Novas recentes

Padrón abre cun raid cabalar as Festas da Pascua, que pregoará Cristina Castaño o sábado 31

  A celebración do XXXI Raid Cabalar de Padrón no Santiaguiño do Monte, que contou con 37 participantes, abriu esta mañá as Festas da Pascua de Padrón, que este ano terán como pregoeira o vindeiro sábado 31 de marzo, ás 21.00 horas na Praza de Macías, á actriz Cristina Castaño, moi vinculada familiarmente a este municipio. A programación configurada desde o Concello inclúe ata o vindeiro 14 de abril preto dun cento de actividades musicais, culturais, deportivas e lúdicas, ademais dos preto de 400 postos de venda e atraccións infantís que xa ocupan varias zonas da vila padronesa. Xunto coa…

Padrón, Ames e Brión integran a Santiago na ruta cultural "As pegadas de Rosalía"

  A ruta cultural "As pegadas de Rosalía", que xa fora presentada en xaneiro en Fitur, acolleu hoxe no compostelano Pazo de Raxoi a presentación da adhesión do Concello de Santiago, que vén a sumarse así aos de Padrón, Ames e Brión. Esta iniciativa é un itinerario circular que parte da praza de Vigo e chega ao Panteón de Galegos Ilustres, despois de percorrer lugares vinculados á vida de Rosalía de Castro, como San Xoán de Ortoño, a igrexa de Bastavales, en Brión, ou a colexiata de Iria Flavia, en Padrón. Ademais, esta mañá representantes dos Concellos promotores deste novo…

Padrón recupera no Libro da Pascua 2018 parte da súa historia con 18 artigos de 14 colaboradores

  O Concello de Padrón comezou a distribuír nos últimos días máis de 1.200 exemplares do Libro da Pascua 2018, que nas súas 178 páxinas recupera parte da súa historia, fundamentalmente coa lembranza de persoeiros destacados e tradicións locais, a través dos 18 artigos e reportaxes aportados por 14 autores colaboradores. Ademais de incluír preto de 200 anuncios publicitarios de empresas das bisbarra, o Libro da Pascua 2018 contén os seguintes artigos e reportaxes: O municipio de Padrón, Padrón monumental e Empresas padronesas, de Juan Ramón Baliñas Bueno; Bendición da igrexa de Santiago Apóstolo en 1867, Lembrando a Ángel Grela…

As Festas da Pascua inclúen preto dun cento de actividades durante 18 días

  A actriz de orixe padronesa Cristina Castaño será a encargada de ler o pregón o día 31 de marzo, sábado de Pascua, ás 21.00 horas na Praza de Macías No eido musical destacan o Festival Pop Tour do 31 de marzo, con músicos de grupos como Siniestro Total, Inhumanos, El Norte e Guaraná; o concerto de Astarot o luns 2 de abril; e a actuación de Eladio y los Seres Queridos e a Noite Dj Indie, o 6 de abril A Feira Cabalar, a Exposición de Maquinaria Agrícola e Industrial e os Días de Santiago e de Rianxo, outras das…

Padrón irmandarase con localidades europeas para impulsar a aprendizaxe intercultural entre a mocidade

  O Concello de Padrón, xunto cos de Santa Comba e A Baña, contará co apoio da Xunta de Galicia para irmandarse con localidades europeas ao abeiro do programa "Europa cos Cidadáns" para desenvolver proxectos e accións dirixidas á mocidade. Así quedou de manifesto na reunión que mantivo hoxe en San Caetano o rexedor local, Antonio Fernández Angueira, coa directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cecilia Vázquez, e con representantes dos outros dous concellos. A responsable autonómica de Xuventude destacou que esta iniciativa europea redundará en beneficio da xente nova, xa que “ábrense máis posibilidades para levar a cabo…
  O Concello de Padrón deulle o visto bo ao proxecto presentado pola Asociación Cultural Villa Petroni para levar a cabo unha prospección arqueolóxica na zona da Barca, no barrio da Trabanca, onde a tradición xacobea situaría unha rocha de grandes dimensións na que se tería depositado o corpo sen vida do Apóstolo Santiago á súa chegada a Padrón, procedente de Haffa (Palestina). O obxectivo desta intervención arqueolóxica é realizar unha análise do subsolo no antiguo meandro do río Sar ao seu paso pola Barca -empregando técnicas xeofísicas cun sistema xeorradar-, ao fin de tentar localizar dita rocha para, no…

