Novas recentes

A XVIII Carreira 10 K de Padrón xa está en marcha, onte abriuse a inscrición para todos aqueles interesados en participar, e esta mañá o Concelleiro de Deportes, acompañado por varios membros da corporación local, presentou o cartel oficial da Carreira. O prazo de inscrición de participantes pecharase o mércores 12 de febreiro de 2020 ás 23:59 horas, e poden realizarse a través da web www.emesports.com . A inscrición é gratuíta ata os 16 anos, e os adultos deberan aboar unha taxa de 6 euros. Se queres consultar o regulamento, pódese facer na seguinte ligazón. As categorías establecidas para esta…
A Corporación local de Padrón celebrou esta mañá un pleno extraordinario para aclarar o estado dos procesos de licitación de varios servizos municipais. Ante as preguntas do Grupo Socialista, o alcalde explicou como dende que están no Goberno tiveron que dar resposta a “contratos de anos anteriores”, o que retrasou algún proceso, se ben, a pesar desta situación, o equipo do executivo local puxo en marcha numerosos proxectos e contratos durante os últimos anos. Antonio Fernández recalcou que en todos os casos “a intención é licitar canto antes”, aínda que puntualizou que este proceso “non sempre asegura o prezo máis…
O Grupo de Emerxencias Supramunicipal (GES) de Padrón recibiu hoxe un novo vehículo co que reforzar o seu equipamento de emerxencias O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, desprazouse á vila para facer a entrega oficial. Ao acto asistiron o director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva; o xerente da Axencia Galega de Emerxencias (AXEGA), Marcos Araújo; o delegado territorial da Xunta en A Coruña, Ovidio Rodeiro; e o alcalde de Padrón, Antonio Fernández. Antonio Fernández subliñou "a sensibilidade do Goberno autonómico coas necesidades dos cidadáns respeto as emerxencias", e agradeceu o "apoio do Executivo galego a nosa comarca, na que…
O horario do ximnasio e da piscina municipal do Concello de Padrón ampliase nas horas centrais do día para atender as necesidades de todos os veciños da vila. Dende o 2 de xaneiro as instalacións deportivas permanecen abertas dende as 8:00 ás 22:445 horas, de forma ininterrompida nas xornadas dos martes e dos xoves. Esta mañá o alcalde, Antonio Angueira, e o concelleiro delegado de Deportes, Ángel Rodríguez, visitaron as instalacións para coñecer de primeira man as impresións de usuarios e traballadores do centro. E a conclusión é moi positiva, xa que todos eles están moi satisfeitos con esta ampliación.…
A Xunta de Goberno vén de abrir o prazo de pago das taxas para a instalacións de atraccións feirais na Festa da Pascua 2020, que terá lugar do 5 (Domingo de Ramos) ao 19 de abril (Domingo de Pascuilla). Deste xeito, as persoas que sexan titulares das autorizacións para a instalación de atraccións feirais, licitadas en 2017 ata 2020, dispoñen ata o 25 de xaneiro para proceder ao seu pago. Así o recolle o Boletín Oficial da Provincia da Coruña, que publica hoxe a aprobación das datas de celebración da Festa da Pascua para este 2020. Para abonar as taxas,…
O Concello de Padrón retoma este sábado 11 de xaneiro as visitas teatralizadas á Casa-Museo Rosalía de Castro, unha iniciativa que terá lugar todos os sábados de xaneiro e febreiro ás 17:00 horas. As visitas están protagonizadas pola compañía de teatro Os Quinquilláns e organizadas o Concello de Padrón no marco do programa O Teu Xacobeo, promovido pola Xunta de Galicia. Para participar só é preciso anotarse previamente na Oficina de Turismo de Padrón, chamando ao teléfono 646 593 319 ou enviando un mail a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.. A visita é totalmente gratuíta, se ben o número de prazas está limitado a…
O Concello de Padrón convida aos veciños e veciñas do municipio a asistiren de forma gratuíta a unha sesión do planetario, que se instalará no auditorio municipal padronés o venres 31 de xaneiro e o sábado 1 de febreiro, en horario de 17:00 a 20:00 horas. A concelleira de Cultura, Lorena Couso, explica que “durante a mañá do venres levaremos aos nenos e nenas dos centros educativos e despois abriremos as sesións a todos os veciños e veciñas de Padrón, aos que convidamos a desfrutar desta experiencia e aprender a atopar a estrela de Rosalía no noso ceo nocturno”. Aqueles…
O Concello de Padrón expediu en 2019 un total de 6.590 diplomas da Pedronía, un 64% máis ca no 2018, cando se concederan 4.010. Unhas cifras que corroboran o acerto da Concellería de Turismo e Xacobeo 21 ao apostar pola recuperación deste camiño, ligado á tradición Xacobea e que era habitual entre os peregrinos dos séculos XII e XIX, e que mesmo levou á creación da aplicación web “Creando consciencia na Pedronía”. O percorrido da Pedronía é de 25 km entre Padrón e Santiago, pasando polos concellos de Ames, Teo e Rois. O alcalde de Padrón, Antonio Fernández, sinala que…
A obra Las damas del canapé, de Juan Carlos Fernández León, é a gañadora do concurso de narrativa XXX Premio Literario Camilo José Cela. O xurado do certame tomou o acordo por unanimidade, tras varias valoracións e votacións, na súa reunión deste mediodía no Salón de Plenos do Concello de Padrón. Ao concurso presentáranse un total de 148 relatos. Las damas del canapé, que se presentou co lema Ana Celeste, foi valorada pola súa orixinalidade e estrutura. O xurado destaca “a descarada voz narrativa que rompe as fronteiras do relato para dirixirse a un xurado ‘real’ ao que provoca, esixe…
O Concello de Padrón rendeu homenaxe aos seus voluntarios e voluntarias coincidindo coa conmemoración do Día Internacional do Voluntariado. Unha homenaxe presidida polo alcalde, Antonio Fernández, e a concelleira de Voluntariado, Lorena Couso, e que incluíu a plantación dunha árbore do voluntariado e a entrega dos primeiros Premios do Voluntariado, consistentes nunhas figuras de artesanía elaboradas por AMIPA, asociación de nais e pais de persoas con discapacidade intelectual da comarca do Sar. O alcalde de Padrón agradeceu o labor dos voluntarios e voluntarias do municipio: “hoxe sodes 36, pero durante estes 21 anos de funcionamento da Oficina Municipal de Voluntariado…
Páxina 58 de 68

 

PadronCaminoEDestino

Contacto

Pode contactar co Concello de Padrón a través dos seguintes medios:

  • Enderezo: Rúa Longa, 27 - 15900 Padrón
  • Teléfono: (+34) 981 810 451
  • Correo electrónico: correo@padron.gal

Outros sitios web de interese

 
 
App Padrn removebg preview
 
Descarga a App de Turismo de Padrón.
Top

Aviso legal - Política de privacidade - Política de cookies - Máis información sobre as cookies

Ligazón temporal á antiga páxina web

Este sitio web utiliza cookies para que vostede poida ter a mellor experiencia de usuario/a. Se segue a navegar está a dar o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e da nosa Política de Cookies. Detalles…