Novas recentes
A subvención enmárcase no programa PEL-Concellos de Axudas ao sector das orquestras e verbenas // O goberno local solicitou a axuda para o espectáculo da orquestra París de Noia durante a Pascua // A Deputación da Coruña concedeulle ao Concello de Padrón unha subvención por un importe de 9.000 euros destinada á contratación de orquestras durante o presente ano 2022. A axuda enmárcase no programa PEL (Plan de Emprego Local)-Concellos de Axudas ao sector das orquestras e verbenas. O Concello de Padrón solicitou a devandita subvención para o espectáculo que a orquestra París de Noia realizou durante as Festas das…
O ‘Parrandeiro’ volveu bailar durante a procesión polas rúas da vila e na subida ao monte San Gregorio // As persoas que acudiron a romaría puideron degustar 500 quilos de sardiñas e outros 100 de cachelos que ofreceu o Concello de xeito gratuíto // A festa infantil con DJ e escuma, o concerto dos Festicultores Troupe e o de Roi Casal poñen o remate ao Santiaguiño Fest Week // Autobuses gratuítos entre O Souto e o Santiaguiño facilitaron que persoas con mobilidade reducida participaran na festa. // As ganas de festa e de participar nunha das tradicións máis arraigadas…
Dúas rapazas gaditanas e unha sevillana uníronse aosdemais corredores // Foi un dos eventos máis agardados e seguido das festas do Santiaguiño // Participaron 16 animais na carreira // O burro ‘Platero’ coroouse como gañador do derbi, e ‘Pinta’ levou o premio á mellor morfoloxía animal // Padrón celebrou onte pola tarde o seu tradicional Derbi Asnal tras dous anos sen poder organizalo a causa da crise sanitaria provocada pola Covid-19. Como era de esperar nun dos pratos fortes da festa do Santiaguiño, a expectación entre veciños e turistas era máxima: 16 participantes recorreron un circuíto montado no casco histórico…
Pode ser de alimentación ou de artesanía e a petición deberá entregarse no Rexistro do Concello // O Concello de Padrón decidiu ampliar ata o 19 de agosto o prazo de presentación de solicitudes para poñer un posto de alimentación ou artesanía na Feira Medieval que se desenvolverá do 2 ao 4 de setembro nas rúas do casco histórico. As persoas interesadas deberán cubrir o impreso de solicitude e, xunto con toda a documentación requerida, entregala no Rexistro do Concello. A participación poderá facerse con dous tipos distintos de postos: Alimentación: aqueles postos que vendan comida ou bebida. Artesanía: para a…
O presidente da Xunta recibe o premio ‘Padrón, Berce do Xacobeo’ e é nomeado Peregrino de Honra O alcalde, Antonio Fernández, destaca no Día do Peregrino o labor do titular da Xunta na promoción de Galicia e do Xacobeo O Concello de Padrón entregoulle onte ao presidente da Xunta, Alfonso Rueda, o premio Padrón, Berce do Xacobeo, unha distinción que implica o seu nomeamento como Peregrino de Honra e que o acredita como embaixador padronés e do Camiño. O acto, celebrado na igrexa parroquial de Santiago, enmárcase na celebración do Día do Peregrino. O titular da Xunta agradeceu a distinción…
Este festival súmase por primeira vez á celebración da festa do Santiaguiño do Monte con cinco días de concertos gratuítos // O público miúdo contará coa súa propia festa o luns pola tarde // Roi Casal pechará un programa ao que volve o Gran Derbi Asnal // O Santiaguiño Fest Week, festival que se suma por primeira vez á celebración da festa do Santiaguiño do Monte con cinco días de concertos, arrincará este xoves 21 de xullo coa actuación de Vella Escola e Esperanza Mara. Música folk e urbana destaca nun programa que continuará ata o luns e que conta…
Roteiros en bicicleta, xogos na piscina, multideporte e subida ao Santiaguiño do Monte, actividades centrais // A excursión ao Aquapark de Cerceda e ao parque multiaventura Galipark de Rois complementan o programa de conciliación // Un total de 60 nenos e nenas participan na segunda quenda do Campus Deportivo organizado polo Concello de Padrón que arrincou este mércores, día 13, e que se prolongará ata o venres, 29 de xullo. Entre as actividades programadas ao longo destas dúas semanas atópanse os roteiros en bicicleta polo municipio de Padrón e a súa contorna. Estas saídas fanse cada mércores e requiren…
O programa musical, enmarcado nas Festas do Santiaguiño do Monte, celebrarase do 21 ao 25 de xullo en diferentes escenarios || Vella Escola e Esperanza Mara darán o pistoletazo de saída ao cartaz con ‘Ópera Breaks’, un espectáculo que funde ópera, breakdance, beatbox e DJ || A música tradicional galega virá da man de Roi Casal e Xabier Díaz e Adufeiras de Salitre || Monolious DOP, Sebastian Black, Astray, o DJ Marcos Magán e o Gran Derbi Asnal figuran no programa || O Concello de Padrón celebrará este xullo por primeira vez o Santiaguiño Fest Week,…
A vila padronesa celebrará o Día do Peregrino na igrexa de Santiago o vindeiro mércores 20 de xullo // O alcalde, Antonio Fernández, destaca o labor do presidente da Xunta na promoción do Xacobeo // O Concello de Padrón distinguirá ao presidente da Xunta, Alfonso Rueda, como Peregrino de Honra. O alcalde padronés, Antonio Fernández Angueira, entregaralle esta distinción o vindeiro mércores, 20 de xullo, nun acto que se desenvolverá na igrexa parroquial de Santiago para celebrar o Día do Peregrino. Con esta efeméride, Antonio Fernández lembra que Padrón lle rende homenaxe aos milleiros de camiñantes que visitan a vila…
As inscricións realizaranse entre o 11 e o 21 de xullo, ambos os dous días inclusive || Haberá premios de 100 €, 80 € e 60 € máis trofeo para os tres primeiros clasificados || Establécese un premio especial á mellor morfoloxía dotado con 50 € e trofeo || O Concello gratificará con 40 euros ao dono de cada animal participante e con 20 euros a cada xinete || O Concello de Padrón vén de facer públicas as bases que rexerán o Gran Derbi Asnal 2022, unha cita senlleira que reúne edición tras edición a…
Galego
Español