A Fundación Pública Galega Camilo José Cela estrea nova museografía na sede de Iria Flavia

  A Fundación Pública Galega Camilo José Cela reabriu hoxe o seu museo en Iria Flavia cun novo percorrido expositivo que foi inaugurado polo conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, nun acto que contou tamén coa presenza do alcalde de Padrón, Antonio Fernández Angueira, e doutras autoridades da bisbarra e da Xunta de Galicia. Esta nova museografía, que poderá visitarse de xeito gratuíto durante o presente mes de febreiro, avanza de forma cronolóxica na traxectoria do Nobel galego e incorpora tanto materiais da exposición "CJC. El centenario de un Nobel" como dos fondos do Museo ferrocarrileiro John…

Nove restaurantes ofrecen "menús lampreeiros" nas IV Xornadas Gastronómicas da Lamprea

  A Concellería de Turismo de Padrón comezou hoxe a promocionar as "IV Xornadas Gastronómicas da Lamprea de Padrón", que nesta edición inclúen preto dunha decea de actividades culinarias e de lecer e que contan coa participación de nove restaurantes locais, que serán os encargados de preparar os "menús lampreeiros" nas fins de semana dos días 2, 3, 4 e 9, 10 e 11 de marzo. A concelleira de Turismo, Lorena Couso, avanzou que estas cuartas xornadas comezan xa neste mes de febreiro coa celebración de actividades divulgativas sobre a lamprea nos centros educativos de Padrón. Pero, sen dúbida, uns…

Arranca o programa integrado de emprego “Terras de Iria IV”, que acolle a 41 participantes de Padrón

  O Auditorio de Padrón acolleu esta mañá o acto de apertura do programa integrado de emprego “Terras de Iria IV”, promovido polos concellos de Padrón, Dodro e Rois, que nesta cuarta edición acolle a 85 participantes -entre menores de 30 anos con ou sen cualificación, perceptores de prestación por desemprego e parados de longa duración e maiores de 45 anos-. O obxectivo é mellorar a ocupabilidade dos participantes no mesmo e incrementar as súas posibilidades de inserción laboral. Os destinatarios do programa, 47 homes e 38 mulleres, proceden dos tres concellos promotores: 41 de Padrón, 19 de Dodro e…

Eduardo Rodríguez Cunha, gañador do XVII Premio de Interpretación Teatral Maruxa Villanueva

  Os membros do xurado do XVII Premio de Interpretación Teatral Maruxa Villanueva, que convoca o Concello de Padrón e que ten unha dotación económica de 1.200 euros, unha estatuiña de Maruxa Villanueva e un diploma, acordaron hoxe concederlle este galardón a Eduardo Rodríguez Cunha "Tatán". Nesta edición, o xurado estivo conformado pola concelleira de Cultura de Padrón, Lorena Couso, como presidenta; como vogais, a escritora e profesora da Escola Superior de Arte Dramático de Galicia Inma López Silva; o actor e profesor da Universidade da Coruña Carlos Caetano Biscainho Fernandez; o dramaturgo, profesor da Escola Superior de Arte Dramático…
Páxina 57 de 61

 

PadronCaminoEDestino

Contacto

Pode contactar co Concello de Padrón a través dos seguintes medios:

  • Enderezo: Rúa Longa, 27 - 15900 Padrón
  • Teléfono: (+34) 981 810 451
  • Correo electrónico: correo@padron.gal

Outros sitios web de interese

 
 
App Padrn removebg preview
 
Descarga a App de Turismo de Padrón.
Top

Aviso legal - Política de privacidade - Política de cookies - Máis información sobre as cookies

Ligazón temporal á antiga páxina web

Este sitio web utiliza cookies para que vostede poida ter a mellor experiencia de usuario/a. Se segue a navegar está a dar o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e da nosa Política de Cookies. Detalles…