-->

Padrón prepárase para repoñer os danos causados polos temporais das últimas semanas

  • Alcalde e equipo de goberno reuníronse con representantes do GES, Policía Local e departamento de obras para coordinar as actuacións  ||  

  • “Arranxaremos os danos o antes posible”, sinala Anxo Arca, que agradece a implicación do persoal municipal e a comprensión da veciñanza  ||  

20260217 Padron reunon reparacion estradas 1

O alcalde de Padrón, Anxo Arca, convocou este martes unha reunión extraordinaria do Goberno Municipal con representantes da Policía Local, GES e do departamento municipal de obras para establecer “un plan de traballo que permita reparar canto antes os danos causados polos sucesivos temporais das últimas semanas”.

Sobre a mesa estiveron a reposición de múltiples puntos de luz da rede de iluminación pública, e o importante deterioro das estradas municipais, na que se formaron múltiples fochancas. A revisión dos semáforos e da sinalización viaria vertical, a desaparición de numerosas marcas viarias horizontais que necesitan ser repintadas, ou a aparición de goteiras e danos en cubertas de edificios e instalacións deportivas municipais foron outros dos puntos analizados na reunión, que se celebrou no salón de plenos.

“Arranxaremos todas as deficiencias causadas polos temporais o máis rápido posible, tan pronto como o tempo no lo permita”, asegurou Anxo Arca. Para estas actuacións, “contarase con persoal municipal e tamén con empresas, porque é moito o traballo que debemos realizar”, engadiu. O alcalde é conscientes de que estes gastos non previstos suporán un esforzo económico importante para o concello, “pero debemos asumilos”. 

O tempo necesario para acometer estas obras e recuperar a normalidade, “dependerá das condicións meteorolóxicas, posto que hai tarefas que requiren dun tempo seco e un terreo enxoito. Tamén da dispoñibilidade das empresas, que serán demandadas non só polo Concello, senón tamén por moitos particulares que sufriron danos nos seus domicilios, polo que terán que repartirse e ir sacando o traballo conforme vaia sendo posible”, resaltou.

O alcalde pide “un pouco de paciencia e de comprensión ante situación, porque recuperarse deste período de tanto desgaste vai levar un tempo”. Anxo Arca agradece a implicación de todo o persoal municipal, que estivo traballando en condicións moi adversas, e tamén a comprensión da veciñanza padronesa, “que mantivo a calma e evitou situacións de risco innecesarias”.

Ademais de arranxar as estradas e mobiliario municipal, o Concello de Padrón “volverá a solicitarlle ao Ministerio de Transportes unha mellora do firme e da sinalización da estrada N-550 ao seu paso polo municipio, especialmente no que respecta á visibilidade dos pasos de peóns”, conclúe Anxo Arca.

 

PadronCaminoEDestino

Contacto

Pode contactar co Concello de Padrón a través dos seguintes medios:

  • Enderezo: Rúa Longa, 27 - 15900 Padrón
  • Teléfono: (+34) 981 810 451
  • Correo electrónico: correo@padron.gal

 

Plan Único POS+ Deputación da Coruña

Outros sitios web de interese

 
 
App Padrn removebg preview
 
Descarga a App de Turismo de Padrón.
Top

Aviso legal - Política de privacidade - Política de cookies - Máis información sobre as cookies

Ligazón temporal á antiga páxina web

Este sitio web utiliza cookies para que vostede poida ter a mellor experiencia de usuario/a. Se segue a navegar está a dar o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e da nosa Política de Cookies. Detalles…