Novas recentes

  O alcalde de Padrón, Antonio Fernández Angueira, vén de anunciar o comezo inminente das obras de mellora da rúa Bordel e da Praza da Leña, que suporán un investimento conxunto de 113.000 euros e que serán acometidas polas empresas Construcciones D. Ogando e Construcciones Iglesias Mera, respectivamente. Tras asinarse onte as correspondentes actas de repranteo, o alcalde indicou que as empresas adxudicatarias teñen previsto iniciar os traballos nos vindeiros días e precisou que en ambos casos o prazo de execución ofertado polas dúas construtoras é de tres meses. No caso da rúa Bordel, os traballos consistirán na súa humanización…
  O alcalde de Padrón, Antonio Fernández Angueira, e a concelleira de Turismo, Lorena Couso, presentaron hoxe a sétima edición das xornadas gastronómicas #SaboreaPadrón, que se desenvolverán os días 6, 7, 8, 12, 13, 14 e 15 de outubro e que contarán coa participación de 11 establecementos hostaleiros ofrecendo petiscos a 2 euros. Nesta ocasión a temática na que se centrará a preparación dos petiscos é o Camiño de Santiago, "como recoñecemento á relevancia que ten o Camiño para Padrón como berce do fenómeno Xacobeo", segundo explicou a concelleira de Turismo. Concretamente, os 11 locais participantes e os petiscos que…
    O Concello de Padrón vén de confirmar a concesión de 49.700 euros á Banda de Música e á Escola de Música municais para o mantemento e financiamento das súas actividades, segundo o compromiso realizado polo alcalde, Antonio Fernández Angueira, e a concelleira de Cultura, Lorena Couso, nunha xuntanza mantida co presidente, a tesoureira e o director desta formación para programar e preparar o vindeiro curso formativo e de concertos correspondente coa tempada 2017-2018.   Os representantes municipais explicaron que o Concello aportará directamente, de fondos propios, unha partida de 30.000 euros como retribución polas actuacións desenvolvidas ao longo…
  A trixésimo novena edición da Festa do Pemento de Herbón convertiuse hoxe na "máis exitosa" da súa historia recente ao congregar na contorna do convento franciscano a preto de 5.000 persoas que deron conta en pouco máis de hora e media de 800 quilogramos de pementos fritidos repartidos nunhas 3.500 racións. Tras unha misa campestre na carballeira do convento, a xornada festiva arrancou ás 11.30 horas coa tradicional procesión agrícola motorizada ata Padrón, na que participaron 26 tractores debidamente engalanados para a ocasión. Xa no centro da vila, a comitiva motorizada realizou unha ofrenda diante da estatua da pementeira…
  A parroquia padronesa de Herbón ultima estes días os preparativos para ofrecer o vindeiro sábado na carballeira do convento de Herbón máis de 2.000 racións de pementos no marco da XXXIX Festa do Pemento, que se celebra desde 1978 e que conta coa declaración de Festa de Interese Turístico de Galicia desde o ano 2001. Así o anunciou o alcalde de Padrón, Antonio Fernández Angueira, durante un acto promocional realizado este mediodía na Praza do Obradoiro no que estivo arroupado polo seu homólogo compostelán, Martiño Noriega. Ambos alcaldes achegáronse ata unha "foodtruck" que ofreceu degustacións gratuítas aos turistas e…
  As rúas de Padrón convertéronse na xornada de hoxe nun fervedoiro de xente debido á chegada dun grupo de preto de 1.200 peregrinos pertencentes a Acción Católica General (ACG), que teñen previsto pernoctar en múltiples puntos da vila padronesa. Estes peregrinos seguen o Camiño Portugués e, tras celebrar esta tarde algunha actividade no Espolón e despois de pernoctar en Padrón, dirixiranse mañá cara Santiago de Compostela, onde teñen previsto celebrar a III Asemblea Nacional de ACG entre os días 3 e 6 de agosto. Desde a Concellería de Turismo lémbrase que os contactos desde o concello para que este…
  O alcalde de Padrón, Antonio Fernández Angueira, asinou esta mañá un convenio coas representantes da axencia Galicia es +, María Luisa Ferreiro e Minia del Río, en virtude do cal ambas entidades colaborarán na promoción de Padrón como destino turístico e na creación de produtos e paquetes específicos que permitan atraer máis visitantes.  En virtude deste convenio, Galicia es +, como operador especializado na xestión do territorio para un uso turístico, comprométese a promocionar Padrón como destino turístico e a comercializar durante todo o ano produtos que inclúan ou transcorran por este termo municipal: excursións, escapadas, paradas, tours, itinerarios,…
  O alcalde de Padrón, Antonio Fernández Angueira, anunciou hoxe que o goberno local está a pechar os últimos detalles dos orzamentos municipais de 2017, que se caracterizarán fundamentalmente por "un importante incremento no gasto social", de xeito que as partidas destinadas aos servizos sociais e asistenciais e aos dependentes aumentarán máis dun 100%.  Tras manter unha reunión de traballo con varios concelleiros do equipo de goberno e co interventor, o alcalde adiantou que o documento definitivo dos orzamentos estará rematado en datas próximas e anunciou que nese momento remitiralle unha copia aos grupos da oposición para que dispoñan de…
  A concelleira de Cultura de Padrón, Lorena Couso Dopazo, e o concelleiro de Festexos, Ángel Rodríguez Conde, recibiron hoxe de mans do artista padronés Camilo Seira o deseño orixinal do cartel da Romaría de Santiaguiño do Monte, cuxa programación de actividades será presentada oficialmente o vindeiro venres.  Ángel Rodríguez agradeceulle a Camilo Seira "a súa colaboración desinteresada coa Romaría de Santiaguiño do Monte mediante a elaboración do cartel" e louvou a súa traxectoria "como emerxente artista polifacético, con múltiples traballos pictóricos e escultóricos repartidos pola xeografía galega".
Páxina 60 de 60

 

PadronCaminoEDestino

Contacto

Pode contactar co Concello de Padrón a través dos seguintes medios:

  • Enderezo: Rúa Longa, 27 - 15900 Padrón
  • Teléfono: (+34) 981 810 451
  • Correo electrónico: correo@padron.gal

Outros sitios web de interese

 
 
App Padrn removebg preview
 
Descarga a App de Turismo de Padrón.
Top

Aviso legal - Política de privacidade - Política de cookies - Máis información sobre as cookies

Ligazón temporal á antiga páxina web

Este sitio web utiliza cookies para que vostede poida ter a mellor experiencia de usuario/a. Se segue a navegar está a dar o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e da nosa Política de Cookies. Detalles…