-->

Carmen Calvo reivindica en Padrón a forza do feminismo para loitar contra os ataques á democracia

  • A presidenta do Consello de Estado foi recibida polo alcalde, Anxo Arca, e asinou no Libro de Honra do Concello //

  • Presentou no auditorio o seu libro ‘Nosotras: el feminismo en democracia’ //

Carmen Calvo, presidenta do Consello de Estado e vicepresidenta do Goberno, reivindicou esta tarde no auditorio de Padrón a forza do feminismo para facerlle fronte aos movementos actuais que poñen en perigo a democracia. Sinalou que non pode haber democracia se non hai igualdade e que, conquistados os espazos públicos, é a hora de que as administracións aborden como prioritarios os asuntos que afectan as mulleres.

A exvicepresidenta do Goberno presentou no auditorio padronés o seu libro Nosotras: el feminismo en democracia, no que aborda os avances e os retos do feminismo español. No acto, organizado polo Centro de Información á Muller Terras de Iria, estivo acompañada polo alcalde de Padrón, Anxo Arca; o alcalde de Dodro, Xabier Castro; a concelleira de Igualdade de Rois, Mercedes Basante; e a concelleira de Igualdade de Padrón, Mariló Saco. Tamén participaron nos actos os concelleiros Chus Campos, Luis Mariño e Laura Horta.

“Para que haxa democracia plena ten que haber igualdade. Iso é básico. A partir de aí, falaremos de feminismo cando poidamos plantexar unha axenda propia das mulleres”, sinalou Carmen Calvo durante a súa intervención, ademais de definir o feminismo como “unha revolución que cambia mentalidades e actitudes e que se constrúe non en contra dos homes, senón en contra dun sistema que prexudica as mulleres”.

A presidenta do Consello de Estado explicou que o seu libro trata sobre o “corpo e o poder” e resaltou que, mentres os homes gañaban no século XVIII a condición de cidadáns donos de seu, as mulleres quedaron excluídas. Hoxe en día, subliñou, “aínda se cuestiona o aborto e se comercia co seu corpo con prácticas como a prostitución e os ventres de aluguer”.

A presentación Nosotras: el feminismo en democracia estivo precedida por unha visita institucional ao Concello de Padrón, onde Carmen Calvo foi recibida polo alcalde e outros membros do goberno local. A presidenta do Consello de Estado asinou no Libro de Honra municipal e recibiu de mans de Anxo Rey unha figura de Sargadelos de Rosalía de Castro e o libro que recolle os Escritos feministas da autora galega máis universal.

Precisamente sobre Rosalía sinalou que forma parte, xunto a Concepción Arenal e Emilia Pardo Bazán, da tríada galega que marcou o principio da loita polos dereitos da muller en España.

Tal e como recordou Anxo Arca durante a presentación, a visita de Carmen Calvo enmárcase no amplo programa de actos cos que o Concello de Padrón busca deixar patente o seu compromiso coa igualdade de xénero e coa promoción de espazos de encontro e debate arredor das políticas feministas.  

 

PadronCaminoEDestino

Contacto

Pode contactar co Concello de Padrón a través dos seguintes medios:

  • Enderezo: Rúa Longa, 27 - 15900 Padrón
  • Teléfono: (+34) 981 810 451
  • Correo electrónico: correo@padron.gal

 

Plan Único POS+ Deputación da Coruña

Outros sitios web de interese

 
 
App Padrn removebg preview
 
Descarga a App de Turismo de Padrón.
Top

Aviso legal - Política de privacidade - Política de cookies - Máis información sobre as cookies

Ligazón temporal á antiga páxina web

Este sitio web utiliza cookies para que vostede poida ter a mellor experiencia de usuario/a. Se segue a navegar está a dar o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e da nosa Política de Cookies. Detalles…