Novas recentes

O Concello de Padrón prepara a publicación dun libro para rendir homenaxe a todas as persoas que durante estes meses estiveron confinadas nos seus fogares para conseguir superar a crise sanitaria derivada da pandemia da COVID-19. A publicación recollerá as imaxes de todas as persoas que compartiron en redes sociais parte da cotidianeidade da súa cuarentena baixo o paraugas das campañas que o departamento de Cultura e Turismo lanzaron a través das novas tecnoloxías da información. Así, por un lado, no libro poderanse ver cales son os libros favoritos que acompañaron aos padroneses e padronesas durante o confinamento. E, por…
 O Concello de Padrón actualizou os datos de contaxio de coronavirus e, segundo as últimas cifras facilitadas polo Centro Médico municipal, na vila rexistraronse un total de 33 casos de contaxio polo virus COVID-19 ao longo destes meses. Hai seis casos activos na actualidade, o que supón que nas últimas semanas houbo numerosas altas. En total, 24 persoas foron dadas de alta neste período. Respeto ao número de falecementos, rexistraronse tres mortes por coronavirus en Padrón. Pola súa parte, o executivo local continua coa xestión da pandemia -tanto en relación cos aspectos sanitarios como na reactivación da economía local-. Así,…
O Concello de Padrón, a través do seu departamento de Cultura, deseñou un programa de actividades virtuais a través de Facebook para celebrar durante o mes de maio 'O Mes das Letras 2020', coincidindo co día das letras galegas no 17 de maio -malia que a causa da pandemia da COVID-19 este ano aprazouse a súa celebración-.  A primeira das actividades organizadas polo goberno local é o concerto a Dúo de Mamá Cabra, un grupo galego de música infantil, que cos seus ritmos conquista a nenos e nenas e tamén a maiores.  A segunda actividade do programa está prevista para…
 Concello de Padrón está preparando a desescalada e deseñando medidas e plans de axuda para os diferentes sectores económicos da vila. Unha das primeiras medidas que tomaron é a de entregar biombos protectores de cristal templado para instalar en tendas, farmacias, perruquerías, droguerías, carnicerías, etc. En total, hai encargadas 115, e nas vindeiras semanas comezará o reparto. Por outra banda, o vindeiro 28 de maio o equipo de goberno presentará no Pleno unha iniciativa para a súa aprobación na sesión plenaria sobre a exención de pago de terrazas para bares e restaurantes da vila.   O executivo local está a preparar…
O Concello de Padrón reabre o seu tradicional mercado dominical, pero como un mercado de mero aprovisionamento. Tal e como establece a norma autonómica, só poderán abrir os postos de produtos agroalimentarios, polo que o mercado de Padrón reducese ao 10% da súa capacidade habitual, con case 50 postos. O equipo de goberno de Padrón encargou ao GES a limpieza e desinfección do espazo no que se desenvolverá este atípico mercado antes e despois da celebración do mesmo. Ademais, o alcalde e os concelleiros coordinaron un equipo de vixilancia, formado pola Policía Local, dous vixiantes, Protección Civil e o GES,…
O Concello de Padrón comeza hoxe o reparto dun total de 8.000 máscaras cirúrxicas tipo IIR entre a cidadanía de Padrón coa colaboración do Servizo Postal de Correos de Padrón. Trátase dun pedido realizado con antelación polo equipo de Goberno local, fai aproximadamente un mes, pero que por distintas trabas administrativas derivadas da situación de emerxencia en España, non pudieron ser suministradas ata o de agora. Estas 8.000 máscaras sumanse ás 1.250 que envíou previamente ao Concello de Padrón a Deputación Provincial da Coruña.  Porén, dende o 14 de marzo, día no que se decreto o estado de alarma en…
Ao longo destes meses o Concello de Padrón contabilizou un total de 32 casos de persoas contaxiadas, segundo as cifras facilitadas polo equipo médico responsable dende o Centro Médico municipal. Actualmente hai 12 casos activos, 18 persoas que estiveron contaxiadas por coronavirus xa foron dadas de alta e dúas faleceron.  Dende o inicio do estado de alarma, os distintos departamentos do Concello de Padrón despregaron todos os seus recursos para a xestión desta crise sanitaria. Na xornada de hoxe, por exemplo, comezou o reparto de máscaras cirúrxicas entre toda a poboación da vila. Nos primeiros días, o equipo de goberno…
A Deputación Provincial da Coruña pon en marcha a campaña "Estamos contigo: a violencia de xénero parámola unidas", a través da que se resumen todos os recursos de prevención da violencia de xénero en situación de confinamento polo COVID-19 que ofrecen o Ministerio de Igualdad e Igualdade na Rede da Xunta de Galicia.  Aquí podes consultar toda a información desta camapaña. 
A Asociación de Industriais Metalúrxicos de Galicia (Asime) e a Universidade de Vigo doaron un lote de batas para persoal sanitario e asistencial aos municipios de Padrón, Dodro e Rois. As prendas foron confecionadas de forma altruista polas empresas galegas Coasa, Ana Muñiz, Dalot e PinFactory. A iniciativa estivo coordinada e posta en marcha por Asime e UVigo, que uniron forzas dende o inicio da crise para impulsar iniciativas conxuntas da man do técido empresarial en loita contra o coronavirus. O alcalde de Padrón, e os de Rois e Dodro acudiron en persoa a recepcionar a entrega na tarde do…
O Concello de Padrón comezou a entregar material escolar a todos os nenos e nenas nos seus domicilios en coordinación cos centros escolares. A primeira entrega realizouse a semana pasado ao alumnado de dúas das catro escolas unitarias de Padrón. Dada a situación de emerxencia sanitaria xerada pola propagación do COVID 19, os centros educativos decidiron entregar todo o material que os rapaces e rapaces destes centros tiñan nas aulas. Así, ao longo desta mañá os docentes prepararon as entregas, e posteriormente o equipo de Protección Civil realizou as entregas nos domicilios dos nenos e nenas. A vindeira semana realizarase…
Páxina 54 de 68

 

PadronCaminoEDestino

Contacto

Pode contactar co Concello de Padrón a través dos seguintes medios:

  • Enderezo: Rúa Longa, 27 - 15900 Padrón
  • Teléfono: (+34) 981 810 451
  • Correo electrónico: correo@padron.gal

Outros sitios web de interese

 
 
App Padrn removebg preview
 
Descarga a App de Turismo de Padrón.
Top

Aviso legal - Política de privacidade - Política de cookies - Máis información sobre as cookies

Ligazón temporal á antiga páxina web

Este sitio web utiliza cookies para que vostede poida ter a mellor experiencia de usuario/a. Se segue a navegar está a dar o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e da nosa Política de Cookies. Detalles…