-->

O Concello de Padrón promove a visibilidade e o respecto no Día Internacional do Orgullo LGTBIQ+

  • A concelleira de Igualdade, Mariló Saco, leu un manifesto no que insistiu na necesidade de apoiar ás persoas LGTBI para que vivan con orgullo, dignidade e libres de violencia

  • Padrón comprométese a erradicar a LGTBIfobia e a construír unha sociedade máis inclusiva e respectuosa 

  • Veciños e veciñas participaron nun taller de Voguing Dance para celebrar a expresión e o empoderamento

20250627 celebracion LGTBIQ+ (19)

O Concello de Padrón celebrou este venres 27 de xuño o Día Internacional do Orgullo LGTBIQ+ cunha programación impulsada pola Mesa Local contra a Violencia de Xénero, que combinou expresión artística, memoria colectiva e compromiso institucional.

A cita desenvolveuse na praza de Macías nun acto que contou coa presenza do alcalde Anxo Arca e as concelleiras Mariló Saco e Ana Castro. A concelleira de Igualdade e Muller foi a encargada de ler o manifesto institucional. “Hoxe, desde Padrón, reunímonos para celebrar a diversidade e reafirmar o noso compromiso coa igualdade e os dereitos humanos. Nesta xornada unímonos para lembrar que cada persoa merece a liberdade de ser quen é, sen medo ao odio nin á discriminación, e para honrar a quen reivindicou valentemente a consecución destes dereitos”, subliñou Mariló Saco.

20250627 Padron adornado LGBTIQ+ (9)

A concelleira resaltou que, a pesar dos avances lexislativos recentes, “a realidade segue a estar marcada pola discriminación e a violencia”. Ademais, sinalou que segundo datos da Confederación de Saúde Mental Española, “as persoas LGTBI reportan máis do dobre de intentos de suicidio, cunha taxa que supera o 30 %”, unha realidade que debe motivar unha acción firme das institucións.

“Desde o Concello de Padrón comprometémonos a continuar apoiando ao colectivo LGTBI e a traballar incansablemente para erradicar a LGTBIfobia en todas as súas formas. O noso pobo será un espazo seguro, onde todas as persoas sexan respectadas, valoradas e celebradas por quen son”, afirmou a concelleira.

20250627 celebracion LGTBIQ+ (14)

Mariló Saco finalizou a súa intervención afirmando que “seguiremos traballando ata que cada persoa poida vivir con orgullo e dignidade, libre de discriminación e violencia. A construción dun futuro inclusivo require que defendamos a diversidade como un piar fundamental da humanidade. Viva o Día do Orgullo!”.

Tras o manifesto, preto de 70 persoas participaron nun divertido e animado taller de Voguing Dance impartido por ALAS A Coruña, onde veciñas, veciños e mesmo turistas puideron experimentar esta linguaxe artística de empoderamento, identidade e expresión libre. As persoas participantes recibiron camisetas conmemorativas que simbolizan o seu compromiso coa causa.

20250627 celebracion LGTBIQ+ (26)

Padrón con orgullo

Como parte da celebración, o alcalde, Anxo Arca, e a concelleira de Igualdade, Mariló Saco, acompañaron ás representantes da Asociación A Carballeira de Estramundi na colocación das bandeiras LGTBIQ+ elaboradas a man pola propia entidade veciñal. Estas bandeiras -coñecidas como a bandeira do arco da vella- simbolizan a diversidade sexual e de xénero.

20250627 bandeiras asociacion Caballeira LGTBI (4)

As pezas foron instaladas en espazos emblemáticos como as estatuas da Pementeira e do Peregrino, facendo visible desde o corazón de Padrón o apoio incondicional á igualdade, á liberdade e ao respecto.

Esta iniciativa da Asociación A Carballeira únese ás accións do Concello de Padrón, que incluíron a colocación de bandeiras, pancartas e banderíns LGTBI+ nos principais puntos do municipio, enchendo Padrón de cor e compromiso con motivo do Día do Orgullo.

Con estes actos, o Concello de Padrón reitera o seu compromiso coa diversidade, a igualdade e a loita contra todas as formas de discriminación, construíndo así unha sociedade máis libre, xusta e respectuosa.

 

PadronCaminoEDestino

Contacto

Pode contactar co Concello de Padrón a través dos seguintes medios:

  • Enderezo: Rúa Longa, 27 - 15900 Padrón
  • Teléfono: (+34) 981 810 451
  • Correo electrónico: correo@padron.gal

 

Plan Único POS+ Deputación da Coruña

Outros sitios web de interese

 
 
App Padrn removebg preview
 
Descarga a App de Turismo de Padrón.
Top

Aviso legal - Política de privacidade - Política de cookies - Máis información sobre as cookies

Ligazón temporal á antiga páxina web

Este sitio web utiliza cookies para que vostede poida ter a mellor experiencia de usuario/a. Se segue a navegar está a dar o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e da nosa Política de Cookies. Detalles…