-->

As Aulas Sénior de Padrón encaran un novo curso cunha oferta de actividades renovada

O programa de envellecemento activo para maiores de 50 anos propón máis de 20 actividades saudables, lúdicas e formativas || 

Viaxes culturais, conferencias, obradoiros e voluntariado complementan a programación || 

A matrícula abre o 15 de setembro para as persoas empadroadas en Padrón e o día 25 para a veciñanza da comarca || 

As clases comezan o 16 de outubro e finalizan o 31 de maio, tanto no centro social padronés como nas parroquias rurais || 

20230907 aulas ategal

As Aulas Sénior de Padrón, que promoven un envellecemento activo, encaran o comezo do novo curso cunha renovada programación de actividades saudables, culturais e ocupacionais. A oferta, xestionada por Ategal en colaboración co Concello de Padrón, chegará un ano máis ás parroquias rurais. A matrícula abre o próximo día 15 de setembro e as clases comezan o 16 de outubro.
 
As aulas de envellecemento activo padronesas, que fixeron trinta anos o pasado curso, atópanse entre as máis demandadas das vilas galegas. Por unha cota anual de 60€ por persoa (100€ por matrimonio) e un prezo por actividade de 10€, ofrécenlles ás persoas maiores de 50 anos alternativas de ocio nas que se mestura saúde, cultura, actualización en tecnoloxías e socialización. A matrícula abre o próximo día 15 para todas as persoas empadroadas en Padrón, e o 25 para residentes nos municipios da comarca. As actividades levaranse a cabo no Centro Social do Campo do Souto e nos polideportivos municipais, e en Carcacía, Angueira de Suso e Estramundi.
 
No ámbito da saúde, a oferta das Aulas Sénior comeza polas actividades de ximnasio (martes e xoves de 10.30 a 11.30h) e ximnasia de mantemento (luns e mércores en diferentes de horarios: 09.00 a 09.50h, 09.55 a 10.45h, 10.50 a 11.40h e 16.30 a 17.30h). Tamén haberá oferta de pilates (martes e xoves de 09.30 a 10.20h ou de 10.25 a 11.15h), marcha nórdica (os xoves de 16.00 a 17.00h), escola de espalda (luns e mércores de 17.30 a 18.30h), ioga e relaxación (luns de 18.00 a 19.30h) e hipopresivos para fortalecer o solo pélvico (martes e xoves de 11.30 a 12.00h). O programa tamén ofrece camiñatas con saída do Campo do Souto (martes e venres ás 09.30h). O obradoiro de memoria levarase a cabo os luns de 17.30 a 19.00h. Neste mesmo apartado de actividades saudables, poderase gozar no balneario de Cuntis o primeiro xoves de cada mes (comezando o 3 de novembro) de 17.00 a 19.00h por 24€, bus incluído.
No que toca ás actividades culturais, o club de lectura (gratuíto) reunirase o último venres de cada mes de 11.00 a 12.00h e comezará o 24 de novembro falando do libro El cuento de la criada, de Margaret Atwood. Haberá clases de Arte (mércores de 17.00 a 18.30 horas) e de Historia de España e Galicia tamén os mércores de 18.30 a 19.30h. 
 
Nun ámbito práctico, en novembro celebraranse catro sesións sobre manexo das aplicacións informáticas de bancos e caixeiros automáticos (actividade gratuíta) e, durante todos os mércores do curso, o curso de informática Conéctate á rede para dous niveis de usuario (nivel 0 de 17.00 a 18.30h e nivel I de 18.30 a 20.00h). 
 
20230907 aulas ategal 2
 
En canto ás actividades ocupacionais, neste curso 2023-2024 ofértanse clases de pintura en tea (martes de 16.00 a 18.00h), pintura ao óleo (dúas horas os martes ás 16.00 ou ás 18.00h), manualidades (os xoves de 16.00 a 18.00h), labores como patchwork, bordado, ganchillo ou calceta (xoves de 18.00 a 19.30h) e un taller de cociña saudable gratuíto cunha sesión mensual, de novembro a maio. 
 
Un ano máis, as actividades da Aula Sénior recalarán no rural padronés. É o caso de Carcacía, onde haberá clases de ximnasia de mantemento (martes e xoves de 09.30 a 10.30h) e obradoiro de memoria (mércores 16.30 a 18.00h); Angueira de Suso, onde se impartirá ximnasia de mantemento (luns e mércores de 17.30 a 18.30h) e obradoiro de memoria (luns de 19.15 a 20.45h); e Extramundi, onde a veciñanza se pode anotar en ximnasia de mantemento (martes e xoves de 19.00 a 20.00h), escola de espalda (luns e mércores de 19.00 a 20.00h) e pilates (martes e xoves de 17.00 a 18.00h).
 
Viaxes culturais
 
Ademais, e incidindo no valor social das accións das Aulas Sénior, neste curso poranse en marcha varias viaxes culturais a destinos de indubidable valor patrimonial. Polo momento déronse a coñecer as que se realizarán no primeiro trimestre: a Asturias (Avilés, Oviedo, conca mineira e Tazones) os días 7 e 8 outubro; a Ferrol, o 25 outubro; e ao castelo de Soutomaior e ás luces de nadal de Vigo, o 20 decembro.
 
A esta oferta sumaranse ao longo do curso os obradoiros, conferencias e cursos de curta duración. Ademais, Ategal mantén activo o seu programa de voluntariado dirixido a todo o alumnado das Aulas Sénior.
 
Para máis información, as persoas interesadas poden dirixirse á oficina de Ategal en Padrón, situada no Centro Social no Campo do Souto. O número de teléfono é o 981 811 329 e o correo electrónico de contacto é Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo..
 
A oferta de actividades e a programación completa do curso 2023 das Aulas Sénior pode consultarse nesta ligazón.
 

 

PadronCaminoEDestino

Contacto

Pode contactar co Concello de Padrón a través dos seguintes medios:

  • Enderezo: Rúa Longa, 27 - 15900 Padrón
  • Teléfono: (+34) 981 810 451
  • Correo electrónico: correo@padron.gal

Outros sitios web de interese

 
 
App Padrn removebg preview
 
Descarga a App de Turismo de Padrón.
Top

Aviso legal - Política de privacidade - Política de cookies - Máis información sobre as cookies

Ligazón temporal á antiga páxina web

Este sitio web utiliza cookies para que vostede poida ter a mellor experiencia de usuario/a. Se segue a navegar está a dar o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e da nosa Política de Cookies. Detalles…