-->

Padrón entrega os premios do I Certame de Debuxo con motivo do 25N e homenaxea a Loli Costa, vítima de violencia de xénero

O auditorio municipal de Padrón acolleu na noite de onte venres o acto principal programado polo CIM Terras de Iria e o Concello de Padrón para conmemorar o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres. Un acto que comezou cun minuto de silencio en memoria das 37 mulleres e 4 crianzas asasinadas no que vai de ano.

Acto seguido tivo lugar o acto de entrega dos premios do I Certame de debuxos con motivo do 25N a: Uxía Domínguez Vidal (2º A), Mariña Sande Vizcaya (4ºB) e Sofía Agrasar Castro (6ºA) do CEIP Flavia; e Hugo Vidal Barreiro (2ºA), Lía Boullón Pintado (4ºB) e Mariña Boullón Pintado (6ºB) do CEIP Rosalía de Castro. Uns premios que foron entregados pola concelleira de Igualdade, Lorena Couso, quen estivo acompañada polas concelleiras de Servizos Sociais de Rois e Dodro, Mercedes Basante e Ana Muñiz; así como polo concelleiro socialista de Padrón Anxo Rei.

Acto seguido tivo lugar unha pequena homenaxe a Loli Costa, vítima de violencia de xénero que quixo compartir a súa experiencia no vídeo conmemorativo elaborado polo CIM Terras de Iria e animar ás mulleres de Padrón, Rois e Dodro que sofren violencia de xénero a dar o paso e denunciar. “É mellor estar aquí contándoo, que mortas”, asegura Loli Costa, que recibiu de mans de Lorena Couso un ramo de flores, seguida dunha gran ovación por parte de todas as persoas que encheron o auditorio municipal.

Finalmente, Lorena Couso deu lectura ao manifesto institucional do 25N no que insistiu en que con este tipo de actividades e recoñecementos “queremos que as vítimas da violencia machista sintan o noso apoio e denuncien estes feitos”. Así mesmo, asegurou que “dende o Concello de Padrón, dende a Concellería de Igualdade que teño a honra de dirixir, e dende o Centro de Información á Muller Terra de Flavia traballamos para manter e aumentar os recursos para combater a violencia de xénero. Queremos que as mulleres saiban que non están soas. Que saiban que en Padrón hai profesionais dispostos a escoitalas e axudalas. Que os Servizos Sociais Municipais están aí para apoialas. Que todos os servizos do CIM están á súa disposición. Que non teñan medo nin vergoña á hora de denunciar ou pedir axuda”.

 

PadronCaminoEDestino

Contacto

Pode contactar co Concello de Padrón a través dos seguintes medios:

  • Enderezo: Rúa Longa, 27 - 15900 Padrón
  • Teléfono: (+34) 981 810 451
  • Correo electrónico: correo@padron.gal

Outros sitios web de interese

 
 
App Padrn removebg preview
 
Descarga a App de Turismo de Padrón.
Top

Aviso legal - Política de privacidade - Política de cookies - Máis información sobre as cookies

Ligazón temporal á antiga páxina web

Este sitio web utiliza cookies para que vostede poida ter a mellor experiencia de usuario/a. Se segue a navegar está a dar o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e da nosa Política de Cookies. Detalles…