Novas recentes

  O concelleiro de Emerxencias de Padrón, Ángel Rodríguez Conde, fíxolle entrega ao Grupo de Emerxencias Supramunicipal (GES) de dous traxes de protección individual (EPIS) aportados pola Axencia Galega de Emerxencias (Axega) ao Concello de Padrón para loitar contra as vespas velutinas. Este equipamento foi concedido pola Axega en virtude dun convenio de colaboración asinado a finais de setembro polo alcalde, Antonio Fernández Angueira, co vicepresidente da Axega, Luis Menor. Ángel Rodríguez Conde salienta que "esta dotación de equipamento de protección mellora as condicións de traballo dos efectivos do GES", que no que vai de ano levan retirados un total…
  O alcalde de Padrón, Antonio Fernández Angueira, e o concelleiro de Obras, José Ramón Pardo, supervisaron hoxe os traballos de execución do proxecto de pavimentación da avenida de Pontecesures, que está a acometer a empresa Construcciones Ramón Vázquez y Reino e que supoñen un investimento superior aos 40.000 euros. Esta actuación, que afecta a dous treitos da avenida de Pontecesures, contempla a reparación dos baches e a mellora da capa de rodaxe con aglomerado en quente, a limpeza de gabias para facilitar a drenaxe e a sinalización horizontal. Por outra banda, dito proxecto inclúe tamén a instalación dunha pasarela…

A reparación do dique da canle do río Sar curtará tres semanas un treito da travesía de Iria

  As tarefas de mantemento e reparación que Augas de Galicia comezará a realizar o vindeiro luns no dique da canle do río Sar obrigarán a curtar durante tres semanas un treito da travesía de Iria -pista este da canle-. Así llo confirmaron técnicos de Augas de Galicia ao rexedor local, Antonio Fernández Angueira, e ao concelleiro de Obras, José Ramón Pardo, durante a visita realizada a varias zonas nas que o goberno local agarda a intervención do organismo autonómico. Entre os puntos visitados atópanse os regatos de Abelendas, en Iria, e de Cambelas, en Pazos, nos que, en resposta…
  A Escola de Idiomas de Padrón impulsada desde a Concellaría de Cultura e a academia Get Brit comeza a dar os seus froitos, posto que os 12 alumnos da primeira promoción que realizaron as probas oficiais no pasado mes de xuño recibiron hoxe os correspondentes certificados oficiais de Cambridge English. Nun acto celebrado no salón de plenos do consistorio, Antonio Fernández Angueira cualificou como "un gran acerto" o acordo selado con Get Brit para poñer en marcha a Escola de Idiomas de Padrón e salientou "o esforzo e a dedicación" dos alumnos durante todo o curso, felicitándoos polo seu…

Dez locais ofrecerán tapas a 2 euros nas VIII Xornadas Gastronómicas "Saborea Padrón"

  As oitavas Xornadas Gastronómicas "Saborea Padrón", organizadas pola Concellaría de Turismo para dinamizar e poñer en valor a hostalaría padronesa e a gastronomía local, desenvolveranse entre os días 5 e 14 de outubro e contarán coa participación de dez establecementos. Todos eles ofrecerán tapas a 2 euros  -consumicións aparte- elaboradas seguindo a temática do Camiño de Santiago. Os locais participantes nesta oitava edición e as tapas que prepararán xa poden consultarse na páxina web www.terrasdeiria.com/saboreapadron e son: Central Perk (A barquiña de pedra), O Secreto (Échale huevos al Camino), O Secreto do Viño (Las vueltas del Camino), Chef Rivera…

O Concello abre a solicitude de subvencións para actividades deportivas e culturais e para festexos

