Novas recentes
A Escola de Música Municipal de Padrón abre o mércores 1 de xullo o prazo de matricula para o vindeiro curso. Podese solicitar praza para as distintas especilidades antes do 15 de xullo, no edificio do Concello, de luns a venres de 09:00 a 14:00 horas.
Un total de 76 persoas presentaron unha declaración responsable para facer unha cacharela no seu domicilio privado e celebrar a noite de San Xoán no Concello de Padrón. Este ano esta festa tan arraigada na tradición de Galicia ten que plantexarse de xeito moi distinto ao habitual como consecuencia da situación xerada pola Covid-19. En base ao dictado polas autoridades sanitarias, non están permitidas as cacharelas en terreos de dominio público, e por iso a única opción é facer unha celebración privada. Se ben, todas as persoas que elixan esta opción e queiran tamén facer unha cacharela están obrigados a…
O mercado de Padrón retoma a súa actividade ao 60% aproximadamente na nova normalidade. Antes da pandemia global da Covid-19 o mercadillo de Padrón estaba composto por 550 postos, agora dadas as medidas de seguridade e hixiénico-sanitarias establecidas polas autoridades sanitarias para regular a nova normalidade, en total haberá preto de 350 postos, o que significa que o mercadillo retoma a súa actividade a máis do 60%. A distancia mínima que deben manter os puntos de venda debe ser de 1,5 metros, se ben todos aqueles que instalen unha mampara de metracrilato, plástico, tela ou lona para evitar o contacto,…
Este ano, pola situación sanitaria xerada pola crise da Covid-19, non se permiten as cacharelas en terreos de dominio público, pero si se poderán realizar en terreos de titularidade privada. Se ben, para facelo debe presentarse unha comunicación previa de actividade recreativa conforme ao establecido no artigo 24 da Lei 9/2013, do 19 de decembro. As solicitudes poden tramitarse ata o 22 de xuño, sinalando nome, DNI ou CIF, domicilio e teléfono de contacto dos responsables da organización do evento, así como o resto de datos que figuran no formulario a disposicións da cidadanía no Concello ou na sede electrónica…
Coa chegada da nova normalidade, o Concello de Padrón volve a poñer en marcha o sistema da zona azul de estacionamento na vila. A partir de mañá, martes 16 de xuño, volverá a entrar en vigor esta limitación en tres espazos do casco urbano: Avenida de Compostela –marxe esquerdo da N-550 en dirección Santiago-, Campo do Souto –fachada da praza de Abastos-, Porta do Fondo de Vila e no entorno da igrexa parroquial. O concelleiro de Tráfico destacou que “a Policía municipal retoma as súas funcións no control deste sistema para facilitar o tráfico rodado na vila”. En Padrón en…
O Concello de Padrón decidiu anular a Feira Medieval de Padrón co obxectivo de garantir a seguridade da veciñanza. Dada a situación de emerxencia social xerada pola Covid-19, e tendo en conta as medidas de seguridade que articulan a nova normalidade, o equipo de Goberno viuse na obrigación de anular esta festa na que se xeran grandes aglomeracións e na que, por tanto, é imposible controlar as medidas sanitarias de distanciamento social. A celebración da Feira Medieval de Padrón estaba prevista para os día 3, 4 e 5 de xullo, pero agora haberá que esperar ao no que ven para…
Dende o mes de xuño a oficina de Turismo de Padrón ten un mostrador de atención ao público na planta baixa da Biblioteca Municipal. Deste xeito, permítese garantir a seguridade das persoas traballadoras e usuarias desde departamento. Se ben, a nova distribución non afecta ao desenvolvemento da actividade diaria da Biblioteca e permite o cumprimento das medidas de seguridade fronte á Covid-19. O Concello de Padrón xa iniciou a tramitación para a creación dunha nova oficina de turismo máis ampla e con máis servizos para a atención das persoas usuarias. Así, esta medida foi tomada de xeito provisional á agarda…
A piscina e o ximnasio municipal de Padrón reabren as súas instalacións este venres no mesmo horario que tiñan antes de que se decretase o estado de alarma. As condicións da reapertura establecéronse en base ao marco normativo que recolle a Fase III do proceso de desescalada cara a nova normalidade. O aforo limitarase ao 12% da capacidade, o que implica una redución do espazo maior da que se establece na normativa da desescalada, que a fixa nun 30%. O obxectivo desta medida adicional é que os usuarios dispoñan dun espazo máis amplo e seguro. Ademais estableceuse un rigoroso protocolo…
A Aula CeMIT do Concello de Padrón sumase ao convenio de colaboración entre a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), a Universidade de Santiago de Compostela (USC), a Universidade da Coruña (UDC), a Universidade de Vigo (UVigo) e a Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) para a posta a disposición das tres universidades galegas do Centro para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica (CeMIT Padrón) coa finalidade de facilitar un servizo de conectividade para a realización dos exames de xeito non presencial corrrespondentes ao curso universitario.Os estudantes universitarios que queiran facer uso deste servizo, terán que darse de…
O concello de Padrón xa non ten ningún caso activo de coronavirus. Segundo a última actualización dos datos por parte do Centro Médico municipal, en Padrón hubo un total de 33 casos de contaxio, pero na actualidad xa non queda ningún caso activo despois de que esta semana recibise a alta a última persoa enferma pola Covid-19 na vila. Dos 33 casos que se detectaron en Padrón ao longo destes meses, 30 persoas foron dadas de alta, mentres que tres persoas faleceron a causa da enfermidade. Dende hai varias semanas en Padrón non se detectou ningún caso novo de contaxio,…