-->

Macías o Namorado une Padrón e Arjonilla, concellos que hoxe asinaron o seu irmandamento

  • Anxo Arca: “Este é un acto de compromiso cultural e reafirma o noso legado histórico e literario”   ||  

  • O alcalde andaluz, Luis Miguel Carmona, asinou no Libro de Honra de Padrón animando “a seguir cultivando a amizade sincera, a cultura e o respecto mutuo”  ||  

  • Fíxose unha ofrenda floral no Xardín Botánico diante da estatua de Macías e un intercambio de libros na biblioteca municipal  ||  

  • Os dous alcaldes inauguran mañá a Feira Medieval e asistirán ao concerto de Xoán Curiel, que interpretará poemas do trobado  ||  

 20250704 Padron irmandamento con Arjonilla 14

“Este irmandamento é un acto de compromiso cultural, xa que a figura de Macías o Namorado actúa como ponte entre Padrón e Arjonilla, e reafirma o noso legado histórico e literario”, asegurou esta mañá o alcalde de Padrón, Anxo Arca, durante o acto de sinatura do protocolo de Irmandamento entre os concellos de Padrón (onde naceu o trabador medieval) e o municipio xienense de Arjonilla (onde morreu).

O alcalde andaluz, Luis Miguel Carmona, asinou no Libro de Honra do Concello deixando constancia do “orgullo” que lle produce asinar este irmandamento “que nace do corazón e mira ao futuro con esperanza, fraternidade e compromiso compartido”. Carmona amosaba o seu convencemento de que Macías inspire aos dous pobos a “seguir cultivando a amizade sincera, a cultura e o respecto mutuo”.

Despois de asinar o protocolo de irmandamento, os dous alcaldes intercambiáronse agasallos  como proba de amizade. Ademais duns pementos de Herbón Anxo Arca entregoulle á delegación andaluza produtos típicos de Padrón e uns libros. Pola súa banda, Luis Miguel Carmona obsequiou aos anfitrións cunha ánfora de barro antiga e aceite premiun de Arjonilla.

20250704 Padron irmandamento con Arjonilla 45

A figura literaria de Macías o Namorado é o nexo histórico e cultural que une os municipios de Padrón e de Arjonilla. Orixinario da vila padronesa, este trobador medieval  que viviu entre os séculos XIII e XIV é un referente da poesía de amor cortés e foi el mesmo motivo de inspiración para outros escritores por causa dos seus amores tráxicos, ao ser asasinado en Arjonilla polo marido da súa namorada, dona Elvira. 

O irmandamento entre Padrón e Arjonilla, que tras varios contactos se concretou o pasado mes de xaneiro na última edición de Fitur,  permitiralles a ámbolos municipios reivindicar o seu legado histórico común e tender pontes de cooperación para desenvolver actividades conxuntas que fomenten o coñecemento mutuo e os vínculos sociais.

Despois de asinar o protocolo de irmandamento no salón de plenos, as comitivas de Padrón e Arjonilla, xunto coa veciñanza que participou no acto, trasladáronse ata o Xardín Botánico para facer una ofrenda floral, cunha coroa de loureiro, diante da estatua de Macías o Namorado. Suso Martínez, caracterizado como o trabador medieval, sorprendeu a toda a comitiva ao relatar a vida do homenaxeado. O acto oficial rematou na biblioteca municipal, onde ámbolos alcaldes fixeron un intercambio de libros.

20250704 Padron irmandamento con Arjonilla 35

Luis Miguel Carmona encabeza a delegación de Arjonilla que se trasladou ata Padrón e que está formada polos concelleiros de Cultura e Turismo, Antonio Pérez; e de Festexos e Deportes, Antonio Hernández; así como do técnico de dinamización cultural do concello xienense, Juan Cardeña. Acompañados polo técnico de turismo padronés, Alberto Rey, a delegación xienense aproveita a súa estadía para visitar a sede da Fundación Cela e a Casa Rosalía así como os lugares máis emblemáticos da capital do Sar.

Ao acto de sinatura do irmandamento asistiron hoxe tamén o presidente da Fundación Rosalía, Anxo Angueira; o vicepresidente da Federacion gallega de asociaciones del camino de Santiago, Jacobo Pérez, e Estela Vilasó en representación de Equum Peregrinans.

20250704 Padron irmandamento con Arjonilla 40

Mañá, sábado, o alcalde de Arjonilla acompañará o rexedor padronés na inauguración da Feira Medieval de Padrón. Pola tarde, ás seis, un concerto de Xoán Curiel na igrexa de Santiago poñeralle a guinda ao encontro coa musicalización de poemas de Macías o Namorado.

Ao acto de sinatura do irmandamento asistiron hoxe tamén o presidente da Fundación Rosalía, Anxo Angueira; o vicepresidente da Federacion gallega de asociaciones del camino de Santiago, Jacobo Pérez, e Estela Vilasó en representación de Equum Peregrinans.

  

 

PadronCaminoEDestino

Contacto

Pode contactar co Concello de Padrón a través dos seguintes medios:

  • Enderezo: Rúa Longa, 27 - 15900 Padrón
  • Teléfono: (+34) 981 810 451
  • Correo electrónico: correo@padron.gal

 

Plan Único POS+ Deputación da Coruña

Outros sitios web de interese

 
 
App Padrn removebg preview
 
Descarga a App de Turismo de Padrón.
Top

Aviso legal - Política de privacidade - Política de cookies - Máis información sobre as cookies

Ligazón temporal á antiga páxina web

Este sitio web utiliza cookies para que vostede poida ter a mellor experiencia de usuario/a. Se segue a navegar está a dar o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e da nosa Política de Cookies. Detalles…