
O Concello de Padrón promove o proxecto Reforzar a identidade europea en tempos de crise, financiado pola Unión Europea dentro do programa Cidadáns, Igualdade, Dereitos e Valores (CERV) da Rede de Cidades da UE. Esta iniciativa incide en buscar vías de colaboración e lugares de convivencia para que todos xuntos avancemos cara ao futuro.
O proxecto de Padrón é o primeiro que a UE lle aproba a un municipio de Galicia no programa CERV e os seus principais obxectivos son ofrecer a oportunidade de coñecer os dereitos da cidadanía europea, os valores e normas democráticas que nos son comúns e reforzar o entendemento impulsando, entre outras medidas, unha boa gobernanza local.
Para acadar estes obxectivos, Padrón promoverá a participación activa tanto a nivel local como europeo con diferentes actividades como grupos de discusión, obradoiros, visitas culturais, etc, e desenvolverá accións dirixidas á xente nova para involucrala nos procesos políticos e institucionais abordando temas de actualidade. Bruxelas financiou a iniciativa padronesa cunha achega de 145.000 euros.
O programa, que se desenvolverá ata mediados do ano 2024, contempla a celebración de cinco encontros noutras tantas localidades. O primeiro celebrouse en Padrón, do 1 ao 4 de marzo de 2023; o segundo en Bordeos (Francia), do 18 ao 21 de outubro; o terceiro en Hal Kirkop (Malta), do 13 ao 16 de decembro; o cuarto en Andrychow (Polonia), do 16 ao 16 de marzo; e, por último, en Kekava (Riga; Letonia), do 19 ao 22 de setembro. Os países participantes son España, Francia, Alemaña, Malta, Portugal, Italia, Grecia, Romanía, Eslovaquia, República Checa, Lituania, Letonia, Hungría, Croacia, Bélxica, Polonia e Suecia.
No primeiro encontro celebrado en Padrón, representantes de 16 países da Unión Europea asinaron un Pacto de Amizade, que foi rubricado por 34 membros de once municipios e seis organismos civís europeos.
- Diploma de Irmandamento (download PDF)
Enlace ás novas
Primeiro encontro: O alcalde de Padrón preside un Pacto de Amizade entre representantes de dezaseis países europeos
- Event description Padrón (download PDF)
Segundo encontro: O Concello de Padrón participa en Bordeos (Francia) no II encontro do proxecto da rede de cidades titulado “Reforzar a identidade europea en tempos de crise”
- Event description Bordeos (download PDF)
Terceiro encontro: Padrón promove a identidade europea no terceiro encontro da rede de cidades celebrado en Malta
- Event description Malta (download PDF)
Cuarto encontro: Celebrado en Polonia o cuarto encontro do proxecto europeo liderado por Padrón para "Reforzar a identidade europea en tempos de crise"
- Event description Andrychow (Polonia) (download PDF)
Quinto encontro: Padrón pecha en Riga o proxecto europeo ‘Reforzando a identidade europea en tempos de crise’
- Event description Riga (Letonia) (download PDF)
Galego
Español 



