-->

O Concello colabora na recuperación da Festa da Tortilla Xigante de Carcacía, que se celebrará o sábado 19 de maio

 

O alcalde de Padrón, Antonio Fernández Angueira, e o concelleiro de Festexos, Ángel Rodríguez Conde, mantiveron nas últimas semanas diferentes reunións cos veciños da parroquia de Carcacía que decidiron volver organizar a Festa da Tortilla Xigante o sábado 19 de maio para transmitirlle o apoio municipal para recuperar un evento gastronómico que naceu en 1985 e que levaba dous anos sen celebrarse.

Desde o primeiro momento, o alcalde padronés agradeceu "o traballo e a ilusión" dos integrantes da nova comisión de festas e garantiu a colaboración da Concellería de Festexos para "volver organizar unha festa gastronómica que no seu día chegou a situar a Carcacía ata no Libro Guinnes dos Records".

A primeira xestión realizada polo rexedor foi mediar co conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, para pedirlle que aceptara a invitación da comisión para ser o pregoeiro desta nova edición da Festa da Tortilla Xigante de Carcacía.

Programa de actividades

Segundo o programa de actividades previsto pola comisión de festas, os traballos de preparación da tortilla xigante comezarán ás 9.00 horas e ás 13.00 horas realizarase o espectacular volteo da tortilla, antes do pregón do conselleiro Román Rodríguez ás 14.00 horas. Ao longo da mañá programaranse actividades adicionais para amenizar a xornada: unha feira medieval, ás 11.00 horas unha concentración de motos antigas "Terras de

Padrón", ás 11.30 horas unha exhibición de bailes latinos e modernos, unha exhibición de cetreiría e ás 13.00 horas a actuación da charanga "O Santiaguiño".

Trala lectura do pregón, repartirase a tortilla ata finalizar existencias e despois do xantar haberá queimada gratis para tódolos asistentes. Ás 17.00 horas está programada unha actuación do mago Álex Louzao e ás 18.00 horas a nota musical e folclórica poñerana a Asociación San Pedro de Carcacía e O Pedrón de Padrón. Xa ás 19.30 horas comezará a verbena co grupo Alba. Durante toda a xornada haberá tamén inchables para os nenos/as e un posto de polbeiro.

Contacto

Pode contactar co Concello de Padrón a través dos seguintes medios:

  • Enderezo: Rúa Longa, 27 - 15900 Padrón
  • Teléfono: (+34) 981 810 451
  • Correo electrónico: correo@padron.gal

Outros sitios web de interese

Top

Aviso legal - Política de privacidade - Política de cookies - Máis información sobre as cookies

Ligazón temporal á antiga páxina web

Este sitio web utiliza cookies para que vostede poida ter a mellor experiencia de usuario/a. Se segue a navegar está a dar o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e da nosa Política de Cookies. Detalles…