Novas recentes
Os nenos e nenas de sexto de primaria do CEIP Flavia do Concello de Padrón recibiron esta mañá unha charla de sensibilización por parte do equipo de Xestión Ética do Abandono (XEA), a empresa responsable de todos os animais que son abandoados neste municipio. As mensaxes que buscaban transmitir nestas sesións aos escolares poñen o foco, por unha banda, en que non se deben mercar mascotas, senos adoptar e, por outra banda, que os animais non son xoguetes, e se queres ter un debes estar moi seguro e saber que esixen que se lles adique tempo”. Actualmente o Concello de…
Co obxectivo de dinamizar a vila e de animar o rueiro do municipio de cara ao Nadal, o Concello de Padrón vén de dar luz verde en Xunta de Goberno Local ao primeiro concurso de decoración de balcóns, fiestras, escaparates e fachadas ao longo do municipio. O deseño desta iniciativa busca a participación activa da veciñanza e dos sectores do comercio e da hostalaría do Concello para crear unha imaxe global máis atractiva tanto para a veciñanza como para os visitantes. Os elementos decorativos de Nadal contribuirán así a embelecer e poñer en valor o patrimonio arquitectónico da vila. Coa…
A concellaría de Turismo do Concello de Padrón vén de presentar unha memoria na que resume as conclusións das accións realizadas no marco do Plan de Reactivación dos sectores turísticos e comerciais e das propostas trasladadas por diferentes axentes sociais durante as entrevistas que a concelleira mantivo con estes. Trátase dun documento que servirá de punto de partida para novas iniciativas que se desenvolvan no futuro para insistir na promoción turística de Padrón. Lorena Couso, concelleira de Turismo, incidiu na necesidade de dar voz aos diferentes axentes implicados, posto que “colaborar enriquece sempre a ambas partes, e consideramos que esta…
A Unidade de Prevención de Condutas Aditivas de Padrón, Dodro, Rois e Valga pon en marcha unha nova campaña de sensibilización, que comezou na xornada de hoxe e se prolongará ata o vindeiro domingo 15 de novembro, día no que se celebra o Día Mundial Sen Alcohol. Nesta xornada o equipo desta entidade financiada con fondos municipais publicou unha infografía nas redes sociais -https://www.facebook.com/Unidade-de-Prevención-de-Condutas-Adictivas-DodroPadrónRoisValga-100257515041827- para concienciar dos efectos nocivos do alcohol para a saúde. Ao longo desta semana instalaranse cartéis en espazos públicos e en edificios institucionais coma a Casa do Concello, a Casa da Cultura, o Auditorio Municipal, etc.…
O alcalde e a concelleira de Turismo do Concello de Padrón entregaron esta mañá no Salón de Plenos da Casa do Concello os premios aos establecementos hostaleiros que gañaron coas súas propostas gastronómicas os tres primeiros premios da edición de 2020 do ‘Saborea Padrón’. Os hostaleiros que participaron mostraron a súa satisfacción polos elevados índices de participación nesta edición, que estaba marcada polas adversas condicións meteorolóxicas e a situación de emerxencia sanitaria. Lorena Couso sinalou “a implicación destes establecementos con esta iniciativa municipal para dinamizar a nosa economía tivo a súa recompensa grazas a alta participación nesta edición que se…
O Concello de Padrón destina un total de 229.083,67 euros a axudas para persoas autónomas e microempresas radicadas no municipio. Estas subvencións inclúense dentro do Plan PEL Reactiva 2020, cofinanciado pola Deputación da Coruña. O principal obxectivo deste programa é impulsar a actividade económica e o emprego en Padrón e contribuír a paliar, na medida do posible, os danos derivados da pandemia da Covid-19, nas microempresas e autónomos, a través da financiación de gastos correntes. O alcalde de Padrón explicou que “dadas as actuais circunstancias dende o Executivo que dirixo consideramos imprescindible dotar de ferramentas e recursos aos nosos empresarios…
A concellaría de Turismo do Concello de Padrón desenvolve un proxecto para recompilar contos, lendas, ritos, costumes, usos sociais, actos festivos, coñecementos ancestrais ou técnicas de artesanía. Dende este departamento queren compoñer un banco de historias, no que se recolla toda a tradición oral que vive na memoria da cidadanía desta vila. O obxectivo é que todo ese patrimonio cultural inmaterial e vivo non se perda e que poida trasladarse ás futuras xeracións imprimindo un sentimento de identidade e de continuidade social. A concelleira de Turismo, Lorena Couso, explica que “a iniciativa pretende reunir toda a información para xerar documentos…
A entrega do XIX Premio de Interpretación Maruxa Villanueva da o pistoletazo de saída ao programa do ‘Outono Cultural’, cuxa programación se prolongará ata o mes de decembro. O alcalde de Padrón entregou esta tarde o galardón ao actor Miguel de Lira pola súa traxectoria e pola súa aportación á escena galega. A decisión de outorgar o Premio a Miguel de Lira foi tomada por unanimidade polo xurado, que valorou especialmente a súa interpretación en ‘Curva España’, na que, baixo a súa perspectiva, fixo unha importante posta en valor da oralidade en lingua galega como factor distintivo da teatralidade da…
O Concello de Padrón vén de adxudicar a obra do alumado e sinalización dun tramo de 400 metros do Camiño de Santiago na zona de Cruces no Concello de Padrón á empresa Roomelservice S.L. Este contrato adxudicouse por valor de 14.886,73 euros con IVE, e está financiado a través dun convenio coa Axencia Galega de Turismo. Estas obras pretenden proporcionar unha iluminación axeitada a cada zona para obter a máxima seguridade, tanto viaria como peonil, e promover o progreso e desenvolvemento da comunidade. O alcalde de Padrón explicou “a relevancia deste tipo de adxudicacións para seguir avanzando e, sobre todo,…
O alcalde de Padrón, Antonio Fernández Angueira, e a conselleira de Política Social, Fabiola García, asinaron esta mañá un convenio polo que a Xunta financiará con 18.000 euros a redacción do proxecto da futura residencia de maiores da localidade. A residencia estará situada na contorna da Azucarera, nunha parcela de titularidade municipal que conta con 6.000 metros cadrados. O espazo ocupará 3.000 metros cadrados e, en principio, ofertará un total de 59 prazas. O alcalde de Padrón explicou que a residencia dotará dun novo servizo para as persoas da terceira idade en toda a comarca de Padrón e sinalou que…
Galego
Español



