Novas recentes

  As rúas de Padrón acollerán entre os días 6 e 8 de xullo a XIII Feira Medieval "Padrón, Berce do Xacobeo", que incluirá unha trintena de actividades lúdicas e de entretemento para tódolos públicos, segundo anunciou hoxe o concelleiro de Festexos, Ángel Rodríguez Conde. A programación, coordinada pola empresa especializada Iacobus Medieval, arrancará o venres día 6 ás 18.00 horas coa apertura do tradicional mercado e rematará o domingo 8 ás 24.00 horas. Nesta edición, a organización planificou actividades orientadas tanto ao público adulto como ao infantil, entre as que figuran mostras de artesanía, obradoiros de oficios antigos (vidraría,…
  O goberno local de Padrón aproveitou hoxe a reunión da Xunta de Goberno Local para manifestar o seu respaldo ás reivindicacións da plataforma promovida no Concello de Teo para rexeitar a instalación dunha planta de xestión de residuos na canteira de Casalonga. Para o goberno padronés, que precisa que Cruces sería a parroquia padronesa máis afectada pola proximidade á zona elixida pola empresa promotora, son "máis que razoables" as dúbidas acerca do "impacto ambiental real" que tería a implantación da planta en Casalonga sobre diferentes lugares do municipio, como poden ser Areal, Angueira e A Picaraña, entre outros. Ademais,…
  O concelleiro de Emerxencias, Ángel Rodríguez Conde, informa que os efectivos do Grupo de Emerxencias Supramunicipal (GES) con sede en Padrón comezaron nas últimas semanas a visitar tódolos edificios públicos do municipio para estudalos e coñecelos "desde unha perspectiva técnica", coa finalidade de axilizar a súa resposta e mellorar a eficacia da súa intervención den caso dunha posible incidencia. Nestas visitas de carácter preventivo, o persoal do GES avalia cada edificio público e elabora unha ficha informativa que recolle datos como a ubicación das acometidas de electricidade, agua e gas, as chaves de corte destes subministros, a conexión coa…
  A concelleira de Cultura de Padrón, Lorena Couso Dopazo, e a directora da oficina de Caixabank participaron na clausura da conferencia "Steps for senior ageing. Pautas para envellecer" ofrecida por María José Fares Varela, organizada nas aulas de ATEGAL Padrón. O alumnado do curso neuronup, de estimulación cognitiva por ordenador, amosouse moi participativo nesta actividade, que buscaba formar e informar ás persoas maiores sobre hábitos saudables na alimentación, no exercicio físico e na estimulación cognitiva e emocional, empregando as tecnoloxías da información como fío condutor e como ferramenta de traballo. Este obradoiro contou coa financiación de Caixabank, entidade que…
  Os membros do xurado do Certame Poético Rosalía de Castro, que convoca desde hai catro anos a Concellería de Cultura de Padrón, acordaron hoxe concederlle o premio desta cuarta edición á valenciana Milagros Clotilde Agustina Pérez Villanueva polo traballo "Onde dá a volta o aire", presentado baixo o lema "Buguinas". O xurado desta cuarta edición do certame estivo presidido polo alcalde de Padrón, Antonio Fernández Angueira, e contou como vogais coa concelleira de Turismo, Lorena Couso Dopazo; o presidente da Fundación Rosalía de Castro, Anxo Angueira; a profesora da Universidade de Vigo Ana Acuña Trabazo -ausente na reunión, pero…

O Concello culmina as Xornadas da Lamprea coa distribución dunha revista nas escolas unitarias

  O Concello de Padrón vén de culminar as actividades divulgativas das Xornadas Gastronómicas da Lamprea coa distribución nas escolas unitarias do municipio da revista "Cociñando cultura. A lamprea: historia e tradición", que recolle tódolos traballos elaborados polos/as alumnos/as destes centros sobre a lamprea. Segundo a concelleira de Cultura e Turismo, Lorena Couso, o obxectivo desta iniciativa é "concienciar aos máis pequenos da necesidade de conservar unha tradución tan propia de Padrón e con séculos de historia, como é a pesca da lamprea nas pesqueiras de Herbón". Para iso, na devandita publicación recóllese todo o material recompilado polos alumnos/as nos…

