coa participación dos alcaldes de Padrón, Anxo Arca, e de Dodro, Xabier Castro, así como da concelleira de Servizos Sociais de Rois, Mercedes Basante, da concelleira de Igualdade de Padrón, Mariló Saco, e do persoal do CIM. A programación inclúe unha recepción no Concello de Padrón, seguida da sinatura no libro de honra, antes da presentación pública do libro.

Publicado por Planeta, Nosotras propón unha crónica feminista do século XXI en clave política e social. A autora analiza os avances do feminismo en España dende a chegada da democracia e identifica os retos que seguen pendentes para garantir unha igualdade real. Considerada unha das voces feministas máis recoñecidas do país, Calvo defende a necesidade de reforzar a loita pola igualdade nun momento no que, ao seu xuízo, existe confusión arredor do propio concepto de feminismo.

A obra combina a reflexión histórica co compromiso persoal da súa autora, quen achega tamén propostas de acción concretas para combater as discriminacións de xénero. Ademais, bebe da súa experiencia vital e política, coa intención de recoñecerse en outras mulleres e de ofrecer unha mirada compartida sobre dereitos, demandas e esperanzas.

Con este acto, o Concello de Padrón reforza o seu compromiso coa igualdade de xénero e coa promoción de espazos de encontro e debate arredor das políticas feministas.

 

PadronCaminoEDestino

Contacto

Pode contactar co Concello de Padrón a través dos seguintes medios:

  • Enderezo: Rúa Longa, 27 - 15900 Padrón
  • Teléfono: (+34) 981 810 451
  • Correo electrónico: correo@padron.gal

 

Plan Único POS+ Deputación da Coruña

Outros sitios web de interese

 
 
App Padrn removebg preview
 
Descarga a App de Turismo de Padrón.
Top

Aviso legal - Política de privacidade - Política de cookies - Máis información sobre as cookies

Ligazón temporal á antiga páxina web

Este sitio web utiliza cookies para que vostede poida ter a mellor experiencia de usuario/a. Se segue a navegar está a dar o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e da nosa Política de Cookies. Detalles…