Novas recentes
O Concello de Padrón estreou xa a nova oficina do servizo de orientación laboral, situada no baixo do Centro Social. A nova localización mellora as condicións de accesibilidade para que todas aquelas persoas con mobilidade reducida poidan achegarse sen ningunha dificultade e ser beneficiarios dos servizos prestados por esta unidade. Ademais as novas instalacións permitirán prestar unha mellor atención a todos os usuarios deste servizo. O alcalde de Padrón sinalou que “estas novas instalacións mellorarán un servizo importante para a cidadanía padronesa”. Así, a partir de hoxe a oficina estará situada no edificio do Centro Social da rúa Souto número…
As fins de semana do 13,14 e 15 e do 20,21 e 22 de marzo terán sabor a lamprea en Padrón, xa que durante estes días celebraranse as ‘VI Xornadas Gastronómicas da Lamprea’. Este ano un total de oito restaurantes ofrecerán un programa gastronómico coa lamprea como protagonista, e ademais dende a concellaría de Turismo programaron numerosas actividades de divulgación, lúdicas e culinarias. Para degustar os menús elaborados por cada uno destes establecementos, haberá que reservar previamente, e o prezo será de 30 euros por persoa. Os locais participantes son Restaurante O Secreto, Restaurante Scala, Restaurante Chef Rivera, Casa Farrucán,…
O Grupo de Emerxencias Supramunicipais do Concello de Padrón realizou un total de 1.301 actuacións ao longo do ano 2019. As intervencións máis recorrentes sucedéronse en accidentes de tráfico, cun total de 255 casos -11 con excarceración, 72 con feridos, 94 sen feridos e 78 sucesos que esixían limpeza da vía-. A unidade realizou 231 operativos, 125 actividades de prevención e 211 intervencións para a erradicación das velutinas, tarefa que agora asume a Xunta de Galicia a través dun novo plan de loita contra estes insectos. O concelleiro de Emerxencias, Ángel Rodríguez, valorou moi positivamente a actuación deste grupo, “cada…
A Universidade de Santiago e o Concello de Padrón asinaron un convenio para ofertar o IV Ciclo do Programa “Camiños de Coñecemento e Experiencia” que comezará no mes de marzo nas dependencias do Centro Social do Concello, dirixido a persoas maiores de 50 anos. A formación programada abrangue tres seminarios cada un deles dunha sesión de 90 minutos teórica de 17:00 a 18:30 horas no auditorio municipal e unha sesión práctica cunha saída. O primeiro seminario será o 13 de marzo cunha temática máis científica como é o “Cambio climático, ou o que podemos perder” impartido por Xurxo Proupín Castiñeiras…
O Boletín Oficial da Provincia da Coruña publicou este luns un decreto do Alcalde de Padrón no que se recolle a posta en marcha do taboleiro de anuncios electrónico. Así, esta plataforma actuará de forma complementaria ao espazo presencial existente. O novo sistema aloxarase na sede electrónica do Concello –sede.padron.gal-, o acceso non requirirá ningún mecanismo especial de acreditación da identidade do cidadán e publicarase na sede electrónica do Concello. A partir de agora, a publicación de actos e comunicacións que debían publicarse no taboleiro de edictos municipal, poderá ser substituída ou complementada pola súa publicación no taboleiro de anuncios…
O pistoletazo de saída das actividades para conmemorar a figura de Rosalía de Castro ao longo do mes de febreiro darano “Os Quinquilláns” coa representación de ‘A pluma viva de Rosalía’, unha obra dirixida aos nenos e nenas de 3º e 4º da ESO dos IES de Padrón. Posteriormente, os días 11, 12, 13, 19 e 20 haberá visitas teatralizadas á Casa Museo Rosalía de Castro dirixidas aos centros educativos da vila. O martes 18 de febreiro para a rapazada de 2º e 3º de Primaria do CEIP Rosalía de Castro e CEIP Flavia haberá un espectáculo de títeres baixo…
O Concello de Padrón outorga o XIX Premio de Interpretación Maruxa Villanueva ao actor Miguel de Lira. O xurado tomou esta decisión por unanimidade, tras ter analizado as propostas de todos e todas as candidatas presentadas a esta edición do galardón de arte dramático. Os membros deste comité valoraron a súa interpretación en ‘Curva España’, na que, baixo a súa perspectiva, fixo unha importante posta en valor da oralidade en lingua galega como factor distintivo da teatralidade da comunidade. Do mesmo xeito, o xurado explicou que con este premio pretenden enxalzar a traxectoria de Miguel de Lira e o seu…
O alcalde de Padrón, Antonio Fernández Angueira, a concelleira de Cultura e Turismo, Lorena Couso, a directora xeral de Turismo de Galicia, Nava Castro, e Isaías Calvo, Director de Relacións coas Asociacións do Camiño, inauguraron este sábado a mostra `Kumano Kodo. Camiño de peregrinación’. A exposición fotográfica componse de 37 fotografías en color e branco e negro dos fotógrafos Luis Gago e Aoife Ni Dhubhda. As imaxes foron tomadas en Wakayama en Xapón no outono de 2017 e na primaveira de 2018 cando percorreron a rede de camiños coñecida como Kumano Kodo. A mostra, por tanto, busca achegar a beleza…
A corporación municipal de Padrón deu onte, en sesión plenaria, luz verde ao proxecto de Prevención de drogodependencia dirixido a nenos e nenas de entre 5 e 18 anos, que desenvolverán cos concellos de Rois, Dodro e Valga. Cunha subvención de case 72.000 euros por parte da administración autonómica e a aportación dos catro gobernos locais, porán en marcha a contratación de dous técnicos de prevención que durante os próximos anos desenvolverán varios programas de prevención, visitarán e atenderán ao alumnado das diferentes escolas destas catro localidades, e responsabilizaranse do programa específico para prever o consumo de drogas duras e…
O alcalde de Padrón mostra o novo proxecto da residencia de maiores á conselleira de Política Social
O alcalde de Padrón, Antonio Fernández Agueira, acompañou esta tarde á conselleira de Política Social, Fabiola García, para mostrarlle o proxecto de construción da futura residencia de maiores municipal. A Xunta colaborá no financiamento deste novo centro para persoas da terceira idade. A previsión da conselleira de Política Social é que neste primeiro trimestre do ano se firme o convenio entre Concello e Administración autonómica para materializar este compromiso, que posibilitará, en primeiro lugar, a redacción do proxecto. O centro, que contará con 3600 metros cadrados e 60 prazas, será posteriormente de xestión municipal. O rexedor destacou nesta xornada a…