O Concello colabora na recuperación da Festa da Tortilla Xigante de Carcacía, que se celebrará o sábado 19 de maio

  O alcalde de Padrón, Antonio Fernández Angueira, e o concelleiro de Festexos, Ángel Rodríguez Conde, mantiveron nas últimas semanas diferentes reunións cos veciños da parroquia de Carcacía que decidiron volver organizar a Festa da Tortilla Xigante o sábado 19 de maio para transmitirlle o apoio municipal para recuperar un evento gastronómico que naceu en 1985 e que levaba dous anos sen celebrarse. Desde o primeiro momento, o alcalde padronés agradeceu "o traballo e a ilusión" dos integrantes da nova comisión de festas e garantiu a colaboración da Concellería de Festexos para "volver organizar unha festa gastronómica que no seu…

O concello activa as actividades do "Padrón Literario" en colaboración coas fundacións de Rosalía e Cela

  O Concello de Padrón comezou a divulgar hoxe as actividades do programa "Padrón Literario", unha nova iniciativa impulsada desde as concellerías de Cultura e Turismo, que dirixe Lorena Couso, e que "pretende converter a riqueza cultural e literaria da capital do Sar nun recurso turístico cada vez máis atractivo". A concelleira salientou que esta iniciativa conta coa colaboración da Fundación Rosalía de Castro e da Fundación Pública Galega Camilo José Cela, o que, na súa opinión, "xa é unha garantía de éxito, porque son dúas das entidades máis relevantes de Galicia en canto á defensa e posta en valor…

Padrón recibe a técnicos de xuventude, emprego e políticos europeos do Programa Erasmus +

  Unha delegación formada por unha vintena de técnicos de xuventude, emprego, responsables políticos e líderes xuvenís de seis países europeos (Bulgaria, Portugal, Italia, Francia, Grecia e España) atópase de visita esta semana en Galicia, dentro do Programa Erasmus + K1 Proxecto Combinado. Esta iniciativa, que leva por título "Economía Circular: métodos de traballo sostibles para o futuro", ten como finalidade estudar e dar a coñecer as boas e malas prácticas no campo da economía circular en Galicia. Desta expedición, que foi recibida onte no consitorio polo alcalde de Padrón, Antonio Fernández Angueira, e polos concelleiros de Turismo, Lorena Couso,…

Fernández Angueira amósase satisfeito coa inclusión da mellora da N-550 nos PGE 2018

  O alcalde de Padrón, Antonio Fernández Angueira, amósase satisfeito tras confirmarse que o proxecto de Presupuestos Generales del Estado 2018 (PGE) inclúe entre as actuacións que o Ministerio de Fomento prevé acometer en Galicia a solicitada mellora e humanización da travesía da estrada N-550 ao seu paso por Padrón, no treito de 1,5 quilómetros que comprende desde o límite con Pontecesures ata a entrada na vila. O rexedor considera "un avance importantísimo" o feito de que a totalidade do orzamento necesario, que ascende a 4,05 millóns de euros, apareza nunha programación plurianual de investimentos que permitiría rematar as obras…
Páxina 56 de 61

 

PadronCaminoEDestino

Contacto

Pode contactar co Concello de Padrón a través dos seguintes medios:

  • Enderezo: Rúa Longa, 27 - 15900 Padrón
  • Teléfono: (+34) 981 810 451
  • Correo electrónico: correo@padron.gal

Outros sitios web de interese

 
 
App Padrn removebg preview
 
Descarga a App de Turismo de Padrón.
Top

Aviso legal - Política de privacidade - Política de cookies - Máis información sobre as cookies

Ligazón temporal á antiga páxina web

Este sitio web utiliza cookies para que vostede poida ter a mellor experiencia de usuario/a. Se segue a navegar está a dar o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e da nosa Política de Cookies. Detalles…