  O Concello de Padrón abriu onte o prazo de solicitude de subvencións municipais a persoas ou entidades públicas e/ou privadas para colaborar no desenvolvemento de actividades ou accións de interese no ámbito cultural, deportivo e de festexos populares. A partida global destinada polo goberno local a estas achegas ascende a 9.000 euros e os solicitantes dispoñen dun prazo de 15 días naturais para presentar toda a documentación necesaria no Rexistro Xeral de entrada do Concello de Padrón. Ao respecto, todas aquelas persoas e entidades interesadas poden consultar a convocatoria das subvencións e obter os diferentes modelos de documentos a…
  O goberno local de Padrón vén de aprobar na última reunión da Xunta de Goberno Local un paquete de seis proxectos de obras que suman un investimento total de 222.000 euros na mellora de accesos e camiños nas parroquias de Iria, Herbón, Cruces e Padrón e na creación dun parque público no Campo da Barca. Segundo explicou o concelleiro de Vías e Obras, José Ramón Pardo, estes seis proxectos engloban un total de nove actuacións que o goberno local licitará "o antes posible co obxectivo de telas finalizadas antes do remate do exercicio de 2018". O proxecto de creación…

O Concello de Padrón distingue a Manuel Garrido, estudoso do Camiño de Santiago, como II Peregrino de Honra

  O estudoso do Camiño de Santiago Manuel Garrido Rivero, natural de Segovia pero afincado en Padrón desde 1992, recibiu hoxe de mans do rexedor local, Antonio Fernández Angueira, o galardón "Padrón, Berce do Xacobeo", que o distingue como II Peregrino de Honra. Acompañado pola concelleira de Cultura e Turismo, Lorena Couso, polo concelleiro de Festexos, Ángel Rodríguez Conde, por outros edís da Corporación Municipal e tamén polos alcaldes de Dodro, Valentín Alfonsín, e Cesures, Juan Manuel Vidal, o rexedor padronés entregoulle o galardón ao remate da tradicional Misa do Peregrino, celebrada na igrexa parroquial de Padrón, en recoñecemento ao…
  A concelleira de Cultura, Lorena Couso Dopazo, e o concelleiro de Festexos, Ángel Rodríguez Conde, presentaron hoxe a programación lúdica e cultural da Romaría do Santiaguiño do Monte, que incluirá máis de 30 actividades entre os días 18 e 25 de xullo. As actividades arrancarán o mércores 18 ás 22.00 horas cunha exhibición da escola de baile El Tomasón na Praza de Macías e rematarán o mércores 25 de xullo ás 22.00 horas cun concerto do grupo Los Tres Soles del Paraguay na zona do Espolón. Entre ambas datas haberá actuacións musicais de múltiples estilos con grupos como Mala…
  O alcalde de Padrón, Antonio Fernández Angueira, a concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Voluntariado, Lorena Couso, e a técnico da Oficina Municipal de Voluntariado, Pilar Lorenzo, presentaron esta mañá a programación especial de actividades coa que se celebrará o XX Aniversario da Oficina Municipal de Voluntariado (OMV) de Padrón. O alcalde salientou que “Padrón é un concello comprometido co voluntariado" e subliñou que "debe sentirse moi orgulloso de celebrar este vixésimo aniversario da OMV, unha entidade que é un referente no ámbito do voluntariado pola súa dilatada traxectoria”. Ao longo destes 20 anos formaron parte deste proxecto máis…
Páxina 55 de 61

 

PadronCaminoEDestino

Contacto

Pode contactar co Concello de Padrón a través dos seguintes medios:

  • Enderezo: Rúa Longa, 27 - 15900 Padrón
  • Teléfono: (+34) 981 810 451
  • Correo electrónico: correo@padron.gal

Outros sitios web de interese

 
 
App Padrn removebg preview
 
Descarga a App de Turismo de Padrón.
Top

Aviso legal - Política de privacidade - Política de cookies - Máis información sobre as cookies

Ligazón temporal á antiga páxina web

Este sitio web utiliza cookies para que vostede poida ter a mellor experiencia de usuario/a. Se segue a navegar está a dar o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e da nosa Política de Cookies. Detalles…